Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Agosto, 2010”

INTERRUPCIÓN DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN LABORAL POR VACACIÓNS

Informo que o departamento de Orientación Laboral así como todos os servizos dependentes do mesmo (Servizo de difusión de información como o blogue empregoviveiro, Servizo de Intermediación Laboral para as empresas e usuarios/as da Bolsa de Emprego….) quedarán paralizados do 30 de agosto ao 22 de setembro por estar o técnico responsábel de vacacións.

 

Perdoen as molestias.

Advertisement

NOVAS DE INTERESE DOG

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA
E INDUSTRIA

Corrección de erros.-Orde do 22 de xullo
de 2010 pola que se establecen as bases
reguladoras para a concesión, en réxime
de concorrencia competitiva, das subvencións
a concellos de Galicia para a adecuación
e modernización de equipamentos
comerciais, en desenvolvemento do Plan
Ágora, agora Re-comercia 2010-2013, e
se procede á súa convocatoria para o ano
2010 (código de procedemento IN223A).

Corrección de erros.-Orde do 26 de xullo de
2010 pola que se establecen as bases reguladoras
para a concesión, en réxime de concorrencia
competitiva, das subvencións
aos/ás titulares de obradoiros artesanais
para actuacións de fomento e desenvolvemento
do sector artesanal galego, no ámbito
da Comunidade Autónoma de Galicia, e
se procede á súa convocatoria para o ano
2010. (Código de procedemento IN201G).

NOVAS DE INTERESE NO DOG

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN
DA IGUALDADE DO HOME
E DA MULLER

Resolución do 17 de agosto de 2010 pola
que se establecen as bases reguladoras que
rexerán as axudas e subvencións a entidades
de iniciativa social sen ánimo de lucro
para centros e recursos integrais para
mulleres, e se procede á súa convocatoria
para o ano 2010 (SI427A).

NOVAS DE INTERESE DOG

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 6 de agosto de 2010 pola que se
amplía o prazo de solicitudes previsto na
Orde do 22 de xuño de 2010 pola que se
establecen as bases reguladoras das axudas
para a moratoria dos préstamos vinculados
coa mellora de explotacións e incorporación
das persoas mozas á actividade
agraria, e se convocan para o ano 2010.


Orde do 13 de agosto de 2010 pola que se
amplía a dotación orzamentaria para a
concesión de axudas para a prevención e
defensa contra os incendios forestais en
montes veciñais en man común convocadas
pola Orde do 7 de abril de 2010.

NOVAS DE INTERESE DOG

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA
E INDUSTRIA
Resolución do 9 de agosto de 2010 pola
que se selecciona o persoal e se adxudican
as bolsas para a formación específica en
xestión da innovación e a súa integración
na Rede Xiga, reguladas no anexo I da
Orde do 14 de maio de 2010 (Diario Oficial
de Galicia número 96, do 24 de maio)
pola que se establecen as bases reguladoras
para o acceso á formación especializada
en xestión da innovación dentro da
Rede de Xestores de Innovación de Galicia
(Xiga) e para a concesión, en réxime de
concorrencia competitiva, de subvencións
ás pemes galegas para a contratación de
persoal da Rede de Xestores de Innovación
de Galicia (Xiga) e se procede á súa convocatoria
para o ano 2010.


CONSELLERÍA DE TRABALLO
E BENESTAR
Orde do 9 de agosto de 2010 pola que se
establece o procedemento de aboamento de
cotas á Seguridade Social a traballadores
e traballadoras que percibisen a prestación
por desemprego na súa modalidade de
pagamento único e se procede á convocatoria
das correspondentes axudas.



NOVAS DE INTERESE DOG

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 3 de agosto de 2010 pola que se modifica a Orde do 14 de abril de 2010,
pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o financiamento de proxectos de
innovación tecnolóxica relacionados co Xacobeo 2010, cofinanciadas polo Fondo
Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo
Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010,
modificada pola Orde do 29 de abril de 2010.

Orde do 3 de agosto de 2010 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde
do 5 de marzo de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras para a
concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a
modernización de comercios situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de
Galicia en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-comercia, e se procede á súa
convocatoria. (IN218A-presentación electrónica).


CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 9 de agosto de 2010 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a
concesión das axudas da Orde do 21 de decembro de 2009, pola que se establecen
as bases reguladoras das axudas á utilización de servizos de aconsellamento por
persoas titulares de explotacións agrarias e se convocan para o ano 2010.


INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Resolución do 22 de xullo de 2010 pola que se lle dá publicidade ao acordo do
Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as
bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica aos
proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de
Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007
-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

NOVAS DE INTERESE DOG

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 4 de agosto de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a
concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas en materia
agroforestal, por entidades de iniciativa social, dedicadas a fomentar a integración
social e laboral de persoas con discapacidades ou en risco de exclusión social
na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2010.



CONSELLERÍA DO MAR

Orde do 2 de agosto de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras e a
convocatoria para a compensación económica dunha axuda aos tripulantes e
armadores tripulantes de buques pesqueiros con porto base en Galicia que
pescan na costeira do bocarte.

NOVAS DE INTERESE DOG E BOP

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 26 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a
concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos/ás titulares
de obradoiros artesanais para actuacións de fomento e desenvolvemento do sector
artesanal galego, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á
súa convocatoria para o ano 2010. (Código de procedemento IN201G).


CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

Orde do 3 de agosto de 2010 pola que se procede á apertura e convocatoria, para o
ano 2010, da liña de financiamento con cargo ao Fondo Financeiro do Estado
para a Modernización das Infraestruturas Turísticas (Fomit).


CONSELLERÍA DO MAR

Orde do 14 de xullo de 2010 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas para a formación de persoal en temas de investigación mariña, correspondentes ao Programa de recursos humanos do Plan Galego
de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, e se procede á súa convocatoria.



Publicado en el BOP

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL

ANUNCIO DE CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS
A Deputación Provincial de Lugo aprobou con data
06 de agosto de 2010 a convocatoria e as bases que
regulan a selección polo procedemento de concorrencia
competitiva, de entidades públicas ou privadas sen ánimo
de lucro, para a continuación do funcionamento das
aulas de interpretación da natureza, mediante a sinatura
dun convenio, no marco do Proxecto LugO2 (Anualidade
2010-2011) Por esto, e co obxecto de dar cumprimento
ao disposto no artigo 9, da Lei 38/2003, de 17 de novembro,
Xeral de Subvencións.

NOVAS DE INTERESE NO BOE

JEFATURA DEL ESTADO
Ley 32/2010, de 5 de agosto, por la que se establece un sistema específico de protección por cese de actividad de los trabajadores autónomos.

NOVAS DE INTERESE NO DOG E BOE 5 AGOSTO

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,
ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
E XUSTIZA
Resolución do 30 de xullo de 2010, da
Secretaría Xeral da Igualdade, pola que
se establecen as bases reguladoras que
rexerán as subvencións destinadas a entidades
de iniciativa social para o desenvolvemento
de programas de apoio a mulleres
xestantes e/ou lactantes con fillas/os
menores de tres anos, cofinanciadas polo
Fondo Social Europeo, e se procede á súa
convocatoria.


CONSELLERÍA DE TRABALLO
E BENESTAR
Orde do 22 de xullo de 2010 pola que se
establece a convocatoria pública e se regula
o procedemento de concesión das subvencións
aos/ás traballadores/as excedentes
do sector téxtil e da confección con
motivo dos cambios estruturais no comercio
mundial para o ano 2010.


Orde do 27 de xullo de 2010 pola que se
fai pública a ampliación do importe existente
para a concesión de axudas destinadas
á programación de accións formativas
dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras
desempregadas na Comunidade
Autónoma de Galicia correspondentes
ao exercicio 2010, convocadas pola Orde
do 28 de decembro de 2009.


Publicado en el BOE

MINISTERIO DE TRABAJO

E INMIGRACIÓN

Resolución de 15 de julio de 2010, del
Servicio Público de Empleo Estatal,
por la que se aprueba la convocatoria
para la concesión de subvenciones en
el año 2010, para la realización de un
programa de formación e inserción laboral
de demandantes de empleo en tecnologías
de la información y de las comunicaciones.

Navegación de artigos