Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Outubro, 2013”

A Deputación contratará a 80 lucenses no paro a través dos Concellos

A Deputación contratará a 80 lucenses no paro a través dos Concellos

Faino coa sexta liña anual de creación de emprego directo e de calidade que pon en marcha na provincia e que dan traballo a un total de 2.180 persoas

O Presidente fixo “un novo chamamento á Xunta para que afronte o primeiro problema dos galegos: o paro”, logo de recortar en 200 millóns de euros as políticas de promoción de emprego

FOTO A Deputación contratará a 80 lucenses no paro a través dos Concellos

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, xunto ó Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos Ramos, avanzou este xoves a sexta liña anual de creación de emprego directo e de calidade que pon en marcha a institución na provincia. Tratase dun novo plan que permitirá a contratación, a través dos Concellos, de 80 persoas no paro. Está dotado de 2 millóns de euros, financiados ó 100% polo organismo provincial.

O Plan pretende mellorar os servizos públicos nos municipios con menor capacidade económica, “garantindo a igualdade de oportunidades na provincia”, e crear emprego nos Concellos con menos de 5.000 habitantes, “nos que, se cabe, a permanencia da poboación aínda é máis importante”, destacou Gómez Besteiro.

As tarefas que levarán a cabo os traballadores contratados consistirán na mellora de servizos públicos: como obras no medio rural, traballos no medio ambiente, intervencións en espazos públicos e naturais, medidas preventivas en defensa do medio ambiente… “é dicir, atender as necesidades imprescindibles para o benestar dos veciños dos Concellos con menos de 5.000 habitantes”, remarcou o Presidente.

A diferenza dos obradoiros de emprego doutras administracións, nos que as persoas están empregadas 6 meses, no caso da Deputación de Lugo serán 15 meses. Para que os Concellos non teñan que facer fronte ó pagos das nóminas sen a partida presupostaria correspondente, “coñecedores do estado das arcas municipais”, a Deputación de Lugo adiantaralles o 90% do total antes de que realicen a contratación do persoal.

Prazos e criterios

Santos Ramos adiantou que este mesmo luns, aprobarase esta sexta nova liña de creación de emprego na Xunta de Goberno, a mesma semana sairá no BOP e, a partir de entón, os municipios terán un prazo de 15 días hábiles para solicitala. Os criterios obxectivos de adxudicación da axuda para os Concellos son 3: taxa de paro, superficie de rede natura e superficie forestal. Para determinar o número de traballadores que lle corresponde a cada municipio, o único factor obxectivo será o número de habitantes: un máximo de 11 traballadores para municipios de ata 5.000 habitantes, e un mínimo de 4 para os de menos de 500 habitantes. A Deputación confiará o proceso de selección de persoal ós propios Concellos e asumirá os custes salariais, é dicir, as retribucións e a seguridade social. A retribución mensual dos peóns superará os 1.000 euros.

23% máis de paro

Os datos do INEM revelan que o paro aumentou na provincia nun 23% desde o cambio de goberno na Xunta de Galicia, no ano 2009. Na actualidade, hai 25.847 lugueses no paro. No 2009, había 19.871. O titular provincial subliñou que “esta dramática situación non está a ter a resposta política que debería desde a administración que ten transferidas as competencias e emprego: a Xunta de Galicia. O goberno de Núñez Feijóo recortou as políticas de promoción de emprego en máis de 200 millóns de euros nos últimos cinco anos, ademais do recorte en gasto social noutros 4.000 millóns de euros no mesmo período”. Gómez Besteiro fixo “un novo chamamento á Xunta de Galicia para que afronte o primeiro problema dos galegos: o paro. Un problema no que tamén desde esta administración queremos contribuír a solucionar”.

Liñas de emprego para 2.180 lucenses no paro

Neste senso, o Presidente destacou que a Deputación de Lugo ten abertas hoxe outras 5 liñas de creación de emprego directo:

1.- A inserción laboral de 1.000 persoas nas profesións con máis futuro dentro do benestar social. “É formación remunerada en toda a provincia grazas a que a Unión Europea nos volveu premiar co segundo Pacto Provincial polo Emprego”. 4,1 millóns de euros, cofinanciados nun 80%.

2.- A inserción laboral de 50 persoas en paro que se convertirán en especialistas en innovación e que darán asesoramento a 300 autónomos e PEMES da provincia. Un programa de dinamización do tecido produtivo, dotado con 3 millóns de euros grazas ó convenio coa Escola de Organización Industrial”.

