Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo para a categoría “INFORMACIÓN PARA EMPRESAS E EMPRENDEDORES”

Cursos para emprendedores cooperativos na Fundación CEL

A nosa Fundación organiza, durante os próximos meses de marzo e abril e co apoio da Rede Eusumo, catro novos cursos dirixidos a cooperativas, sociedades laborais e emprendedores interesados en fórmulas de economía social. 

O obxectivo destes cursos é o de incentivar e axudar a desenvolver habilidades relacionadas coa xestión de novos negocios. Para iso, abordarán diferentes temáticas relacionadas coa xestión empresarial desde unha perspectiva actual, tocando temas como construción do modelo de negocio, negociación comercial, uso empresarial de Youtube, ou marca dixital.

En concreto, están previstos catro cursos:

  1. Curso ‘Negociación Comercial’: desenvolverase entre os días 9 e 12 de marzo e centraras en facilitar o coñecemento do proceso de negociación comercial e daquelas habilidades de comunicación verbal e non verbal que o dificultan ou favorecen
    VER PROGRAMAINSCRICIÓN
  2. Curso ‘Marca dixital: claves para un lanzamento exitoso’: previsto entre os días 23 e 26 de marzo, explicará como desenvolver unha imaxe axeitada en contornas dixitais como investimento crave dun emprendedor para o seu proxecto ou empresa, facilitando os coñecementos para lograr unha estratexia de marca exitosa no ámbito dixital.
    VER PROGRAMAINSCRICIÓN
  3. Curso ‘Youtube: o poder do videomarketing’: este curso centrarase nas bases do marketing en YouTube, ensinando a xestionar profesionalmente unha canle na plataforma e repasando conceptos técnicos básicos así como de contido, posicionamento, monetización e estadística. Terá lugar entre os días 30 de marzo e 2 de abril.
    VER PROGRAMAINSCRICIÓN
  4. Curso ‘Constrúe o teu modelo de negocio con Lego’: con esta formación baseada na metodoloxía LEGO® Serious Play®, búscase axudar ao emprendedor a concretar os puntos clave para levar a cabo a súa idea de negocio satisfactoriamente, fomentando a creación dunha estratexia clara para deseñar o produto e para chegar ao cliente obxectivo. Todas as sesións están orientadas a incrementar a creatividade aplicada ás ideas de negocio das diferentes cooperativas.
    VER PROGRAMAINSCRICIÓN

De 15 horas de duración cada un, todos os cursos terán lugar en horario de tarde (a maioría das xornadas de 16:00 a 20:00 horas e algunha de 16:00 a 19:00 horas) nas instalacións da Fundación CEL (Pazo de Feiras e Congresos, O Palomar s/n). En todos os casos contarase con formadores expertos.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Máis info

Un total de 19 proxectos empresariais centrados nas novas tecnoloxías, o benestar e a alimentación participan na nova edición do coworking da Mariña

Un total de 22 emprendedores desenvolverán, entre outras, iniciativas vinculadas ao márketing, o deseño gráfico e de mobles, o turismo rural ou o comercio local. Estes días están a dar comezo tamén as accións de formación e asesoramento do resto dos dez espazos apoiados pola Xunta en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI).

Mondoñedo (Lugo), 19 de febreiro de 2020.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), pon en marcha desde hoxe a nova edición do coworking da Mariña, situado en Mondoñedo, no que participan os promotores de 19 proxectos empresariais que recibirán formación, asesoramento e titoría durante os próximos cinco meses para desenvolver as súas iniciativas.

As actividades dos 22 emprendedores -14 mulleres e 8 homes- que participan na aceleradora mindoniense centraranse nas novas tecnoloxías, o benestar ou a alimentación. Así, desenvolveranse iniciativas en torno ao márketing, o deseño gráfico e de mobles, a impresión, o turismo rural, unha plataforma de reservas, o agroalimentario (especias, fabas e conservas vexetais) e o comercio (lavanderías e comercio local).

