¿Que son os Campus?
Trátase dunha iniciativa que ofrece formación totalmente gratuíta para potenciais emprendedores da provincia de Lugo. Este proxecto, nace para estimular o espírito empresarial e a creación de empresas con conciencia medioambiental nunha contorna como as Reservas da Biosfera de Terras do Miño e Ancares, caracterizadas pola súa riqueza e potencialidades.
Para o desenvolvemento da III Edición do Campus de Emprendemento Sostible, levaranse a cabo unha serie de accións dirixidas ao fomento da actividade emprendedora a través dunha metodoloxía formativa experiencial que combinará sesións teóricas con visitas a empresas competitivas e sostibles, implantadas en contornas rurais da Provincia de Lugo. Estas empresas, ademais de constituír un modelo de empresa economicamente rendible, socialmente comprometida e medioambientalmente respectuosa, constituirán un foro de encontro e interacción cos potenciais emprendedores nos que compartir a súa experiencia, inquedanzas, atrancos, dúbidas e éxitos acadados.
Nesta III Edición celebraranse un total de 6 accións formativas, que se dividirán en función do perfil dos emprendedores segundo o grao de maduración da súa idea empresarial.
· CAMPUS DE MOTIVACIÓN E XERACIÓN DE IDEAS: dirixido a aquelas persoas que estean a valorar a posibilidade de emprender de xeito sostible. Neste campus traballarase a motivación para o emprendemento sostible, explicando os elementos principais a ter en conta á hora de crear unha empresa e traballando os instrumentos que axudan á busca de ideas empresariais como as oportunidades de negocio ou exemplos de boas prácticas de empresas establecidas en Reservas da Biosfera en España.
· CAMPUS DE MADURACIÓN DA IDEA EMPRESARIAL: dirixidos a aquelas persoas que xa teñan un pouco mais avanzada a súa idea de negocio. Neste campus traballarase cos emprendedores a maduración da idea empresarial, traballando a viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental e económico-financeira. Unha vez finalizado o campus, haberá unhas sesións de titorías para poder prestar asesoramento personalizado aos alumnos que desexen continuar o traballo de maduración iniciado durante o campus.
Datas e o lugar de celebración
CAMPUS DE MOTIVACIÓN E XERACIÓN DE IDEAS
1. ANCARES- BECERREÁ. TELECENTRO. Datas: 6 ao 9 de Outubro. Horario de Tarde: 16:00 a 20:00 h.
2. TERRAS DO MIÑO-VILALBA. IES LOIS PEÑA NOVO. Datas:13 ao 16 de Outubro. Horario de mañá : 10:30 a 14:30 H.
Realizarase a visita á empresas de referencia da Terra Cha.
CAMPUS DE MADURACIÓN DA IDEA EMPRESARIAL
3. TERRAS DO MIÑO-LUGO. Centro de Interpretación Terras do Miño. Datas: 28 de setembro ao 1 de outubro. Horario de mañá: 10:00 a 14:00 h.
4. ANCARES – BECERREÁ. TELECENTRO. Datas: 19 ao 22 de Outubro. Horario de tarde: 16:00 a 20:00 h.
5. TERRAS DO MIÑO-VILALBA. IES LOIS PEÑA NOVO. Datas: 26 ao 29 de outubro. Horario de tarde: 16:30 a 20:30.
Realizarase a visita á empresas de referencia da Ulloa.
As accións formativas terán lugar de luns a mércores e o xoves realizarase a visita ás empresas durante todo o día. Salvo no caso dos Campus de Motivación que se celebrarán de martes a venres, sendo o venres o día que se celebrará a visita.
¿Que tes que facer para inscribirte?
Só tes que cubrir unha sinxela ficha na que se recollerán os teus datos no seguinte enderezo http://www.deputacionlugo.org ou chamando ao 982 22 78 12.