Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Outubro, 2014”

Programa de formación dirixida a novos talentos.

En HP University podrás formarte de la mano de los mejores profesionales, contando con la colaboración de la Universidad Francisco de Vitoria y la Fundación Universidad-Empresa, aprenderás como trabajamos en la empresa tecnológica líder del mercado.

15 plazas para estudiantes de Ingeniería Informática, de Telecomunicación, e Industrial, Administración y Dirección de Empresas, y Márketing.

Es necesario poseer un nivel alto de inglés (mínimo B2), un buen expediente académico, y una edad máxima de 26 años (en febrero de 2015).

Dividido en tres fases:

  • reclutamiento y selección (noviembre y diciembre)
  • formación (febrero) e
  • incorporación laboral (marzo),

Este programa ofrece a l@s alumn@s más destacados, la posibilidad de iniciar su carrera profesional en HP España a partir de febrero de 2015.

La fase de selección incluirá tanto pruebas grupales como individuales.

La formación estará impartido por la Universidad Francisco de Vitoria y por HP y el contenido seguirá una estructura básica de tres módulos:

  • Formación Técnica.
  • Formación en Habilidades Profesionales.
  • Formación en Organización Empresarial y/o Estrategia de negocio.

Los alumnos seleccionados contarán con una ayuda de 500 euros.

Para máis información : http://www.fue.es/hpuniversity/index.asp

teléfono 91 548 99 49     

Advertisement

NOVAS SELECCIONADAS DO DOG DO 31 DE OUTUBRO DO 14

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

46044

Descargar PDF

b) Administración local

Concello de Ordes

46140

Descargar PDF

A Xunta impulsa unha Lei de economía social que dará maior representación ás 7.000 entidades que existen en Galicia e potenciará as cooperativas xuvenís

Feijóo afirma que esta norma busca regular a representación dun sector que cada vez ten un peso máis importante non só social senón tamén económico; persegue facilitar estas fórmulas como instrumento útil para mellorar a economía de Galicia; e, sobre todo, fomenta o carácter social destas entidades

O titular da Xunta destaca a posibilidade de que os mozos poidan crear cooperativas con capitais inferiores aos actuais: “O capital social mínimo será de 300 euros, cando ata agora o capital social mínimo era de 3.000 euros”, di

Santiago, 30 de outubro de 2014.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o inicio da tramitación da Lei de economía social que dará maior representación ás 7.000 entidades que existen en Galicia e potenciará as cooperativas xuvenís. “Unha norma –dixo- que busca regular a representación dun sector que cada vez ten un peso máis importante non só social senón tamén económico; que persegue facilitar estas fórmulas como instrumento útil para mellorar a economía de Galicia; e, sobre todo, que fomenta o carácter social destas entidades, que deben ser coñecidas e valoradas”.

No tocante ao primeiro aspecto, Feijóo explicou que a nova norma garante a representación dun sector que engloba a 7.000 entidades, pero que ata agora se atopaba moi disperso, pola diversidade das entidades que o conforman: cooperativas, sociedades laborais, asociacións e fundacións con actividade económica, comunidades de montes veciñais en man común, confrarías de pescadores, sociedades agrarias de transformación, ou empresas de inserción e centros especiais de emprego.

Diante deste panorama, o titular da Xunta subliñou que un dos primeiros obxectivos da Lei será o impulso de estruturas representativas e de presenza institucional, que permitan recoñecerlle ao sector o peso específico que lle corresponde pola súa presenza na sociedade galega, e permitíndolle así participar nos foros onde se deseñan as políticas que lles afectan.

Con este propósito, a normativa creará o Consello da Economía social de Galicia, composto por representantes da Administración autonómica (10), da economía social (11), da Fegamp (1) e das universidades de Galicia (1), e que coordinará as actuacións para o fomento e promoción destas entidades, e velará pola axeitada aplicación dos principios da economía social en xeral, e da lei en concreto.

O novo texto pretende tamén fomentar estas fórmulas como instrumento útil desde o punto de vista económico. Así, recolle o obxectivo de promover instrumentos de financiamento orientados ao lanzamento de novos proxectos de emprendemento colectivo, tales como programas de microcréditos e fondos de capital risco; e impulsa a figura da cooperativa xuvenil, é dicir, cooperativas constituídas maioritariamente por mozos de entre 16 e 29 anos.

