Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Febreiro, 2013”

Empresas xermanas seleccionarán a enxeñeiros en Barcelona.

EURES anuncia a celebración dunha xornada de portas abertas en Barcelona o próximo 7 de marzo.

Ao través desta iniciativa, máis de 20 empresas xermanas entrevistarán a enxeñeiros e varias entidades informaran de axudas dispoñíbeis.

Se queres acudir a estas xornadas, debes levar varias copias impresas do teu currículo e carta de presentación (en alemán e/ou inglés).

Tes toda a información aquí.

 

Advertisement

O ‘faino ti mesmo’ chega ó Centro de Artesanía e Deseño con cursos de transformación de roupa e restauración de mobles nos Concellos de Lugo, Monforte, Xermade, Cervantes e Ribadeo

Regina Polín presentou esta mañá unha nova tempada cursos do CENTRAD que combinarán ensinanzas propias de oficios tradicionais con técnicas de carácter máis práctico para aprender a tranformar e dar novos usos a obxectos cotiás usados ou vellos

Serán 19 obradoiros con máis de 160 prazas dispoñibles e máis de 700 horas de formación en materias coma xoiería, costura, restauración de mobles, coiro, cestaría ou madeira, que se celebrarán nos Concellos de Lugo, Monforte, Xermade, Cervantes e Ribadeo

O prazo de inscrición comeza hoxe e rematará cinco antes do comezo de cada curso. Máis información en www.deputacionlugo.org ou no teléfono 982 210 066

FOTO_O 'faino ti mesmo' chega ó Centro de Artesanía e Deseño con cursos de transformación de roupa e restauración de mobles

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, presentou esta mañá unha nova tempada de cursos do CENTRAD que, por primeira vez, combinarán ensinanzas propias de oficios tradicionais, coma a cestaría ou o tear, con outras técnicas actuais de marcado carácter práctico, coas que os alumnos poderán aprender a transformar e dar novos usos a obxectos cotiás usados ou vellos, coma mobles ou roupa.

“Arranxa ás túas prendas”, “Decora a túa roupa”, “Iniciación ó patchwork” e “Restauración de mobles” son algún destes novidosos cursos cos que os participantes poderán dar un novo aspecto ás súas prendas e fogares. Tal e como destacou Polín “todos temos obxectos nas nosas casas que aínda poden ofrecer novos e variados usos. En tempos de crise hai que botar man da imaxinación”. Pero tamén haberá outras accións formativas coma “Técnicas básicas de xoiería” ou “Modela as túas propias xoias”, coas que poder iniciarse na fabricación de xoias empregando materiais nobres ou pastas modelables. Igualmente, os lucenses que dispoñan de xardín ou horto poderán darlle un aspecto coidado ó tempo que protexen os seus cultivos facendo peches ou adornos con vimbio grazas a “Decoración de hortos e xardíns con vimbio”.

Estes son algúns dos 19 cursos que a Deputación porá en marcha no Centro de Artesanía e Deseño, situado en Lugo, e noutros Concellos da provincia. Tendo en conta a intención dos responsables provinciais de descentralizar a formación, algún destes cursos celebraranse en Monforte, Xermade, Ribadeo e Cervantes, onde se impartirá un curso de tear no que se usarán teares tradicionais restaurados polos artesáns do CENTRAD . Durante o acto de presentación, Polín subliñou a importancia de que o maior número posible de lucenses teñan a oportunidade de acceder á formación en técnicas artesanais, posto que este é un sector “de xeración de emprego de primeiro nivel, especialmente no rural”. Precisamente para que ninguén quede fóra desta formación, os responsables provinciais fixeron un esforzo para reducir os prezos de matrícula á metade con respecto a anteriores edicións. “Despois desta rebaixa, o prezo resultante de cada hora de formación é de só 0,50 euros”, tal e como destacou a Deputada da Área.

163 prazas para 19 cursos

Os 19 cursos programados darán comezo o vindeiro día 9 de marzo e desenvolveranse ata finais do mes de xuño. Son en total 760 horas de formación centradas en técnicas coma xoiería, téxtil, coiro, cestaría, cerámica e madeira.

