Se abre un plazo extraordinario de inscripción en el curso “Business Strategy. Modelos de Negocio en Internet (Estrategias Startup)”, tras quedar disponibles tres plazas libres.
Este curso, de 185 h. de duración total, se impartirá en la modalidad mixta (la mayoría de horas en teleformación, y una parte en presencial), entre los días 17 de febrero y 3 de marzo de 2014. Tiene por objetivo facilitar el conocimiento y desarrollo de modelos de negocio por parte de empresas que operan en la Red.
Está dirigido preferentemente a trabajadores por cuenta ajena, aunque también pueden participar desempleados.
Programa
Listaxe de ofertas de emprego.
Álvaro Santos presentou o programa da edición deste ano que se celebrará o día 10 de febreiro no Pazo de San Marcos coa participación de importantes expertos na materia
A xornada contará coa participación de Fernando García Rubio; Manuel Medina Guerrero; Manuel Zafra ou Tomás de la Quadra-Salcedo Fernández del Castillo, entre outros
O Encontro é gratuíto e está dirixido a responsables e traballadores das administracións locais, que poderán inscribirse dende hoxe mesmo en www.deputacionlugo.org
O Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos Ramos, presentou este mércores o V Encontro Provincial que se celebrará o vindeiro 10 de febreiro no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. Baixo o título “A reforma das bases do réxime local español” analizará o novo modelo de administración local dende a perspectiva competencial e conta coa colaboración da Fundación Democracia y Gobierno Local.
Santos Ramos destacou que é o 5º ano que se celebra ese foro no que “se debate de xeito plural e aberto sobre os temas que realmente preocupan ás entidades locais, tratando de buscar solucións e recursos para mellorar a súa efectividade”. O Deputado salientou que “cada ano son máis os profesionais que se interesan polas ponencias do encontro polo elevado prestixio dos participantes e a utilidade das mesas redondas das que se extraen interesantes conclusións para aplicar na xestión das entidades locais”.
Tema de actualidade
O encontro trata cuestións de plena actualidade e útiles para o bo e eficaz funcionamento dos Concellos. Deste xeito, en edicións anteriores abordáronse os servizos de asesoramento gratuíto que ofrece a Deputación ós Concellos (xurídico, económico-financeiro e técnico), a lei de protección de datos e a administración electrónica. Este ano, continuando na mesma liña o Encontro é unha oportunidade única para debater o futuro das Deputacións e pequenos Concellos trala reforma laboral que redefine competencias. Ó longo das 5 edicións deste encontro participaron nas xornadas preto dun millar de persoas.
Nesta edición, o encontro abordará a reforma do réxime xurídico dos entes locais a través da modificación da lei das bases de Réxime Local e en especial o novo sistema de distribución competencial e o novo papel neste panorama das administracións provinciais.
Programa
Para abordar estes asuntos, haberá unha mesa redonda, unha lección maxistral e dúas ponencias, mesas redondas e unha conferencia, para as que a Deputación conta con prestixiosos participantes. Trala inauguración da xornada, a cargo do Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos Ramos, terá lugar a mesa redonda sobre a reforma do réxime local español coa participación do profesor de Dereito Administrativo da Universidad Rey Juan Carlos de Madrid, Fernando García Rubio; o catedrático de Dereito Constitucional da Universidad de Sevilla, Manuel Medina Guerrero; e o catedrático de Dereito Administrativo da Universidad de León, Tomás Quintana López. A Continuación será a quenda da lección maxistral sobre os aspectos máis importantes da reforma a cargo do catedrático de Dereito Administrativo da Universidade Carlos III de Madrid, Tomás de la Quadra-Salcedo Fernández del Castillo. O encontro continuará coa ponencia do profesor de Ciencia Política e da Administración Pública da Universidade de granada, Manuel Zafra, sobre o papel das Deputacións no novo marco da planta local e a Catedrática de Dereito Administrativo da Universidade de Jaén, Eloisa Carbonell Porras, sobre o novo modelo de distribución de competencias dos entes locais.
Inscricións
O encontro de Cooperación está dirixido a todos os responsables e traballadores das administracións locais: Alcaldes, Concelleiros, persoal dos departamentos municipais e recursos humanos, así como empregados públicos en xeral. En canto á inscrición, os interesados poden anotarse dende hoxe mesmo na web www.deputacionlugo.org, onde atoparán toa a información sobre o encontro; enviando un correo electrónico a cooperacion@deputacionlugo.org, ou chamando ó 982-22-78-12. O aforo está limitado á capacidade do Salón de Actos da Deputación.
