Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Xaneiro, 2011”

Resolución de 17 de enero de 2011, del Ayuntamiento de Pontenova (Lugo), referente a la convocatoria para proveer varias plazas.

Resolución de 17 de enero de 2011, del Ayuntamiento de Pontenova (Lugo), referente a la convocatoria para proveer varias plazas.

CURSO DE COORDINADOR DE SEGURIDADE E SAÚDE NAS OBRAS DE CONSTRUCIÓN

Destinado a alumnos que posúan formación universitaria en arquitectura, arquitectura técnica, enxeñería e enxeñería técnica.

Duración: 200 horas.

Entidade que o imprate: ACADEMIA A MARIÑA.

Datas: Marzo 2.011

Interesados/as: 982585098

Técnicos/as Soporte Informático In Situ – A Coruña

http://www.tecnoempleo.com/oferta-empleo-a-coruna/redes-tecnico-microinformat/rf-ce7ce057ex14c560042c

 se estás interesado/a na oferta clica na ligazón.

Existen diferentes vacantes para La Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Noia, Lugo, Monforte, Viveiro, Ourense, O Barco, Órdenes, Pontevedra y Vigo.

PARQUES DE BOMBEIROS INFORMACIÓN ADICIONAL

Na seguinte ligazón tendes  as bases e prazo para presentar solicitudes á empresa VEICAR para os parques de Bombeiros.

 http://www.veicar.es/index2.htm

O consorcio de bombeiros dará emprego a 114 persoas

O pleno extraordinario do consorcio provincial de bombeiros, celebrado onte na sede da Deputación de Lugo, adxudicou á empresa Veicar a xestión indirecta dos parques de Barreiros, Viveiro, e Vilalba; mentres que a UTE Hasa-Natutecnia (Hispania de Aviación e Consultoría Natutecnia) xestionará ás instalacións de Monforte, Sarria e Chantada.

Ambas adxudicatarias melloraron os requisitos marcados no concurso, xa que contratarán un total de 114 traballadores, fronte aos 108 que se fixaran como mínimo. Cada parque de bombeiros terá 19 persoas, asegurando así a cobertura fronte ás emerxencias as 24 horas e os 365 días do ano. A entrada en funcionamento dos cinco parques de bombeiros do consorcio está prevista para o 1 de maio, data na que esas 114 persoas comezarán a desenvolver o seu traballo de forma indefinida, logo de recibir a formación pertinente.

 

Selección do persoal

Hoxe mesmo, as adxudicatarias abren o prazo de solicitude para participar no proceso de selección do persoal. Todos os interesados disporán de quince días para formalizar a súa inscrición. Unha vez seleccionados os traballadores comezará a etapa formativa, na que as citadas empresas tamén melloran a proposta inicial. De feito a UTE Hasa-Natutecnia impartirá 425 horas de formación, fronte ás 250 horas que se esixían como mínimo. Ademais, cada efectivo recibirá ao ano 35 horas de formación continua. Pola súa banda, Veicar ofrecerá 300 horas de formación fronte ás 250 esixidas, e 40 de formación continua anuais.

 

Caso de Monforte

Con vistas á posta en marcha dos parques de bombeiros o 1 de maio, o pleno municipal de Monforte aprobará este mes ou o vindeiro a incorporación das instalacións monfortinas ao consorcio provincial; en tanto que a Xunta entregará antes dun mes os parques construídos, e a Deputación fará o mesmo co equipamento adquirido.

 

Últimos vehículos

Precisamente o pleno de onte aprobaba tamén a contratación dos derradeiros vehículos para os parques, concretamente dous camións de rescate en altura de 32 metros e un camión bomba urbano lixeiro. Polo que respecta ao equipamento interno (mobiliario, traxes de protección, ferramentas ou material informático), o consorcio contempla no orzamento deste ano unha partida de 962.717 euros para a súa adquisición.

O pleno extraordinario estivo presidido polo conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, e polo presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, quen salientou o gran número de municipios aos que van dar cobertura estes parques ?25 na zona norte e outros tantos na zona sur? e o seu marcado carácter provincial, aínda que poderán prestar servizo a nivel autonómico se fose preciso.

Rueda destacou a coordinación e o traballo conxunto de ambas administracións, o que posibilitará que a partires do 1 de maio máis dun cento de profesionais das emerxencias estarán perfectamente preparados para atender a máis de 200.000 lucenses.

Anuncio do 18 de xaneiro de 2011 polo

Anuncio do 18 de xaneiro de 2011 polo que se convoca unha bolsa da Fundación Galicia-Europa en colaboración coa Consellería de Sanidade para a formación en prácticas de licenciados para a xestión de proxectos europeos de innovación e de investigación no ámbito sanitario.

IGAPE PEMES ICO PRORROGA SOLICITUDES

Resolución do 20 de xaneiro de 2011 pola que se prorroga o prazo de presentación de solicitudes ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ao abeiro de determinadas liñas ICO 2010, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras.

APOIO FINANCEIRO ICO

Resolución do 20 de xaneiro de 2011 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba a modificación das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ao abeiro de determinadas liñas ICO 2010, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras.

ESCOLAR INFANTÍS

Orde do 31 de decembro de 2010 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social e se procede á súa convocatoria.

Orde do 30 de decembro de 2010


Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para o mantemento e a promoción de actividades e programas na área de servizos sociais comunitarios e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Navegación de artigos