No Centro de Artesanía e Deseño celebraranse os cursos “Iniciación á xoiería. Técnicas básicas”; “Xoiaría experimental”; “Modela as túas xoias”; “Construción de caixas de coiro”; “Iniciación ó coiro”; “Iniciación ó patchwork”; “Arranxa as túas prendas”; “Perfeccionando a túa técnica de tecido”; “Decora a túa roupa”; Escultura cerámica” e “Restauración de mobles”. No Centro de Cestaría do río Rato será o escenario de “Recuperando o pasado. Bandexas de vimbio”; “Cestaría de xuncos”; “Decora o teu xardín con vimbio” e “A arte de cestear. Esculturas en vimbio”.

Fóra de Lugo serán os cursos “Aprendendo a tecer en tear tradicional”, que se celebrará no interior dunha das pallozas tradicionais do Concello de Cervantes; “Feltro”, en Monforte de Lemos; “Torneado de madeira” na Aldea Artesán A Fraga, no Concello de Xermade, e “Cestaría de reciclaxe” na Casa do Mar de Ribadeo.

Máis información

O prazo de solicitude destes cursos comeza hoxe mesmo e rematará cinco días antes da data do comezo de cada obradoiro, tendo preferencia todos aqueles solicitantes que non realizaran estes mesmos cursos nos dous últimos anos, en cuxo caso terán que agardar a que queden prazas vacantes. A matrícula para estes cursos farase online. Para elo, os interesados terán que acceder á páxina www.deputacionlugo.org, na que poderán atopar o modelo de solicitude para formalizar a inscrición, que deberán encher cos seus datos. Unha vez cuberto este formulario de inscrición, a aplicación informará ó interesado se está admitido ou se, pola contra, está en lista de espera.

Cada alumno poderá participar nun único curso por tempada, agás no caso de que resten prazas vacantes noutros cursos unha vez pechado o prazo de inscrición. Os alumnos que cumpran a totalidade de horas do curso ou ben só faltaran, xustificadamente, un 10% da carga horaria do mesmo, poderán obter os correspondentes diploma e certificación de asistencia.

Para obter máis información sobre datas, horarios, prezos de matrícula e inscricións, os interesados poden consultar a páxina web anteriormente citada, chamar ó teléfono 982 210 066 ou ben achegarse ata as instalacións do CENTRAD (Travesía Rúa Chantada, s/n)

ABERTA A INSCRICIÓN NO PLAN FÓRMATE EN VERDE, CO QUE A DEPUTACIÓN FORMARÁ GRATIS A 900 PERSOAS NO SECTOR AGROPECUARIO E FORESTAL

 

Os interesados deben entrar en www.deputacionlugo.org escoller a actividade na que queren formarse –agricultura ecolóxica, gandería ecolóxica ou xestión forestal sostible-, cubrir o formulario de inscrición correspondente e envialo directamente dende a mesma web

Os cursos comezarán en marzo, de maneira progresiva, a medida que se vaian cubrindo as prazas dispoñibles do programa

Os participantes recibirán formación, prácticas reais nunha explotación consolidada e asesoramento técnico especializado para crear, reconverter ou diversificar a súa empresa

Escolle o sector no que queres formarte e inscríbete:

 

 

A Deputación de Lugo abriu este luns o prazo de inscrición no seu novo plan de emprego Fórmate en Verde, a través do dará formación e asesoramento técnico especializado, de maneira totalmente gratuíta, a 900 lucenses para que creen ou reconvertan empresas vinculadas á agricultura e á gandería ecolóxica, así como ó aproveitamento forestal sostible. Para anotarse, as persoas interesadas deben entrar na páxina web www.deputacionlugo.org escoller a actividade na que queren formarse, cubrir o formulario de inscrición correspondente e envialo directamente dende a propia web. Os cursos comezarán o vindeiro mes de marzo, de maneira progresiva, a medida que se vaian cubrindo as prazas dispoñibles do programa. Os participantes recibirán formación, prácticas reais nunha explotación consolidada e asesoramento técnico especializado para crear, reconverter ou diversificar a súa empresa.

Desta oportunidade de futuro poden beneficiarse desempregados, emprendedores, mozos, agricultores, gandeiros e estudantes de toda a provincia, excepto os censados no Concello de Lugo, pois son destinatarios doutros programas europeos.