3.- A inserción laboral de 900 lucenses no sector da gandeiría, agricultura ecolóxica e forestal, co Fórmate en Verde, dotado de 1 millón de euros.

4.- A inserción laboral de 70 mozos lugueses en paro grazas ás bolsas de formación Leonardo da Vinci, dotadas de 300.000 euros. Esta mesma semana, tiveron lugar as probas de coñecementos para a selección.

5.- A contratación de 80 traballadores para os Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), para os que a Deputación achega 300.000 euros.

En total, 2.180 lucenses no paro benefícianse das 6 liñas de creación de emprego anuais da Deputación.

– See more at: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fnot_d4_v1.jsp&contenido=22555&tipo=8&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&codResi=1&language=gl&level=1#sthash.AOHmXCYE.dpuf

Advertisement

OFERTA DE ENQUISADOR/A PARA VIVEIRO

A empresa IDEARA necesita Enquisador/a para Viveiro:

Traballo a realizar:

Entrevistas persoais perante tablet na zona de Viveiro.

Periodo :

De outubro do 2.013 a setembro do 2.014

Requisitos: 

– Experiencia na realización de enquisas presenciais.

– Dispoñibilidade horaria, aínda que se trata dun traballo compatíbel con outros.

– Vehículo propio.

Págase km a 0.19 ct para os desprazamentos fóra de Viveiro.

Interesados/as na oferta mandar CV a:

ideara@idearainvestigacion.com indicando no asunto “ENTREVISTADOR TURISMO”

 

 

NSCRIPCIÓN para los Talleres de trabajo para la Internacionalización ( Workshops )

inscripcion-para-los-talleres-de-trabajo-para-la-internacionalizacion-workshops - Lan Pyme Export

En el mes de Noviembre de 2013, y dentro del proyecto Lan Pymexport, se celebrarán un total de 40 Talleres de trabajo para la Internacionalización (Workshops). Estos, talleres, que se celebrarán en las localidades de los socios del proyecto (Lugo, Vigo, Ourense y Braga), están cofinanciados por fondos FEDER y de la UE, dentro del Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal (POCTEP 2007-2013)

Los talleres estarán dirigidos a todas aquellas PYMES del sector agroalimentario y afines interesadas en la internacionalización de sus productos a través de las nuevas tecnologías (TIC).

El objetivo de los Workshops es proporcionar las claves y herramientas que ayuden a las empresas a impulsar sus ventas en el exterior, y ver su aplicación práctica dentro del proyecto Lan Pymexport.

Los talleres se impartirán de forma GRATUITA y abordarán el siguiente programa:

  1. Taller 1 : Selección de mercados
  2. Taller 2 : Análisis de la competencia
  3. Taller 3 : Análisis de clientes y canal de distribución
  4. Taller 4 : Posicionamiento de marca
  5. Taller 5 : Plataforma de promoción y Trading virtual

Los mismos 5 talleres se repetirán en dos días consecutivos en cada una de las localidades (Lugo, Vigo, Ourense y Braga), pudiendo el participante elegir una de las dos fechas a su conveniencia, así como la localidad. Por otra parte, podrá participar en todos o bien en alguno de los talleres, según su interés y disponibilidad.(Consultar el folleto adjunto)

  • Lugo: 11 y 12 de noviembre
  • Ourense: 13 y 14 de noviembre
  • Vigo: 18 y 19 de noviembre
  • Braga: 20 y 21 de noviembre

Inscripciones sólo a través de los siguientes enlaces, según la localidad elegida para asistir

Más información en los teléfonos :(+34) 982 23 11 50 CEL (para las empresas ubicadas en Galicia), y el (+351 )253 20 40 40 BICMINHO (para las empresas ubicadas en Portugal)

ENTREVISTAS DE TRABALLO EN MADRID PARA ENXEÑEIROS/AS QUE QUIERAN TRABALLAR EN ALEMAÑA

Distintas empresas xermanas solicitan enxeñeiros/as, a maioría informáticos, pero tamén electrónicos, electromecánicos, mecánicos e de telecomunicacións, o prazo para presentar as solicitudes finalizará o 15 de novembro.

A continuación, picando nas seguintes ligazóns tendes as características do posto e os requisitos necesarios:

:

 

Trala recepción das solicitudes, os candidatos/as seleccionados serán convocados  para participar nunha entrevista de traballo o próximo 10 de decembro en Madrid.

 

OFERTA PARA RIBADEO

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de Avaliador de Atención ao Cliente para Ribadeo.

OFERTA PARA A MARIÑA DE LUGO

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de Comercial de Automoción para A Mariña de Lugo.

