Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Decembro, 2007”

OFERTA DE EMPREGO

No progreso do día 26 de decembro na sección da mariña saíu o seguinte anuncio:

SAN CIBRAO

NECESITASE

PERSOAL FEMININO

PARA EMPRESA MANIPULADORA DE PEIXE CONXELADO

TELÉFONO: 982 572 830

PROGRAMA DE PRÉSTAMOS PARA FINANCIAR PROXECTOS DE INVESTIMENTOS

Programa de Préstamos para financiar proxectos de investimentos (BEI)
 
O Igape vén de poñer en marcha o seu Programa de préstamos para financiar proxectos
de investimento na Comunidade Autónoma co obxectivo de facer fronte as especiais
dificultades para encontrar
financiamento que poden atopar determinadas iniciativas empresariais, por
presentaren riscos de implantación superiores aos considerados habituais, pero que
contan con viabilidade técnica e comercial.

 
O programa incorpora fondos achegados polo Banco Europeo de Investimentos (BEI).
 
 

http://www.igape.es

Advertisement

BOAS FESTAS A TOD@S

 images.jpg

A Equipa de Emprego Viveiro deséxavos

 un Bo Nadal

e un Próspero Ani Novo 2.008

ENCONTRO EMPRESARIOS GALEGOS EN REDE

Encontro de empresarios galegos en rede.
Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, do 21 ó 25 de xaneiro de 2008
 
O encontro entre empresarios de Galicia e empresarios galegos asentados no exterior
ten como principais obxectivos:

Detectar oportunidades de negocio

Establecer alianzas  comerciais, tecnolóxicas ou profesionais

Promover a realización de investimentos individuais ou conxuntos
Na Rede mundial de empresarios e profesionais de orixe galega
(www.rede.galiciaexterior.es (
http://www.rede.galiciaexterior.es/ )) pódese
consultar o programa e acceder á ficha de inscrición para
este Encontro.

http://www.igape.es
 

OFERTA DE EMPREGO

No progreso do día de onte (11 de decembro) saíu un anuncio onde o Concello de Cervo selecciona por procedemento de urxencia un Diplomado en Relacións  Laborais. O contrato será de duración determinada e o prazo das solicitudes é de 3 días que se contan dende onte. As bases están no rexistro do Concello de Cervo.

Feira Internacional Sector Metal. Polonia.

ITM POLSKA 2008- Feira Internacional do Sector Metal – Mecánico. Poznan (Polonia), 

9 a 12 de Xuño de 2008.
 
As empresas galegas interesadas en participar en ITM POLSKA 2008 (
http://www.igape.es/images/stories/Documentos/Servizos/Internacionalizacion/ficha%20feria%20itm%20polska%202008.pdf
) poderán
solicitalo ao IGAPE ata o próximo día 30 de decembro. O instituto subvencionará o
espacio expositivo. Este certamen é o máis importante do sector en Polonia; contou,
na súa edición de 2007, con 1.300
expositores procedentes de 36 países e con 30.000 visitantes.
 
O Centro de Promoción de Negocios do IGAPE en Polonia (polonia@igape.es ) coordinará
a participación das empresas galegas interesadas nesta feira e encargarase de
preparar unha axenda de traballo para
cada firma galega expositora.
 
A selección dos participantes farase por orden cronolóxica de recepción de solicitudes.

http://www.igape.es
 

Convocatoria pública programación cursos

Orde do 3 de decembro de 2007 pola que se establece a convocatoria pública para a programación de cursos do Plan nacional de formación e inserción profesional na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2008.

OFERTA DE EMPREGO 3 DECEMBRO

Empresa con sede na Coruña  está na procura de:

1 Técnico de mantemento recaudador máquinas recreativas.

Requisitos:

Home menos de 35 anos.

Coñecementos en electrónica.

Carné de conducir.

Incorporación inmediata.

Contrato temporal con posibilidade de estabilidade.

Dispoñibilidade para traballar un fin de semana de garda ao mes e para traballar pola mariña.

Interesados enviar o currículo ao enderezo electrónico seguinte:

rrhh@egasa.com

AMPLIACIÓN AXUDAS Á ECONOMÍA SOCIAL

Orde do 26 de novembro de 2007 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión de axudas destinadas ao fomento do emprego en empresas de economía social e para a promoción do cooperativismo, convocadas pola Orde do 7 de marzo de 2007.

SUBVENCIÓNS Á TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN

Resolución do 14 de novembro de 2007 pola que se adxudican as subvencións correspondentes á tecnoloxía da sociedade da información (SIN) dos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite), convocadas na Orde do 26 de abril de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 15 de maio) modificada pola do 15 de outubro (Diario Oficial de Galicia do 28 de outubro).

Navegación de artigos