Entre as medidas para impulsar as cooperativas xuvenís, Feijóo destacou a posibilidade de que os mozos podan crear cooperativas con capitais inferiores aos actuais. “Así, o capital social mínimo será de 300 euros, cando ata agora o capital social mínimo era de 3.000 euros”, explicou.

Outro dos obxectivo da lei é, segundo abundou o responsable do Goberno galego, fomentar o carácter fundamental das entidades ás que vai dirixida, que é o seu carácter social. E, para acadar este fin, o documento contén dúas medidas: medidas para propiciar o seu coñecemento e valoración por parte da sociedade desde o principio, incluíndo a introdución da economía social nos plans de estudos, en particular, nos niveis previos ao acceso ao mundo laboral e na formación para o emprego, co fin de estimular o emprendemento xuvenil.

Para estimular estas entidades e os seus valores sociais, a normativa tamén contempla a promoción da introdución de cláusulas sociais que favorezan a participación destas entidades na contratación pública.

“En definitiva, seguimos cumprindo co calendario lexislativo a través dunha Lei de economía social que recoñeza o peso das 7.000 entidades que existen en Galicia vinculadas a este sector; que facilite o seu financiamento e con carácter concreto impulse as cooperativas xuvenís; que introduza a economía social na educación pública; e que tamén a Administración conte con elas, a través de introdución de cláusulas sociais nos contratos públicos, tal e como acordamos no Parlamento”, aseverou.

Feijóo concluíu destacando o esforzo do Goberno galego para cumprir coa actividade lexislativa comprometida para esta lexislatura. En total, no que vai de lexislatura téñense aprobado ou estanse tramitando no Parlamento un total de 18 leis, que teñen servido para intentar mellorar o impulso económico –Lei de telecomunicación, Lei de innovación, Lei do solo-; mellorar os servizos sociais públicos esenciais –Lei de universidades, Lei de inclusión social, Lei de garantías de prestacións sanitarias-; e para continuar avanzando na reforma da Administración pública, como por exemplo coa Lei de racionalización.

NOVAS SELECCIONADAS DO BOP LUGO DO DÍA 31 DE OUTUBRO DO 14

NOVAS SELECCIONADAS DO BOE DO DÍA 31 DE OUTUBRO DO 14

ADMINISTRACIÓN LOCAL
Personal funcionario y laboral

A Deputación impulsa o emprendemento na Mariña

– Deputación e Empresarias de Lugo ofrecen formación gratuíta a 15 desempregados para abrir novos negocios. Aberta a solicitude en 982-226-991 ou empresariaslugo@gmail.com.
– Lara Méndez salientou que “a Mariña é unha das rexións nas que máis interese espertan os nosos cursos. O 25% das solicitudes do I Pacto polo Emprego foron desta Comarca”
– A Vicepresidenta animou ós mariñanos a apuntarse a partires da semana próxima nas novas 72 accións formativas para máis de 1.000 desempregados do II Pacto polo Emprego

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a Presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias da provincia de Lugo (AELU), Beatriz Varela, presentaron este mércores no municipio viveirense o programa gratuíto Deseña o teu plan de negocio. Trátase dunha acción formativa para 15 desempregados lucenses, que impulsa o papel emprendedor na Mariña. Esta iniciativa está financiada polo organismo provincial a través dun convenio con AELU por valor de 60.000 euros.

Lara Méndez destacou que “debemos seguir apostando pola muller como nova empresaria, creando negocios que axuden a buscar novas vías de futuro para a provincia e para as familias”. A Vicepresidenta lembrou que grazas ao convenio de colaboración coa asociación de mulleres púxeronse en marcha outras iniciativas como o Banco de Tempo. É o portal virtual que “favorece a colaboración entre mulleres e favorece a creación de traballo, nun momento no que o paro en Galicia supera o 21%”, salientou. María Loureiro agradeceu a Deputación o compromiso que ten co Concello e destacou que “as mulleres da Mariña foron sempre un dos piares fundamentales das familias. Pola súa banda, Beatriz Varela afirmou que “a muller lucense é muller emprendedora” e que por iso “debemos seguir traballando xuntos para animar as nosas mulleres a seguir emprendendo”.

Esta nova acción formativa, completamente gratuíta para as participantes, celebrarase na aula telecentro do claustro de San Francisco, entre os días 6 e 27 de novembro, de 16:00 a 20:00 horas. Deseña o teu plan de negocio ofrece 50 horas de formación en aspectos como o plan de empresa, as estratexias para a busca de financiamento, as características do mercado ou a descrición dos produtos e servizos que unha empresa debe ofrecer.