Por toda a provincia

A Deputación descentralizou as accións formativas en función do peso específico de cada rama obxecto do programa nas comarcas lucenses. Deste xeito, a vinculada á xestión forestal impartirase na Mariña, unha zona que concentra o 30% das empresas lucenses dedicadas ó sector da madeira.

Seguindo este mesmo criterio, as actuacións vinculadas á gandería ecolóxica terán lugar na zona centro da provincia, dado o importante número de explotacións de carne ou leite coas que contan os concellos das comarcas de Lugo, Terra Chá e A Fonsagrada. Cada municipio conta con entre 400 e 1.000 explotacións. O centro de referencia da formación será a Granxa Gayoso Castro.

Polo que respecta á agricultura ecolóxica, as accións desenvolveranse na Zona Sur, tendo en conta que nas comarcas de Chantada ou Lemos a superficie dedicada ó cultivo é de entre o 30 e o 50%, e que Monforte alberga a sede do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). Neste caso, o Pazo de Tor será o centro de referencia.

Formación, práctica e asesoramento

O plan de emprego Fórmate en Verte, con un ano de duración, ten tres eixos:

– Formación: que poderá ser presencial, a distancia ou mixta, e impartirase entre os meses de marzo e outubro.

– Visitas prácticas a empresas xa consolidadas dos sectores agropecuario e forestal.

– E, posteriormente, asesoramento técnico especializado a tódolos participantes para crear empresas no rural vinculadas ós sectores forestal, gandeiro e agrícola. As persoas que queiran reconverter a súa explotación, diversificar a súa actividade ou ben poñer en marcha unha nova empresa, contarán con asesoramento continuo e especializado, dende a mesma concepción da idea, ata a súa saída ó mercado. Terán ademais á súa disposición unha canle de comercialización: a plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com da Deputación que conta hoxe con 80 empresas e 400 produtos e servizos.

TRABALLO EN NORUEGA

Traballo en Noruega para executivos de marketing, de procesado de imaxe e para gandeiro.

Ao través da rede Eures,  procuran dous executivos  de marketing, un técnico de laboratorio para procesado de imáxes e un gandeiro para varias empresas de Noruega. É importante que envar CV cuanto antes xa  que o prazo para optar a un destes postos remata o  1 de marzo.

Na oferta sobre executivos de marketing,  requíres de titulación académica, mentalidade comercial, experiencia en marketing on line, dominio de inglés e dalgunha outra lingua, ademáis de habilidades informáticas en distintos programas. As persoas interesadas deben enviar o currículum a jz@cinevation.net . Copuy to pergarrf@jcyl.es REF. Marketing Executive.

En canto ao técnico de laboratorio para procesado de imáxes,  precísase  unha persoa con formación universitaria de carácter técnico, dominio de inglés e dispoñibilidade para viaxar, entre outros requisitos. Neste caso, o currículum  débese enviar a jz@cinevation.netCopy to pergarrf@jcyl.es REF.Lab Manager.

E finalmente, procúrase empregado de gandería vacuna en Noruega que debe ter experiencia previa no coidado deste tipo de animais. Neste caso, o currículum  débese enviar a leiv.ljoterud@gmail.com Copy to pergarrf@jcyl.es REF. Farm worker.

Lembrade enviar o voso currículum en todos os casos en inglés para poder optar a estes traballos en distintas empresas de Noruega.

OFERTA PARA VIVEIRO

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de Dependente/a de telefonía para Viveiro publicada en Laboris.

OFERTAS DO S.P.E.G.

Picando nesta ligazón podes ve ofertas actualizadas no Servizo Público de Emprego.

Oportunidade de traballo para soldadores, fresadores e torneiros na Franza

Unha empresa do sector aeronáutico, que se chama PME, publicou varias oportunidades de traballo ao través da rede Eures nas que se solicitan profesionais soldadores, fresadores e torneiros para incorporarse á súa plantilla. Esta oferta   xestionouse dende a delegación de Eures en Guipúzcoa,  e ten de data máxima para enviar a vosa candidatura o próximo 25 de febreiro.

O interesante desta oferta é que entre os requisitos,  reclámase que os candidatos teñan un coñecemento básico de francés, sendo o abano de posibilidades máis amplo.