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe unha xuntanza cos representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias
Durante o encontro, abordaron temas de interese tanto no eido social como laboral
Así, no eido do traballo, a Consellería de Traballo e Benestar adiantou un documento de traballo con criterios para a distribución do financiamento destinado a programas de emprego
Tamén acordaron colaborar na execución do Plan de emprego non declarado posto en marcha o ano pasado
Santiago, 29 de xaneiro de 2014.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe unha reunión coa xunta directiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) co fin de abordar diversos aspectos da colaboración entre a administración autonómica e local.
Un dos principais temas que se trataron durante a xuntanza foi o cronograma da implantación da nova Axencia galega de servizos sociais e a disolución do Consorcio de Igualdade e Benestar. A previsión é que a axencia estea constituída no primeiro semestre deste ano, e comece a funcionar no 2015.
A posta en marcha deste ente comezará coa xestión das escolas infantís que dependen actualmente da Consellería de Traballo e Benestar, para despois ir asumindo os centros que dependen do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. O resto dos servizos iranse asumindo paulatinamente.
A creación deste organismo está prevista na Lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia e ten como obxectivo principal xestionar os servizos públicos en materia de servizos sociais e acadar un aproveitamento óptimo deste sistema, sempre coa finalidade última de optimizar a atención ao cidadán.
Deste xeito, a Axencia suporá a unificación, nunha única persoa xurídica, dos recursos humanos e materiais dos que dispón o Goberno galego para prestar os servizos sociais. Ao unificar e ordenar os recursos de forma máis eficiente, evitaranse duplicidades e acadarase unha mellora da atención e unha xestión máis áxil.
Emprego
Outro dos eidos de colaboración entre Xunta e Fegamp é o laboral. Neste sentido, e entre outros asuntos, no transcurso da reunión estudáronse os criterios para a distribución do financiamento destinado aos programas de emprego que se desenvolven en colaboración coas entidades locais.
Neste sentido, a Consellería entregou un documento con parámetros a ter en conta para a súa análise por parte da Fegamp co obxectivo de chegar a un acordo que permita ter cada ano uns criterios de distribución acordados e coñecidos por parte dos concellos galegos.
Proxectos de colaboración
Ademais, a Consellería e a Fegamp analizaron a colaboración entre ambas institucións no Plan contra a emprego non declarado, que o departamento autonómico puxo en marcha o ano pasado. Esta iniciativa, que se realiza en coordinación coa Inspección de Traballo e Seguridade Social, ten como principal obxectivo detectar posibles accións fraudulentas no mercado laboral.
Esta estratexia pretende dar resposta á necesidade de intensificar as actuacións contra o emprego non declarado, co fin de afrontar determinadas condutas, que xeran o deterioro dos dereitos laborais e sociais dos traballadores; a redución dos ingresos ao sistema da Seguridade Social; e a competencia desleal con respecto ás empresas, emprendedores e traballadores autónomos, cumpridores coas súas obrigas legais.
Tamén se puxo sobre a mesa a posibilidade de que a Fegamp se sumase á execución da Estratexia de Apoio para as Familias Numerosas de Galicia, un plan deseñado por Benestar que integra un total de 53 medidas. Este documento foi elaborado en colaboración con todos os departamentos do Goberno galego e a Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan).
Este fin de semana entra el vigor El Reglamento (UE) 260/2012, a través del que se establece un mercado único de pagos en euros en el que se comprende a 33 países: los 28 países miembros de la UE, así como Islandia, Liechtenstein, Mónaco, Noruega y Suiza.
Este mercado único, Zona Única de Pagos en Euros (SEPA – Single Euro Payments Area), implica el establecimiento de unas reglas o estándares comunes para efectuar pagos en euros, principalmente mediante transferencias, adeudos domiciliados y tarjetas de pago.
Fechas límite
El 1 de febrero de 2014 es la fecha que se establecía como lÍmite en el mencionado reglamento para que las transferencias y adeudos nacionales fuesen reemplazados por los nuevos instrumentos SEPA. Formalmente, este plazo permanece invariable si bien la Comisión Europea ha aprobado una propuesta (pendiente de ratificación en próximas fechas en el Parlamento y el Consejo Europeo, si bien se espera se adopte sin discusión) que abre un plazo extraordinario para evitar perjuicios a la operativa de cobros y pagos y que permitirá que los agentes que no pudiesen completar su transición a tiempo puedan, temporalmente, seguir procesando sus operaciones por los canales tradicionales.
