Información económica e liñas de axuda
A través desta plataforma achegamos información sobre a actividade económica e laboral en Galicia na actual situación en relación co coronavirus, con especial atención aos diferentes programas de axudas aprobados e as medidas en materia de emprego e seguridade e saúde laboral.
Axudámosche!
AXUDAS ECONÓMICAS
A Administración autonómica traballa co principal obxectivo de garantir a saúde dos galegos e galegas, ao tempo que se desenvolven os apoios precisos para que o tecido empresarial poida facer fronte o mellor posible á situación actual.
Neste contexto aprobáronse as seguintes liñas de apoio:
LIQUIDEZ
INXECCIÓN INMEDIATA DE LIQUIDEZ para o tecido empresarial, con especial atención a autónomos e pemes, a través dunha liña de financiamento que permita mobilizar 250M€.
Máis información aquí: http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP393
APRAZAMENTO DAS COTAS de amortización e xuros da liquidación de todos os préstamos formalizados coa Xunta de Galicia e que mobilizan 265M€.
Máis información aquí: http://www.xesgalicia.es/
INDUSTRIALIZACIÓN
LIÑA DE FINANCIAMENTO DE 10M€ PARA REESTRUTURACIÓN de procesos produtivos nas empresas para fabricar equipos de protección e desenvolver solucións innovadoras para combater o coronavirus.
Máis información aquí: http://www.xesgalicia.es/gl/content/activada-unha-lina-de-financiamiento-para-producir-material-de-proteccion-ante-o-coronavirus
INNOVACIÓN
A Axencia Galega de Innovación (Gain) activou unha chamada para a identificación das capacidades do sistema galego de innovación no eido do coronavirus, buscando solucións innovadoras para desenvolver de xeito inmediato ou que estean próximas á súa implementación. Entre outras cousas, dispositivos de intervención ou tratamento, solucións para fabricación de ventiladores ou equipos de protección individual.
A Axencia Galega de Innovación está agora realizando unha primeira selección para atopar solucións de interese.
Máis información aquí: http://gain.xunta.gal/artigos/432/investigacion+innovacion+fronte+ao+coronavirus
SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL
A prioridade da Xunta é velar pola saúde dos traballadores e traballadoras que teñen que acudir aos seus centros de traballo nestes días.
As recomendacións básicas inclúen:
- reforzar as medidas de hixiene individuais (lavar as mans, hixiene ao tusir),
- intensificar a limpeza e hábitos hixiénicos no traballo (non compartir obxectos, ventilar o centro de traballo, limpar superficies e obxectos),
- e establecer medidas para evitar o contacto próximo.
En función das características concretas da actividade é necesario adoptar medidas preventivas específicas.
Máis información aquí: issga.xunta.gal
REGULACIÓN DO EMPREGO
A Administración autonómica está traballando desde a máxima cooperación con todos os axentes económicos e sociais a través dunha comisión –liderada por Sanidade– que está a facer un seguimento da situación actual, sempre en coordinación co Goberno de España e o resto de CCAA.
Empresarios e sindicatos deben apelar ao diálogo e o consenso, para establecer, na medida do posible, modalidades de traballo baseadas na flexibilidade, reorganización laboral e o teletraballo.
- Información sobre ERTES por forza maior, en relación co COVID-19: Enlace ao PDF
- Información sobre ERTES por causas produtivas: Enlace ao PDF
OFICINAS DE EMPREGO
Como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 as oficinas de emprego pecharon ao público pero continúan traballando, ofrecendo atención telefónica e telemática para os trámites máis urxentes.
En todo caso, non será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril de 2020.
Máis información aquí: https://emprego.xunta.gal/portal/gl/
PREGUNTAS FRECUENTES E INFORMACIÓN PRÁCTICA
PREGUNTAS FRECUENTES E INFORMACIÓN DE UTILIDADE
Achegamos información sobre algunhas das consultas máis frecuentes no ámbito empresarial e laboral na actual situación polo coronavirus.
OUTRA INFORMACIÓN DE UTILIDADE
Aquí podes atopar información de utilidade sobre distintos aspectos.
- Información sobre ERTES por forza maior, en relación co COVID-19: Enlace ao PDF
- Información sobre ERTES por causas produtivas: Enlace ao PDF
TELÉFONO GRATUITO PARA EMPRESAS DE 09:00 A 18:00
900815600