INFORMACIÓN RELEVANTE
Debido ao estado de alarma no que nos atopamos polo COVID 19 informamos que quedan suspendidas as entrevistas presenciais de orientación laboral.
Seguen vixentes as citas de orientación por mail ou por teléfono.
Nestes días estou a contactar cos/oas usuarios/as co meu teléfono particular, por dito motivo veredes que sae un número privado.
En calquera caso podedes establecer contacto comigo no mail (no que se pode solicitar unha cita de orientación online ou por teléfono axuntando o número de DNI) : orientacion.laboral@viveiro.es e despois xa me poño eu en contacto.
En canto ás empresas que queiran utilizar a bolsa de emprego para os seus procesos de selección póñanse en contacto co Servizo de orientación Laboral no seguinte mail: orientacion.laboral@viveiro.es