Este período extraordinario aunque, se insiste, no implica un aplazamiento, significa “de facto” que:
No obstante, desde la CEL recomendamos a las empresas que estén plenamente adaptadas a la SEPA lo antes posible, dado que al permanecer invariable la fecha límite formal para finalizar la migración, dependerá de la voluntad de cada proveedor de servicios de pago admitir hasta la fecha los adeudos con el actual formato.
En nuestra web puede visualizarse una ponencia completa en vídeo, de Ángel González Castrillejo, sobre el funcionamiento de la SEPA, anterior a la propuesta de la Comisión. Igualmente puede descargarse otra en pdf, de Manuel Rodríguez López, posterior a dicha propuesta. En próximas fechas organizaremos nuevos encuentros informativos sobre este tema en diferentes puntos de la provincia.
Besteiro informa no Pleno de que a entidade provincial baixará este ano o endebedamento en 11 millóns de euros e que o prazo medio de pago a provedores sitúase en 8 días
O Pleno aproba instar á Xunta a reclamarlle ó Goberno central que anule a suba das cotizacións a autónomos e pequenas empresas. O PP vota en contra, a pesar de recoñecer que a medida “é mellorable e xera moito rexeitamento” no sector
A Deputación acorda destinar 1,7 millóns de euros ós 67 Concellos da provincia a través do POS 2014, facendo un novo esforzo inversor ó asumir o plan xunto cos Concellos, mentres que a colaboración do Executivo de Rajoy “brilla de novo pola súa ausencia”
O Goberno provincial, tamén coa oposición do PP, esixe o cambio dos criterios de reparto das axudas da PAC para primar ós gandeiros e agricultores que realmente viven e traballan do campo. Galicia recibiría deste xeito o 16% dos fondos estatais
O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes por unanimidade aceptar os 600.000 euros máis que lle concedeu o Fondo Social Europeo, procedentes do reparto de remanentes, e destinalos á creación de emprego na provincia, incorporándoos ó orzamento do Pacto Provincial polo Emprego II. Deste xeito, este proxecto, que formará e dará traballo a uns 1.000 veciños de toda a provincia nas profesións con máis futuro, contará cun presuposto total de 4,1 millóns de euros. No mesmo Pleno, o Goberno provincial deu conta dunha nova redución da débeda do organismo provincial en preto de 4 millóns de euros. Deste xeito, como avanzou o Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, neste 2014 “reduciremos o endebedamento nun total de 11 millóns de euros, situándonos ó final do ano nos 26 millóns”. Isto permitirá que a Deputación de Lugo se manteña á cabeza dos organismo provinciais de España menos endebedados, sendo a día de hoxe o 5º con menos débeda, segundo os datos oficiais do Ministerio de Facenda.
“Cumprimos o noso horizonte ambicioso sen renunciar a facer investimentos”, subliñou Besteiro, quen contrapuxo a situación da débeda do organismo provincial coa da Xunta, que aumenta “de xeito escalofriante”. Feijóo “recibiu unha administración con 3.000 millóns de débeda e sitouna en 5 anos en 9.900, tendo xa máis débeda que orzamento”, asegurou o Presidente, quen defendeu a utilización da débeda pública “como un instrumento político para facer cousas, pero cando non se fai nada, ninguén entende esta subida”.
Pago a provedores en 8 días
Besteiro deu no Pleno outra “boa noticia económica” ó anunciar que o prazo medio de pago a provedores da Deputación no último cuatrimestre de 2013 -dende que se aproban as facturas ata o pago efectivo- é de 8 días, “moi por debaixo do que nos esixe a Lei”. “Estamos moi satisfeitos de pagar rápido e ben porque iso ten efectos positivos na economía; se os provedores cobran pronto, teñen liquidez, o que contribúe a reactivar o consumo”, destacou o mandatario provincial.
Boa xestión dos fondos europeos
Con respecto á incorporación dun novo investimento de 600.000 euros para crear emprego, a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, destacou que supón “un recoñecemento da boa xestión dos fondos europeos, o contrario que fan outras administracións, como pode ser a Deputación de Ourense, que está a ser castigada por esa execución”.