O prazo de inscrición está aberta no teléfono 982-226-991 ou en empresariaslugo@gmail.com. As inscricións formalizaranse por rigorosa orde de solicitude.

II Pacto Provincial polo Emprego
Lara Méndez destacou que “a Mariña é unha das rexións nas que máis interese espertan os cursos da Deputación, que contan sempre cun grande número de participantes”. Méndez explicou que, por exemplo, no I Pacto Provincial polo Emprego rexistráronse, só na Mariña, o 25 % de todas as solicitudes presentadas, sendo o Concello de Viveiro o que estivo á cabeza. A Vicepresidenta valorou positivamente este dato e destacou que “co I Pacto Provincial polo Emprego conseguimos incorporar ao mercado laboral a 100 dos 540 participantes, o que significa unha inserción do 20%”. Por este motivo, Lara Méndez animou ás veciñas e veciños a participar na segunda edición do Pacto Provincial polo Emprego, que contará con 72 accións formativas para máis de 1.000 desempregados da provincia de Lugo.

NOVAS SELECCIONADAS DO DOG DO DÍA 30 DE OUTUBRO DO 14

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

45904

Descargar PDF

Concello de Viveiro

45985

Descargar PDF

Objetivo: Internacionalización

El Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), con la colaboración del Club Financiero de Vigo y de esta Confederación, organiza un nuevo encuentro empresarial, en esta ocasión en Foz, para analizar la importancia y las posibilidades de “Internacionalización” como “apuesta para la competitividad de las empresas gallegas”.

Este encuentro, que se celebrará en formato desayuno de trabajo, tendrá lugar el martes 4 de noviembre en horario de 10:00 a 12:00 horas en el CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña), ubicado en la Avda. de Ribeira s/n en Foz. Contará con las intervenciones de Javier Aguilera, Director General del Igape, que informará sobre los “Instrumentos de apoyo a la Internacionalización” articulados desde la Administración Autónomica, así como de los responsables de las empresas Innolact (Quescrem), Muebles Hermida y Construdata21 SA, que explicarán las posibilidades que ofrece la salida a mercados exteriores desde su experiencia (al final de esta entrada se puede descargar el programa completo en pdf).

A través de estos encuentros se busca invitar al debate, la búsqueda de soluciones, presentación de ideas, relaciones y colaboración entre el tejido empresarial local, el regional y la administración. Como objetivo final, se pretende seguir avanzando en la difusión de la cultura de internacionalización entre las pymes para procurar que las exportaciones gallegas continúen creciendo en los próximos años.

MÁS INFO E INSCRIPCIONES

NOVAS SELECCIONADAS BOP LUGO DÍA 30 DE OUTUBRO DO 14

NOVAS SELECCIONADAS NO BOE DO 30 DE OUTUBRO DO 14

UNIVERSIDADES
Cuerpos docentes universitarios
  • Resolución de 30 de septiembre de 2014, conjunta de la Universidad de Salamanca y de la Consejería de Sanidad de la Junta de Castilla y León, por la que se convoca concurso de acceso a plazas vinculadas de cuerpos docentes universitarios.
    MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL
    Convenios colectivos de trabajo
    • Resolución de 20 de octubre de 2014, de la Dirección General de Empleo, por la que se corrigen errores en la de 7 de julio de 2014, por la que se registra y publica el Convenio colectivo de Serviabertis, SL.
      MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE
      Ayudas
      • Corrección de errores de la Orden AAA/1904/2014, de 8 de octubre, por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas a la innovación y desarrollo tecnológico del sector de la pesca y de la acuicultura.
        MINISTERIO DE ECONOMÍA Y COMPETITIVIDAD
        Ayudas
        • Resolución de 13 de octubre de 2014, de la Secretaría de Estado de Investigación, Desarrollo e Innovación, por la que se declara el crédito disponible para la convocatoria Retos-Colaboración publicada por la Resolución de 13 de diciembre de 2013.
          Becas
          • Resolución de 9 de octubre de 2014, de la Presidencia de la Agencia Estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas, por la que se modifica la de 18 de julio de 2014, por la que se conceden becas de introducción a la investigación para estudiantes universitarios, en el marco del Programa “Junta para la Ampliación de Estudios”.

Navegación de artigos