SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES NO DOG DO 26 DE XUÑO DO 15
Consellería de Economía e Industria
25253
25296
Consellería de Economía e Industria
25253
25296
Na situación de recuperación actual, moitas das mellores oportunidades para as nosas empresas atópanse no exterior: mentres o mercado interior está a avanzar aos poucos, o mundo segue crecendo a máis velocidade. Con todo a internacionalización é un proceso moi complexo desde o punto de vista de negocio pero tamén desde o punto de vista do ámbito legal, fiscal ou laboral. Á parte dos retos financeiros e culturais, non debemos esquecer que en todo proxecto de internacionalización existen importantes aspectos legais e fiscais, algúns dos cales teñen unha influencia tan significativa que poderían carrexar o éxito ou fracaso da nosa misión.
Coñecer se existe un Tratado Bilateral de Protección Recíproca de Investimentos subscrito co país desde o que se inviste, que asegure ao investidor un tratamento non discriminatorio respecto ao recibido pola empresa local é clave. O mesmo que un bo contrato de Joint-venture cando se entra nun mercado exterior cun socio-local pode mitigar os riscos e multiplicar os beneficios dunha experiencia internacional. A cuestión impositiva converteuse no curso das últimas décadas en esencial de face á propia viabilidade dun determinado proxecto. En efecto, as consecuencias tributarias definen de forma obxectiva as posibilidades de facer negocios internacionalmente.
Resulta imprescindible que o correspondente plan de negocio contemple coa debida precisión todas as consecuencias fiscais materiais derivadas no país de destino da realización da actividade proxectada de acordo coa fórmula xurídica seleccionada. Frecuentemente as consecuencias tributarias condicionan e determinan a fórmula xurídica máis adecuada para conducir o negocio. Trátase dunha circunstancia especialmente relevante en relación con ordenamentos que non sexan debidamente neutrais e que favorecen unha fórmula concreta de establecemento fronte a outras figuras. Así, por exemplo, podemos atoparnos con ordenamentos que graven con maior severidade á filial que á sucursal, o cal condicionará indubidablemente a opción por unha ou outra fórmula legal.
Xoves, 2 de xullo, Club Financeiro Atlántico, Avda. Salvador de Madariaga 76, A Coruña.
10:00 h. Recepción de asistentes e café de benvida.
10:30 h. Presentación.
10:35 h. Introdución ao programa Reacciona do IGAPE
10:50 h. Aspectos legais clave da internacionalización.
11:15 h. Aspectos fiscais clave da internacionalización.
11:40 h. Aspectos laborais clave da internacionalización.
12:00 h. Coloquio-Debate
12:10 h. Clausura
Xa está á vosa disposición o listado de ocupacións e anexos para presentarse no programa BEN EMPREGADO da DEPUTACIÓN DE LUGO.
Bases e Anexos
Anexos solicitude Bases de Selección de persoal desempregado do Programa Ben Empregado 2 Fase II
Convocatoria e bases que regulan a Selección de persoal desempregado do Programa Ben Empregado 2 Fase II
Consellería de Economía e Industria
25087
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
25102
25120
A CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR, veu a conceder 2 accións formativas da PROGRAMACIÓN AFD na rama administrativa, á asociación A MARIÑA COGAMI. Ambas teñen acceso a CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE DE NIVEL 1, e dispoñen de AXUDAS ECONÓMICAS para aquelas persoas que cumpran cos requisitos, e se EXPLICARÁN INDIVIDUALMENTE NO CASO DE SER SELECCIONAD@ PARA A REALIZACIÓN DALGUNHA.
Ambas desenvolveránse no CRD DE PALMEIRO, situado na urbanización de Palmeiro en Xove.
Para poder acceder é preciso ESTAR ANOTADO COMA DEMANDANTE DE EMPREGO NUNHA OFICINA DO SPEG, E SOLICITAR OS CURSOS NA OFICINA DE EMPREGO CO CÓDIGO QUE FIGURA EN NEGRITA NO CUADRO DE ABAIXO.
CÓDIGO: ADGG0508
Operacións de gravación e tratamento de datos datos e documentos
15/07/2015
24/11/2015
09:00 – 14:00
Aula Acreditada nº 1: Formación Profesional
Fai clic para acceder a ADGG0508.pdf
1124
CÓDIGO: ADGG0408
Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais
15/07/2015
20/11/2015
15:00 – 20:00
Aula Acreditada nº 1: Formación Profesional