Méndez engadiu que a achega vén a reforzar “o compromiso claro e decidido desta Deputación coa creación de emprego na provincia. Aínda que é a Xunta a que ten as competencias na materia, sabemos que o paro é o principal problema dos nosos veciños”, polo que, “como institución responsable e eficaz, comprometémonos coa creación de emprego, sendo conscientes ademais de que as administracións competentes neste campo, Xunta e Goberno central, non están a facer nada ó respecto”, indicou a Vicepresidenta.
Lara Méndez aclarou que os beneficiarios do Pacto Provincial polo Emprego II terán a posibilidade de realizar o exame para obter o certificado homologado de profesionalidade.
Contradición do PP no apoio ós autónomos
A pesar de recoñecer no Pleno que a decisión de aumentar as cotizacións ós autónomos “é mellorable e xenera moito rexeitamento” entre estes profesionais “porque son os que sosteñen a actividade económica deste país”, o Partido Popular votou en contra da moción do Goberno provincial na que se insta á Xunta a demandar ó Goberno central que anule o incremento dun 22% nas cotizacións mínimas para os autónomos que conten con 10 ou máis empregados no último ano.
Esta suba, adoptada “coma sempre sen ningún tipo de diálogo co sector afectado”, argumentou o Executivo provicial, suporá un aumento medio das tributacións de 60 euros ó mes, agravará a xa delicada situación de autónomos e pequenas empresas, ademais de destruír postos de traballo.
1,7 millón de euros para o POS 2014
A corporación provincial aprobou por outra banda, coa abstención do Grupo Popular, destinar 1,7 millóns de euros a obras nos 67 Concellos da provincia a través do Plan de Obras e Servizos (POS) de 2014. Polo tanto, tendo en conta que os Concellos deben aportar o 50% das obras deste plan, o importe total dos proxectos que se executarán na provincia grazas ó POS 2014 ascende a 3,4 millóns de euros.
“A Deputación salvou o POS de 2012 e 2013, e volve a estar garantido neste 2014 grazas ó esforzo desta institución, que, a pesar da crise e dos problemas económicos, mantén a mesma cantidade que cando gobernaba o PP na Deputación en época de bonanza. Mentres, o Goberno de Rajoy volve a brillar pola súa ausencia, sendo o único que non cumpre”, explicou o voceiro provincial socialista e Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez. Ó eliminar a súa achega para o POS en 2012, “Rajoy adebédalle xa a esta provincia 9 millóns de euros”, apuntou.
Dos 1,7 millóns que a Deputación achega o POS, preto de 823.000 destinaránse a obras na rede viaria provincial e 960.000, a melloras nos Concellos, que as propias entidades locais deciden e solicitan. Martínez indicou que os criterios “transparentes e obxectivos” que rexirán o reparto dos fondos permiten que todos os municipios “teñan igualdade de oportunidades”. Os baremos son os seguintes: Cada concello recibirá un máximo de 10.000 euros; a poboación pesará un 40% na valoración; a superficie, un 20%; as entidades de poboación, un 25%; e o esforzo fiscal, un 15%.
Cambios no reparto da PAC
O Goberno provincial aprobou, cos votos en contra do PP, unha proposta na que esixe ó Goberno central e ó galego cambios nos criterios de reparto das axudas da PAC 2015-2020 para primar ós gandeiros e agricultores que realmente viven e traballan no campo galego. O Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos, destacou que os criterios fixados polo Executivo de Rajoy hai unha semana “crean dúas clases de xente: a que vive da PAC -os agricultores de sofá e os grandes terratenentes- e a que sobrevive da produción agrícola”. Isto prodúcese porque os preceptores das subvencións soamente teñen que demostrar que reciben o 20% dos seus ingresos da actividade agraria e poden recibir axuda cando soamente teñan unha vaca por hectárea de superficie dispoñible.
Santos indicou que se, en lugar de tomar como criterio fundamental as hectáreas, se tomase o número de gandeiros e produtores verdadeiramente activos, “Galicia recibiría o 16% do total estatal das axudas da PAC, en lugar do mísero e raquítico 3% que obtén agora”.
Por primeira vez dende a entrada de España na Unión Europea, os Estados tiveron nesta ocasión a liberdade de decidir como e a quen se dan as axudas da PAC, polo que a responsabilidade do reparto dos fondos é exclusivamente dos Gobernos do Estado e do autonómico. “Perdeuse unha oportunidade histórica para cortar o modelo de degradación dun sector vital para a provincia de Lugo”, argumentou Santos, ademais de poñer en evidencia “a dobre moral de Feijóo, que se comprometeu en Galicia a defender os intereses dos nosos gandeiros e agricultores, e chegou a Madrid e aceptou todo o que lle deron”.