Estes días están a dar comezo tamén as accións de formación e asesoramento no resto de espazos coworking da rede impulsada pola Xunta, que nesta edición contará con tres novas aceleradoras relacionadas con actividades específicas. Así, a do Ribeiro, situada no municipio ourensán de Cenlle, promoverá a agroalimentación, o turismo rural e a economía circular, mentres que a aceleradora de Palas de Rei (Lugo) se centrará no Camiño de Santiago para fomentar o emprendemento na ruta xacobea. O espazo que se abrirá no Morrazo, en Moaña, impulsará a procura de novas oportunidades a emprendedores e empresarios relacionados co sector naval.

As novas aceleradoras súmanse ás xa en funcionamento en edicións anteriores, abertas na Ribeira Sacra (Monforte de Lemos); Terras da Limia (Celanova); Santiago de Compostela; Ferrolterra (CIS Galicia en Ferrol), e O Salnés (Vilanova de Arousa), e a Costa da Morte (Cabana de Bergantiños), ademais da de Mondoñedo.

A rede de espazos coworking promovida pola Xunta a través do Igape e a EOI forma parte da plataforma StartIN Galicia, que agrupa a todas as aceleradoras que apoia a Administración autonómica. Dentro desta plataforma de apoio integral desenvólvense as business factories e outras aceleradoras como Agrobiotech, ViaGalicia, Galicia Open Future e Connecting For Good Galicia.

Ademais desta iniciativa, a Consellería de Economía, Emprego e Industria pon a disposición dos emprendedores instrumentos de apoio que inclúen axudas directas habilitadas a través de programas como Galicia Emprende ou Galicia Rural Emprende, préstamos directos no marco do programa de Instrumentos Financeiros Innovadores, ou o financiamento a través de fondos de capital risco como Galicia Iniciativas Emprendedoras que coordina XesGalicia.

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES NO DOG DE HOXE DÍA 19/02/2020

onsellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

11490

Descargar PDF

11509

Descargar PDF

Consellería de Cultura e Turismo

11511

Descargar PDF

11552

Descargar PDF

Consellería do Medio Rural

11564

Descargar PDF

11621

Descargar PDF

Axencia Galega de Innovación

11633

Descargar PDF

11703

Descargar PDF

Axencia Galega da Industria Forestal

11738

Descargar PDF

11809

Descargar PDF

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES NO DOG DE HOXE DÍA 18/02/2020

Consellería de Economía, Emprego e Industria

11023

Descargar PDF

11055

Descargar PDF

Consellería de Cultura e Turismo

11059

Descargar PDF

11075

Descargar PDF

Consellería de Política Social

11077

Descargar PDF

11127

Descargar PDF

Consellería do Medio Rural

11130

Descargar PDF

11171

Descargar PDF

11177

Descargar PDF

11294

Descargar PDF

Axencia Galega de Innovación

11303

Descargar PDF

11362

Descargar PDF

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES NO BOE DE HOXE DÍA 13/02/2020

ADMINISTRACIÓN LOCAL

Personal funcionario y laboral

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

Pesca marítima

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES NO DOG DE HOXE DÍA 11/02/2020

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

9224

Descargar PDF

9238

Descargar PDF

Consellería do Medio Rural

9331

Descargar PDF

9383

Descargar PDF

Axencia Turismo de Galicia

9388

Descargar PDF

9409

Descargar PDF

9411

Descargar PDF

9440

Descargar PDF

Instituto Galego de Promoción Económica

9443

Descargar PDF

9488

Descargar PDF

Xornada Profesional sobre Ciberseguridade en Lugo

A Confederación de Empresarios de Lugo acolle o próximo día 19 de febreiro, mércores, en horario de 10:00 a 11:30 horas, unha xornada profesional intensiva na que se informará sobre diferentes aspectos da ciberseguridad na empresa. Organizada por Advantic, consultora especializada en solucións de negocio e tecnoloxías da información.

