Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Xaneiro, 2010”

NOVAS DE INTERESE NO DOG DO 29 DE XANEIRO

CONSELLERÍA DO MAR
Orde do 21 de xaneiro de 2010 pola que se
modifican as bases reguladoras para a concesión,
en réxime de concorrencia competitiva,
das axudas aos investimentos en transformación
e comercialización de produtos
procedentes da pesca, do marisqueo e da
acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo
da Pesca, e se convoca para o exercicio
2010 o devandito procedemento, tramitado
como expediente anticipado de gasto.

OFERTA VILALBA


Comercial ( Rama: Alimentación)

Nº da oferta 973713

Vilalba


Empresa dedicada á venda de produtos cárnicos precisa persoal para realizar rutas de venda e ofrecer e promocionar eses produtos. Necesario carné C1 e experiencia como comercial. Traballo de luns a venres en xornada completa.

 

INTERESADOS/AS CHAMAR AO 902116039 DANDO NÚMERO OFERTA

BOLSAS

BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE ESTUDOS DE INTEGRACIÓN EUROPEA DURANTE O CURSO ACADÉMICO 2010/12.

CONVOCANTE: FUNDACIÓN GALIZA EUROPA.

PRAZO SOLICITUDE: 28/02/2010

CARACTERÍSTICAS: 4 Bolsas para realización de estudos que terá lugar nos seguintes centros:

1 bolsa para o Colexio de Europa

3 bolsas para o Instituto de Estudos Europeos da Universidade Libre de Bruxelas (ULB), a Universidade Católica de Lovaina – A-Nova (UCL) E A Universidade Católica de Lovaina.

Máis información: http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu

PRÁCTICAS NA COMISIÓN EUROPEA (ADMINISTRATIVE TRAINEESHIP)

CONVOCANTE: COMISIÓN EUROPEA.

PRAZO: 15/02/2010

CARACTERÍSTICAS: Bolsas dirixidas a licenciados/as de ata 30 anos nacionais dalgún país da U.E.ou estranxeiros/as para adquirir experiencia perante prácticas en departamentos da Comisión Europea. Esíxense dúas linguas comunitarias, unha das cales serán o inglés, francés ou alemán.

Maís información: http://ec.europa.eu/index_es.htm

 

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO

Resolución de 14 de enero de 2010, del Ayuntamiento de Trazo (A Coruña), referente a la convocatoria para proveer una plaza.

 

NOVAS DE INTERESE DOG 28 XANEIRO

Resolución do 4 de decembro de 2009 pola que se dá publicidade á resolución das axudas solicitadas ao abeiro da Orde do 27 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción da recría de gando vacún en Galicia e se convocan para o ano 2009.

 

Corrección de erros.-Resolución do 15 de decembro de 2009 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia e se anuncia a convocatoria para o ano 2010.

Orde do 20 de xaneiro de 2010 pola que se abre o prazo para a presentación de solicitudes de outorgamento de autorización administrativa de instalación de parques eólicos para promotores titulares de plans eólicos empresariais.

Resolución do 18 de xaneiro de 2010 pola que se convoca proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de alta dirección, dunha praza de director/a do Centro Dramático Galego (CDG).

 

NOVAS DE INTERESE DOG 27 XANEIRO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA
E INDUSTRIA
Resolución do 18 de decembro de 2009 pola
que se procede á publicidade das subvencións
concedidas ao abeiro da Orde do 2 de
febreiro de 2009, que regula a concesión de
axudas por danos provocados nos establecementos
comerciais, industriais, turísticos e
mercantís e nas infraestruturas enerxéticas e
turísticas de titularidade municipal, pola
que se desenvolve o Decreto 13/2009, do 29
de xaneiro, de medidas urxentes para a
reparación dos danos causados polo temporal
acaecido en Galicia a partir do día 23
de xaneiro de 2009 (procedemento administrativo
IN532D) ( Diario Oficial de Galicia
número 23, do 3 de febreiro).

IMPULSALUGO

IMPULSA LUGO

Plan de Axudas para proxectos empresariais.

QUE É?

É un proxecto posto en marcha pola Xunta de Galiza que contempla unha liña de axudas específicas á dinamización do tecido empresarial da provincia de Lugo.

Para ilo, deseñáronse un conxunto de medidas específicas de apoio á iniciativa privada e emprendedora que aporte riqueza e equilibrio socioeconómico  á provincia.

Este programa conta, ademáis do apoio  da administración autonómica, co respaldo dos axentes sociais, sindicais e patronais.

OBXECTIVOS:

– Potenciación dos sectores estratéxicos da economía da provincia.

– Impulsar actuacións emprendedoras de alto valor competetitivo e produtivo.

– Fomentar a creación de emprego.