A colaboración con UGT
O voceiro socialista do Goberno provincial explicou no Pleno, en resposta a unha pregunta do PP, que “a Xunta de Feijóo, tal e como figura no Diario Oficial de Galicia, concedeulle preto de 1,5 millóns de euros a UGT nos últimos tres anos, o que supón 60 veces máis do que a Deputación de Lugo lle deu a este sindicato entre os anos 2007 e 2013”. “O que fixo este Goberno provincial foi renovar a axuda que o Partido Popular lle concedeu na Deputación a este sindicato: a mesma cantidade e o mesmo fin. Por exemplo, léolle unha das facturas da etapa do PP: 3.734 euros para gastos de organización do congreso de UGT en decembro de 2005”, engadiu Manuel Martínez.
Deste xeito, subliñou o Deputado, “tan legais, procedentes e xustificadas están as axudas que vostedes lle daban na Deputación e que agora Feijóo lle dá na Xunta de Galicia a UGT, como as que damos nós. Exactamente igual”.
Martínez subliñou así mesmo que a “gran diferencia” entre os populares e este Goberno provincial é que “o PP e Feijóo teñen lagunas, nós damos todas as explicacións. Somos transparentes, algo que vostedes nin saben o que significa”. “Pasoulles aquí coa Operación Muralla, e pásalles agora con Marcial Dorado: vólvense opacos, esconden, tapan, móllanselles os papeis, non sabemos se coa auga do barco co que Feijóo navegou con Dorado”, asegurou o voceiro socialista, quen dixo estar esperando documentación da etapa do PP no Goberno da Deputación dende hai 14 anos.
O PP incumpre as regras
Por outra banda, o Presidente informou de que a ausencia da Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, durante a maior parte do Pleno provincial de hoxe debeuse a que este coincidiu coa sesión plenaria no Concello do que ela é edil, Antas de Ulla, gobernado polo Partido Popular. Deste xeito, afirmou Besteiro, o PP “incumpriu o acordo ó que chegamos ó inicio deste mandato entre todas as forzas políticas referido ó señalamento das datas dos plenos co fin de evitar a coincidencia das sesións dos concellos coas da Deputación”. “Este acordo non se cumpre, e espero que esta sexa a última vez que ocorre”, sinalou o Presidente.
Sentencia de Riotorto
Gómez Besteiro tamén deu conta ó Pleno do auto xudicial que sobresee todas as actuacións referidas ás obras da estrada Riotorto-Marco de Álvare, no que figura como denunciante o Partido Popular, a pesar de que o negara nun comunicado asegurando que fora a Fiscalía.
Número de becas: | 76 |
---|---|
Fecha de publicación: | 15 de enero de 2014 |
Plazo de presentación: | 1 de febrero de 2014 |
Convocatoria: | Resolución por la que se convocan las becas |
---|---|
Corrección errores | Resolución por la que se corrigen errores |
Corrección errores presentación solicitudes | Artículo 6 Punto 2.- Si se presenta personalmente en el Registro Auxiliar del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (MECD), Plaza del Rey, 1-planta 0, el horario del mismo es de 9 a 17,30 horas de lunes a viernes. Sábado cerrado. |
Corrección errores requisitos titulación | En el Anexo I. Modalidad A. Articulo 2. apartados d) f) g) h) i ) pagina 2450-2451, Debe decir, Conservadores-restauradores de bienes culturales: diplomado en conservación y restauración de bienes culturales, licenciado en Bellas Artes con desarrollo curricular en conservación-restauración, o título de Grado en Conservación-restauración. |
Bases reguladoras: | Bases reguladoras de la convocatoria (PDF 243 KB) |
Registro electrónico: | Orden que regula el registro electrónico (PDF 207 KB) |
Solicitud: | Conservación y Restauración (DOC 186 KB) |
---|---|
Solicitud: | Museología (DOC 192 KB) |
Solicitud: | Biblioteconomía y Documentación (DOC 172 KB) |
Solicitud: | Archivística (DOC 194 KB) |
Solicitud: | Gestión Cultural (DOC 166 KB) |
Solicitud: | Artes Plásticas y Fotografía (DOC 175KB) |
Presentación electrónica: | Acceso a la Sede electrónica |