Máis información sobre as ofertas concretas nas seguintes ligazóns:

ANUNCIO das bases que rexen a convocatoria para a selección dunha praza de policía local incluída na oferta de emprego público de 2010.

CONCELLO DE SANTA COMBA

ANUNCIO das bases que rexen a convocatoria para a selección dunha praza de policía local incluída na oferta de emprego público de 2010.

A Xunta de Goberno Local, en sesión do 8 de novembro de 2012, aprobou a convocatoria e bases da praza vacante no cadro de persoal deste concello abaixo indicado.

Praza de funcionario de carreira, de acordo coa oferta de emprego público deste concello para 2010 (publicada no BOP da Coruña do 28 de xaneiro de 2011), polo procedemento de selección de oposición e acceso turno libre, do grupo C, subgrupo C1, dos establecidos no artigo 76 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, da escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local, denominación policía local.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da última publicación dos tres anuncios da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia.

O anuncio extenso da convocatoria publicouse no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 226, do 27 de novembro de 2012. As correccións e as sucesivas publicacións faranse no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios do Concello.

Santa Comba, 16 de xaneiro de 2013

Antonio M. Landeira Gallardo
Alcalde presidente

Feijóo refírese á formación como “clave da superación da crise” e destaca para este 2013 unha achega de 40 millóns en formación para desempregados

No eido da discapacidade, lembra que o Plan para as Persoas con Discapacidade mobilizou, na pasada lexislatura, máis de 45 millóns de euros para programas destinados á inserción laboral

Refírese aos alumnos de Averhó como un exemplo para a sociedade galega, cuxas biografías admirables deberán ser referencia obrigada para os pesimistas: “Aquí non hai resignación; aquí non se sente derrotismo”

A Coruña, 19 de febreiro de 2013.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse, hoxe, á formación como “clave da superación da crise económica” e destacou para este ano 2013 unha achega de 40 millóns de euros en formación para desempregados. “Queremos seguir apoiando a formación, clave do futuro, e por iso imos adicar 40 millóns de euros para a formación de persoas desempregadas, para que o emprego empece a moverse e se xeren postos de traballo”, aseverou.

Así mesmo, Feijóo, que presidiu o acto de entrega de diplomas aos alumnos da primeira promoción 2010-2012 do Programa de Alta Especialización en Animación 3D da Fundación Averhó, afirmou que o Goberno galego seguirá traballando para limitar na medida do posible os obstáculos da discapacidade, como proba o Plan para as Persoas con Discapacidade que, na pasada lexislatura, mobilizou máis de 45 millóns de euros para programas destinados á inserción laboral de persoas con discapacidade.

“E seguiremos facendo as infraestruturas que non se ven pero que son clave para a competitividade da nosa economía, como son as infraestruturas tecnolóxicas. E, neste senso, a Axenda Dixital de Galicia, a pesares da crise económica, ten o compromiso de investir 1.600 millóns de euros, que nos permitirán saír ao final da crise reforzados cun territorio máis competitivo, onde o acceso a internet nas cidades sexa moito máis rápido e onde a banda larga chegue ás aldeas e aos lugares máis recónditos de Galicia”, engadiu.

Feijóo referiuse aos alumnos de Averhó como un exemplo para sociedade galega, “cuxas biografías admirables deberán ser referencia obrigada para os pesimistas”. “Detrás de todos vós hai historias de superación persoal. Aquí non hai resignación; aquí non se sente derrotismo. Que teñades chegado ata aquí, como especialistas nunha materia de futuro como o audiovisual, e como a animación 3D, proba que ningunha limitación supón un freo definitivo para vós. Nin ser mozos, nin ter algunha discapacidade vos ten impedido conseguir a maioría dos obxectivos”.

O presidente do Goberno galego concluíu asegurando que toda a sociedade pode ver reflectidos nestes mozos e mozas os seus mellores valores. “A vosa forza e a vosa constancia son un motor para que a marcha da nosa terra non se deteña”, sentenciou.

BASES QUE REXERÁN A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DE RIBADEO PARA POSTOS DE TRABALLO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR.-

BASES QUE REXERÁN A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DE RIBADEO PARA  POSTOS DE TRABALLO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR.-

 

Para máis información pica aquí

Navegación de artigos