– Desenvolvemento do tecido socioeconómico da provincia como xeito de equilibrio territorial.

LIÑA DE AXUDAS:

– Axudas directas ao investimento empresarial superior a 200.000 Euros, establecéndose un garante mínimo de subvención do 20% para proxectos de primeira implantación e do 15% para proxectos de ampliación, modernización ou innovación tecnolóxica. Ditos parámetros serán de aplicación a todas aquelas solicitudes non resoltas presentadas dende o 24 de setembro de 2.009.

– Préstamos ao 0% de xuro para proxectos empresariais que comprendan unha inversión subvencionábel de entre 240.000 euros e 25.000.000 euros.

– Nos créditos ICO-IGAPE, a subsidiación do tipo de xuro do 2.65% será extensíbel a toda a provincia.

– A localización dos proxectos na provincia de Lugo contará coa avaliación máxima do criterio da localización para todas as solicitudes das liñas  de convocatoria periódica do IGAPE polo sistema de concorrencia competitiva.

– Financiación para inversións, circulante, conversión de pasivos, ampliación de capital, entre outras  axudas xerais do instituto.

– Apoio técnico e asesoramento do proxecto empresarial a desenvolver.

BENEFICIARIOS:

– Empresas e emprendedores que teñan un proxecto empresarial de implantación na provincia de Lugo.

Máis información:

Xunta de Galiza

Edificio administrativo

Ronda da muralla, 70

27071 Lugo.

www.impulsalugo.xunta.es

impulsalugo@xunta.es

 

NOVAS DE INTERESE NO DOG DE 25 XANEIRO

INSTITUTO GALEGO DE
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Resolución do 19 de xaneiro de 2010 pola
que se fai público o acordo do Consello de
Dirección do Instituto Galego de Promoción
Económica-Igape polo que se modifican
as bases reguladoras das axudas para
a habilitación de tres liñas de financiamento
subsidiado para microempresas,
proxectos emprendedores e investimentos
das pemes para a mellora competitiva
(Programa Re-Imaxina).

OFERTAS DE EMPREGO NA MARIÑA

OFERTA 1 

Precísase persoal

CARRETILLEIROS/AS, OPERARIOS/AS

Para fábrica en San Cibrao

Incorporación inmediata.

Contactar teléfono: 982 572 830

OFERTA 2

Persoal para carpintería en ferro

Non se necesita experiencia

Interesados/as enviar CV ao apdo de correos 10, 27780 FOZ

OFERTA 3

MONITOR/A PARA AULA GAIA E TEMPO LIBRE NO CONCELLO DE BURELA.

Modalidade contrato: Contrato laboral de interinidade en substitución de traballadora con dereito a reserva do posto citado ao ser en situación de baixa laboral por maternidade.

Prazo: 5 días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación deste anuncio (21 de xaneiro).

Bases reitoras: A disposición dos interesados/as no Rexistro Xeral do Concello de Burela.

 

OFERTA 4

FISIOTERAPEUTA DEPARTAMENTO BENESTAR SOCIAL DO CONCELLO DE BURELA.

Prazo:  5 días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación deste anuncio (21 de xaneiro).

Bases reitoras: Rexistro Xeral do Concello de Burela.

INFORMACIÓN RELEVANTE DOG, BOP DE 21 XANEIRO

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,
ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
E XUSTIZA
Resolución do 22 de decembro de 2009,
da Dirección Xeral de Administración
Local, pola que se procede á publicación
da nova concesión de subvencións concedidas
en virtude da Orde do 26 decembro de
2008, pola que se anuncian axudas económicas
destinadas a subvencionar os
concellos de Galicia para a contratación
temporal de auxiliares de policía local
durante a tempada de verán.

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA
E INDUSTRIA
Resolución do 12 de xaneiro de 2010 pola
que se dá publicidade ás axudas concedidas
ao abeiro da Orde do 4 de setembro de
2009 pola que se establecen as bases reguladoras
para a concesión das axudas
encamiñadas á habilitación e mellora de
infraestruturas nos parques empresariais e
recintos de localización preferente de
empresas na Comunidade Autónoma de
Galicia, en réxime de concorrencia competitiva,
e se procede á súa convocatoria
para o ano 2009 (IN519B)-2ª convocatoria
( Diario Oficial de Galicia número
184, do 18 de setembro de 2009).

CONSELLERÍA DE TRABALLO
E BENESTAR
Orde do 31 de decembro de 2009 pola que se
establecen as bases reguladoras e a convocatoria
pública para a concesión de subvencións
para a realización de actividades de
información, orientación e busca de emprego.

Excma. Deputación Provincial
LISTAXE SUBVENCIÓNS ÁREA DE BENESTAR SOCIAL, IGUALDADE E XUVENTUDE

Navegación de artigos