ANUNCIO sobre convocatoria de praza de técnico de Administración xeral.
No BOP de Pontevedra do 23 de maio de 2012, publicáronse o texto íntegro das bases e mais a convocatoria para cubrir unha praza de técnico de Administración xeral, grupo A1, escala de Administración xeral, subescala técnica, polo sistema de oposición, en quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Lalín, 24 de maio de 2012.
Xosé Crespo Iglesias
Alcalde
ORDE do 23 de maio de 2012 pola que se modifica a do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social e se procede á súa convocatoria, cofinanciada polo Fondo Social Europeo 2007/2013.
A Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social e se procede á súa convocatoria, cofinanciada polo Fondo Social Europeo 2007/2013 (DOG n.º 15, do 23 de xaneiro de 2012), establece no seu artigo 4 que na concesión destas subvencións se destina a cantidade de 585.000 euros a cargo da aplicación orzamentaria 12.08.313C.481.6.
Ao existir outras dotacións dispoñibles para o mesmo fin procedentes de remanentes incorporados ao presente exercicio, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás subvencións que poderán ser concedidas ao abeiro da dita orde coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posible.
Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,
DISPOÑO:
Artigo único.
Primeiro. Ampliar o importe total das subvencións que se van conceder ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social e se procede á súa convocatoria, cofinanciada polo Fondo Social Europeo 2007/2013 na contía total de 14.559,72 euros con cargo á aplicación orzamentaria 12.08.313C.481.4
Segundo. Esta ampliación de crédito suporá un importe total de 599.559,72 €.
Terceiro. Esta modificación non afecta o prazo establecido na orde para a presentación de solicitudes.
Disposición derradeira.
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2012.
Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar
A Consellería incentiva o I+D+i con subvencións á realización de proxectos piloto dirixidos á adquisición e difusión de novos coñecementos técnicos
Na baremación dos proxectos terase en conta a contratación de persoas que remataran os seus estudos nos últimos 18 meses de persoas que perdesen o seu emprego nos últimos 18 meses e tamén aquelas maiores de 40 anos que estean inscritas no Servizo Galego de Colocación.
Santiago, 30 de maio de 2012.- A Consellería do Medio Rural e do Mar destinará 2 millóns de euros a subvencionar a realización de proxectos innovadores dirixidos á adquisición e difusión de novos coñecementos técnicos no sector pesqueiro. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases reguladoras para a concesión destas axudas coas que se pretende incentivar o I+D+i no ámbito da pesca, o marisqueo e a acuicultura.
Estas axudas teñen como obxecto de financiamento as iniciativas destinadas a comprobar a viabilidade técnica ou económica dunha tecnoloxía innovadora. Tamén contribúen ao financiamento de iniciativas para desenvolver e probar métodos para mellorar a selectividade das artes de pesca, reducir as capturas accesorias, os descartes ou o impacto ambiental no fondo mariño. Ademais son obxecto de axudas a realización de probas sobre plans de xestión ou de asignación do esforzo pesqueiro, incluso de zonas de veda, co obxecto de avaliar as consecuencias biolóxicas e financeiras e a repoboación experimental.
Os proxectos deberán acompañarse dun seguimento científico, a fin de producir resultados significativos. Este seguimento deberá ser realizado por un organismo público como o Instituto Español de Oceanografía (IEO), o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), os centros científicos dependentes da Consellería do Medio Rural e do Mar ou a Universidade.
Os beneficiarios poden ser empresas ou unións temporais de empresas, asociacións empresariais, organizacións de produtores pesqueiros, confrarías, cooperativas, centros tecnolóxicos ou calquera outro organismo de investigación e desenvolvemento con participación privada maioritaria sempre que teñan a súa sede social en Galicia e realicen a súa actividade nesta comunidade.
A diferenza das bases anteriores, este ano na baremación dos proxectos terase en conta a contratación de persoas que remataran os seus estudos nos últimos 18 meses. Ademais puntuará, como xa se fixo o ano pasado, que se contrate a persoas que perdesen o seu emprego nos últimos 18 meses e tamén aquelas maiores de 40 anos que estean inscritas no Servizo Galego de Colocación
O prazo de presentación das solicitudes para esta convocatoria será de 45 días dende mañá. Os interesados poden consultar a documentación e requisitos de presentación no Diario Oficial de Galicia de hoxe.
A empresa de traballo temporal RANDSTAD de Lugo solicitoume o seguinte perfil:
MECÁNICO CON FP2 EN AUTOMOCIÓN E CUN MÍNIMO DE DOUS ANOS DE EXPERIENCIA NO SECTOR “TALLER DE AUTOMOCIÓN” (OS QUE NON CUMPRAN OS REQUISITOS ESCUSAN MANDAR O CV)
CONDICIÓNS:
HORARIOS: SEMANA 1 MAÑA DE 8.15 A 14.30 DE LUNS A VENRES.
SEMANA 2: DE 14.30 A 20.45 DE LUNS A VENRES E OS SÁBADOS DE 08.15 A 14.30.
A DURACIÓN DO CONTRATO DEPENDE DA VACANTE DO 16.07.2012 AO 13.10.2012
INTERESADOS/AS PÓRSE EN CONTACTO EN RANDSTAD LUGO