Nesta liña, abordarase o seguinte programa:

INTRODUCIÓN Á CIBERSEGURIDAD

  • Concienciación, estado actual e boas prácticas para protexer a túa empresa.


COÑECES AS AMEAZAS QUE AFECTAN A TI EMPRESA?

  • Riscos, vulnerabilidades e ameazas.
  • Como atopan a nosa información e como nos atacan.
  • Escenarios de ciberseguridad: antivirus, cifrado de datos, control de contrasinais, seguridade de redes, mobilidade, firewall…


ESTÁ A MIÑA EMPRESA PREPARADA PARA PROTEXERSE?

  • Que podo facer?
  • Ferramentas de protección da miña información.
  • Copias de seguridade, auditorías, certificacións, xestión de incidencias..
  • Recomendacións e medidas de prevención.
  • O que está por chegar!


As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse a través desta ligazón:

INSCRICIÓN XORNADA PROFESIONAL CIBERSEGURIDAD 19/02/2020

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES NO DOG DE HOXE DÍA 05/02/2020

Consellería do Mar

7670

Descargar PDF

7726

Descargar PDF

7729

Descargar PDF

7764

Descargar PDF

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES PUBLICADAS HOXE DÍA 03/02/2020 NO DOG

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

6596

Descargar PDF

6652

Descargar PDF

Consellería de Economía, Emprego e Industria

6654

Descargar PDF

6680

Descargar PDF

6682

Descargar PDF

6712

Descargar PDF

6714

Descargar PDF

6743

Descargar PDF

6745

Descargar PDF

6770

Descargar PDF

6772

Descargar PDF

6804

Descargar PDF

6806

Descargar PDF

6884

Descargar PDF

6886

Descargar PDF

6888

Descargar PDF

6952

Descargar PDF

6954

Descargar PDF

Consellería de Política Social

6956

Descargar PDF

7005

Descargar PDF

7009

Descargar PDF

7035

Descargar PDF

7037

Descargar PDF

7071

Descargar PDF

7073

Descargar PDF

7106

Descargar PDF

Axencia Turismo de Galicia

7114

Descargar PDF

7150

Descargar PDF

Instituto Galego de Promoción Económica

7157

Descargar PDF

7209

Descargar PDF

Instituto Galego da Vivenda e Solo

7211

Descargar PDF

7240

Descargar PDF

Xornadas de atención personalizada axudas de internacionalización – FEBREIRO – MARZO

Coa intención de apoiar a transformación dixital para a internacionalización o Igape convoca un novo programa de subvenciós para o desenvolvemento e implantación de programas de internacionalización dixital das empresas, as bases reguladoras do Galicia Exporta Dixital publicaronse no DOG do 24 de xaneiro de 2020 rematando o prazo de solicitude o 24 de marzo de 2020 para a súa primeira convocatoria.

Así mesmo no DOG  do 29 de xaneiro publícanse as novas convocatorias 2020-2021 das  bases reguladoras das axudas de Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios. O prazo de solicitude para estas dúas axudas é de dous meses dende a data de publicación no DOG.
 
Co obxecto de prestarlle información e asesoramento personalizado sobre as axudas de internacionalización do IGAPE, (Galicia Exporta Dixital, Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios) poñemos a súa disposición o equipo técnico da área de internacionalización para unha reunión persoal.

Pode solicitar cita para concretar a súa reunión nas cidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo.

Reserva datas das xornadas de atención personalizada (aberto prazo de solicitude para citas de febreiro)

Ferrol: 5 febreiro, 17 febreiro, 9 marzo
A Coruña: 10 febreiro,19 febreiro, 2 marzo, 13 marzo
Santiago de Compostela: 3 febreiro, 26 febreiro, 16 marzo, 23 marzo
Lugo:  28 febreiro, 4 marzo
Ourense: 21 febreiro, 6 marzo
Pontevedra: 12 febreiro, 18 marzo, 27 marzo
Vigo: 7 febreiro, 14 febreiro, 11 marzo, 20 marzo

Navegación de artigos