OFERTA DE DOCENTE AFD

Oferta de docente para impartir un curso AFD  en novembro “Programador de bases de datos relacionales”

Requisitos do profesorado

Nivel académico: Titulación universitaria de Grao Medio en Informática, Ciclo superior de Informática ou, no seu defecto, capacitación profesional equivalente na especialización relacionada co curso.

Experiencia profesional: Terá tres anos de experiencia na ocupación. Nivel pedagóxico: Formación metodolóxica e/ou experiencia docente

Acreditación da competencia docente requerida, perante certificado de profesionalidade de Formador ocupacional ou formación equivalente.

Exentos:

– Titulacións universitarias oficiais de licenciado en Pedagoxía, Psicopedagoxía ou de Mestre

– Titulación universitaria oficial distinta das anteriores e ademáis se atopen en posesión do Certificado de Aptitud Pedagóxica (C.A.P.)

– Experiencia docente contrastada de ao menos 600 horas nos últimos sete anos en formación profesional para o emprego ou do sistema educativo.

Enviar C.V. canto antes a cecaplugo@cecaplugo.org

 

Tu primer Trabajo EURES: “YOUR FIRST EURES JOB”

EURES: EURopean Employment Services

Es un proyecto piloto para dar apoyo financiero a jóvenes de edades entre 18 y 30 años en la búsqueda de empleo en un país de la UE distinto del de residencia y a empresas interesadas en la contratación de trabajadores jóvenes procedentes de otros países de la UE.

Destinatarios

JOVENES

Requisitos

  • Tener entre 18 y 30 años de edad, ambos inclusive.
  • Estar inscritos como demandantes de empleo en los Servicios Públicos de Empleo correspondientes.
  • Haber sido seleccionados en un proceso realizado por la Red EURES-España.
  • Ser nacionales de cualquiera de los países de la Unión Europea residentes de manera legal en cualquier país de la Unión Europea.
  • Que el puesto de trabajo para el cual se realiza la entrevista o al que se va a incorporar se localice en un país de la Unión Europea distinto al de residencia. Se considerarán los puestos de trabajo localizados fuera de España para trabajadores residentes en España y los puestos de trabajo localizados en España para trabajadores no residentes en España.

Más información jóvenes

EMPRESAS

  • Pequeñas y medianas empresas (PYMES) con un máximo de 250 empleados.
  • Que puedan ofrecer contratos de trabajo de al menos 6 meses de duración para jóvenes.

Más información empresa

Ayudas

A JOVENES

  • Contribución a los gastos de viaje y dietas con motivo de la entrevista de selección
  • Contribución a los gastos de desplazamiento a otro país de la UE si se obtiene un contrato de trabajo
  • Cantidad variable dependiendo de la distancia.

Tabla de subvenciones a JOVENES

A PYMES

  • Costes para sufragar programas de integración (formación, cursos de idiomas, apoyo administrativo…) de los trabajadores contratados.
  • El Importe dependerá del país y del número de trabajadores contratados

Tabla de subvenciones a PYMES

Solicitudes

Información sobre el procedimiento

Normativa aplicable

Más información

Centro de Atención al Usuario (CAU): 901 11 99 99

Correo electrónico para respuesta personalizada: tuprimertrabajoeures@sepe.es

Tu primer trabajo EURES en la web

Europracticum VII. Prazo remata 31 outubro.

Convocatoria

Europracticum VII é un programa de prácticas profesionais (ao abeiro do programa europeo Leonardo da Vinci) remuneradas para titulados da USC, en empresas e entidades europeas.
Esta nova edición do Programa Leonardo da Vinci da Universidade de Santiago está aberta á participación de titulados (en titulacións oficiais) na institución académica compostelá entre os anos 2007 e 2013. Tamén se admitirán solicitudes daquelas persoas tituladas noutras universidades, que durante este periodo de referencia (entre os anos 2007 e 2013) completaran un máster oficial na institución académica compostelá.
Esta edición do Programa Leonardo da USC estará vixente durante o bienio 2013 -2015, no que se desenvolverán 78 bolsas de prácticas.
Unha bolsa Europracticum VII consta de seguro médico e aportación económica para gastos de viaxe, aloxamento e manutención.
 
Duración da práctica: as prácticas teñen unha duración de 24 semáns e a Universidade de Santiago xestionará a supervisión do seu desenvolvemento.
O prazo de inscrición en Europracticum VII será do 1 ao 31 de outubro de 2013

OFERTAS DE EMPREGO DO S.P.E.G.

Picando nesta ligazón podes ver a última actualización de ofertas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galiza.

Navegación de artigos