Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Decembro, 2012”

CONSELLERÍA DE FACENDA

 

DECRETO 262/2012, do 20 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012.

OFERTAS DO S.P.E.G.

Picando nesta ligazón podes ver 4 ofertas novas de emprego publicadas no Servizo Público de Emprego de Galiza.

OFERTA DE EMPREGO PARA VIVEIRO

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de emprego de azafato/a promotor/a para Viveiro.

BECAS DE INICIACIÓN PROFESIONAL EN EMPRESAS GALEGAS

Novacaixagalicia ofrece 40 BECAS de iniciación profesional durante 6 meses, para desenvolver proxectos de contido INNOVADOR E MEDIOAMBIENTAL en empresas GALEGAS, orientados á obtención de melloras que redunden en beneficio da competitividade da empresa. Novacaixagalicia abrirá un proceso de selección individualizado PARA CADA PROXECTO que fose aprobado polo comité de selección de proxectos para participar na convocatoria das becas de Iniciación profesional.

 

Advertisement

Feijóo anuncia unha partida de 36 millóns de euros para a formación de 14.000 desempregados co fin de mellorar a súa inserción no mercado laboral

O presidente sinalou que o Goberno galego destinou un total de 40 millóns de euros no último mes para implementar programas encamiñados a “intentar reactivar o mercado laboral”

Especificou que se trata dunha formación regrada “con certificados homologables ás esixencias do mercado en calquera lugar do país”

Avanza que 43.000 beneficiarios de pensións non contributivas, do fondo de asistencia social e do subsidio de garantía de ingresos mínimos recibirán nos próximos días de xaneiro unha paga extraordinaria de 206 euros

Subliña o apoio do Goberno galego “aos máis vulnerables” co pago dun complemento ás rendas limitadas que non existe en 12 autonomías e que ten un importe da metade que en Galicia nas outras catro

Resalta que a Xunta aboará esta paga pese ás dificultades derivadas do incremento dun 13% do gasto da Renda de inclusión social neste ano

Santiago, 27 de decembro de 2012.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou unha partida de 36 millóns de euros que o Goberno galego destinará á mellorar a formación regrada de 14.000 desempregados co obxectivo da súa reinserción no mercado laboral.

Esta contía, que hoxe aprobou o Consello da Xunta, engádese aos catro millóns de euros autorizados a semana pasada para a realización de 126 cursos de formación que benefician a outros 1.900 traballadores. Polo tanto, segundo subliñou Feijóo, a Xunta acaba de destinar neste último mes un montante global de 40 millóns de euros para a implementación de medidas encamiñadas a “intentar reactivar o mercado laboral”

“En total 14.000 traballadores terán fondos públicos para mellorar a súa formación, para mellorar as súas posibilidades de empregabilidade”, dixo o presidente, quen recalcou que non se trata dunha formación “calquera”, senón “dunha formación que posibilite certificados de profesionalidade e que eses certificados sexan homologables ás esixencias do mercado en calquera lugar do país”.

Complemento de 206 euros para as pensións non contributivas e rendas limitadas
Na súa comparecencia ante os medios, o presidente da Xunta avanzou que o Goberno galego decidiu tamén hoxe “apoiar ás persoas máis vulnerables” co abono a 43.000 familias dunha paga extraordinaria de 206 euros. Concretou que “nos próximos días do mes de xaneiro”, as 43.000 familias que son beneficiarias de pensións non contributivas, receptoras do fondo de asistencia social ou do subsidio de garantía de ingresos mínimos “terán unha paga extraordinaria de 206 euros con cargo ao Orzamento autonómico”.

O titular do Goberno autonómico quixo subliñar o carácter “extraordinario” deste complemento das pensións non contributivas e das rendas limitadas, ao remarcar que se trata dunha paga con carácter “excepcional e temporal” para cumprir a doutrina do Tribunal Constitucional que non permite complementos autonómicos permanentes.

Resaltou ademais que este complemento non existe en doce comunidades autónomas de España e que nas catro nas que, ademais de Galicia, existe, ten unha contía de aproximadamente da metade que aquí. “Polo tanto, durante estes anos de crise, Galicia fixo un enorme esforzo para priorizar este tipo de complementos excepcionais ou pagas extraordinarias aos que teñen as rendas máis baixas, e no ano 2012 tamén é posible facer este exercicio de maior priorización no gasto social”, subliñou.

Feijóo puxo en valor que este complemento das rendas baixas se aboará “a pesares de que tivemos dificultades evidentes como consecuencia do incremento do gasto da renda de integración social de Galicia, que se incrementou nun 13% neste ano”. Nese sentido, abondou en que, pese a que o gasto na renda de integración social subiu de 23 a 28 millóns de euros “mantemos os 9 millóns de euros para o complemento extraordinario de 206 euros para 43.000 familias galegas que están con maiores dificultades nos seus ingresos”.

Segundo explicou o presidente, os beneficiarios desta paga extraordinaria recibirana a través dunha transferencia bancaria na mesma conta corrente na que reciben a nómina, polo que os receptores “non necesitarán máis que agardar uns días para que se produza ese ingreso extraordinario”.

LIGAZÓNS DE INTERESE PARA O SECTOR PÚBLICO

A partir de hoxe está á vosa disposición ligazóns de interese no blogue sobre información do sector público á marxe dos boletíns oficiais.

 

Para buscar traballo no Sector Público en xeral

LIGAZÓNS DE INTERESE PARA PROFESIONAIS DE OFICIOS E F.P.

Para os profesionais de Oficios:

Bases da convocatoria extraordinaria 2013 de becas ao estudo para persoas en situación de desemprego en España

Bases da convocatoria extraordinaria 2013 de becas ao estudo para persoas en situación de desemprego en España.

FUNDACIÓN MAPFRE realiza unha convocatoria extraordinaria de 300 becas destinadas a facilitar o acceso a persoas en situación de desemprego en España que desexen incorporarse aos cursos e-learning de especialización en Seguros, Xerencia de Riscos, Prevención e Medio Ambiente, na promoción de febreiro 2013. 

 

LIGAZÓNS DE INTERESE PARA A XUVENTUDE

A partir de hoxe no noso blogue tes acceso ás seguintes ligazóns de interese para a xuventude.

http://www.eurobrussels.com/ (Prácticas profesionales en Europa)

LIGAZÓN DE INTERESE PARA O SECTOR PRIMARIO

A partir de hoxe tendes á vosa disposición unha ligazón de interese no blogue para os  que procuren traballo no sector primario, agro e gandería.

http://www.agrodigital.com/empleo.asp

Navegación de artigos