Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Setembro, 2009”

NOVAS DE INTERESE NO DOG

CONSELLERÍA DE MEDIO
AMBIENTE, TERRITORIO
E INFRAESTRUTURAS
Orde do 28 de setembro de 2009 pola que
se amplía o prazo dos artigos 3.1º e 13.1º
da Orde do 27 de febreiro de 2009 pola
que se convoca e se regula o réxime de
concesión de axudas a pemes de Galicia
para o financiamento de investimentos
encamiñados á redución de emisións de
gases de efecto invernadoiro.

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Orde do 1 de setembro de 2009 pola que se
convocan unidades de competencia e prazas
para o recoñecemento, a avaliación, a acreditación
e a certificación da competencia
profesional, e se determina o correspondente
procedemento experimental.

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Orde do 23 de setembro de 2009 pola que se
aproba a convocatoria de subvencións para o
financiamento de plans de formación intersectoriais
dirixidos prioritariamente a persoas
traballadoras ocupadas mediante a
subscrición de convenios de ámbito autonómico,
en aplicación da Orde TAS/718/2008,
do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real
decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que
se regula o subsistema de formación profesional
para o emprego, en materia de formación
de oferta e se establecen as bases reguladoras
para a concesión de subvencións públicas
destinadas ao seu financiamento.

Advertisement

NOVAS DE INTERESE NO DOG E BOE

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Orde do 23 de setembro de 2009 pola que
se establecen as bases reguladoras das
axudas para a mellora da competitividade
das explotacións leiteiras galegas, a través
da redución dos custos de produción, e
se convocan para o ano 2009.

Orde do 23 de setembro de 2009 pola que
se incrementa a dotación orzamentaria da
Orde do 29 de xaneiro de 2009 pola que se
regula a aplicación dos pagamentos directos
á agricultura e á gandaría e da
indemnización compensatoria, e se convocan
as axudas previstas no contrato de
explotación sustentable no ano 2009.

INSTITUTO GALEGO DE
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Resolución do 25 de setembro de 2009
pola que se publican as bases reguladoras
das axudas para a habilitación de liñas
de financiamento de circulante subsidiado
e avalado para autónomos e microempresas,
instrumentadas mediante convenio de
colaboración entre o Instituto Galego de
Promoción Económica (Igape), as sociedades
de garantía recíproca e as entidades
financeiras adheridas.

Resolución do 25 de setembro de 2009
pola que se fai público o contido do convenio
de colaboración entre o Instituto Galego
de Promoción Económica e as entidades
financeiras adheridas polo que se
establece unha liña de avais do Instituto
Galego de Promoción Económica para
facilitar ás empresas galegas o acceso ao
financiamento operativo adicional.

MINISTERIO DE ECONOMÍA Y HACIENDA

Resolución de 14 de septiembre de 2009, de la Dirección General de Coordinación Financiera con las Comunidades Autónomas y con las Entidades Locales, por la que se dictan medidas para el desarrollo de la Orden EHA/3565/2008, de 3 de diciembre, por la que se aprueba la estructura de los presupuestos de las Entidades Locales.

PRAZAS INTERINIDADE PROFESORES ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

Anuncio do 24 de setembro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de artes plásticas e deseño, especialidade deseño de interiores (595509).

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN PICA AQUÍ.

BOLSEIROS CENTRO DE ASISTENCIA NA CORUÑA

Orde do 10 de de setembro de 2009 pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan prazas de bolseiros para o Centro de Asistencia e Educación Especial Santiago Apóstolo da Coruña.

PARA MAIS INFORMACIÓN PICA AQUÍ.

NOVAS DE INTERESE DOG

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA
E INDUSTRIA
Orde do 18 de setembro de 2009 pola que se
establecen as bases reguladoras para a concesión,
en réxime de concorrencia non competitiva,
de subvencións para o fomento do
uso das deducións fiscais e das bonificacións
na cotización á Seguridade Social por
actividades de investigación, desenvolvemento
e innovación, no ámbito da Comunidade
Autónoma de Galicia, e se procede á
súa convocatoria para o ano 2009.

Resolución do 21 de setembro de 2009
pola que se procede á publicación dos
requirimentos de emenda de documentación
das solicitudes presentadas ao abeiro
da Orde do 18 de xuño de 2009 pola que
se establecen as bases reguladoras para a
concesión, en réxime de concorrencia competitiva,
de subvencións a empresas galegas
para a adquisición de equipamento
industrial e se procede á súa convocatoria
(IN530B).

CURSO DE PRL DESEMPREGADOS

  • A CIG convoca un curso básico de prevención de riscos laborais

    O sindicato CIG comunica que vai impartir un curso básico de prevención de riscos laborais de 55 horas dirixido a traballadores desempregados. O curso está homologado pola Consellería de Traballo i é gratuíto.

  •  Para máis información pica eiquí.

    Novas de Interese Consorcio de Igualdade e Benestar

    O Consorcio destina 87.000 euros a axudas á formación

    [02/09/2009] O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar destinará un total de 87.150 euros a axudas á formación para a participación en cursos de Técnicas de Busca de Emprego e de Adquisición de Competencias Persoais.

    No marco do II Plan Galego de Inclusión Social (PGIS), entre todas as Oficinas I+B impartiranse un total de 93 cursos.
    Por unha banda, impartiranse 43 cursos para a Adquisición de Competencias Persoais, unhas accións formativas que terán unha duración máxima de 10 días e un número máximo de 15 participantes.
    Asimesmo, as Oficinas I+B impartirán 50 cursos de Técnicas de busca de emprego, que terán unha duración de 8 días como máximo e un número de participantes non superior a 15.
    O II Plan Galego de Inclusión Social ten como un dos seus obxectivos a intermediación laboral e, por ende, a mellora da empregabilidade das persoas para os distintos postos de traballo.

    DATOS DO PARO NA MARIÑA OCCIDENTAL

    O paro en Viveiro incrementouse en agosto,  sendo o número total de desempregados no noso concello de 943 persoas (33 persoas máis que en xullo).

    Para máis información pica aquí.

    Orde do 14 de agosto de 2009 pola que se convocan axudas para o apoio ás cooperativas e outras entidades de economía social de carácter non lucrativo para o ano 2009.

    CONSELLERÍA DE TRABALLO

    E BENESTAR

    Orde do 14 de agosto de 2009 pola que se

    convocan axudas para o apoio ás cooperativas

    e outras entidades de economía social

    de carácter non lucrativo para o ano 2009.

    Para máis información pica eiquí.

    AXUDAS AO FINANCIAMENTO DAS PEMES

    AXUDAS AO FINANCIAMENTO DAS PEMES A TRAVÉS DO PROGRAMA REIMAXINA DO IGAPE

       

    O Igape ven de deseñar un novo plan de financiamento para as pemes a través do Programa Re-imaxina. O plan consiste na habilitación de tres liñas de financiamento que xorden da colaboración entre o propio Igape, as entidades financeiras e diferentes sociedades de garantía recíproca.
    Poderán ser beneficiarios das liñas de financiamento, ademais das microempresas, emprendedores e pemes, as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que carecendo de personalidade xurídica poida levar a cabo as actividades que motivan a concesión da subvención. Nestes casos deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Así mesmo, non poderá ser disolta a agrupación ata transcorridos os 4 anos de prescrición legal.
    O obxectivo que se pretende é facilitar o financiamento nos investimentos das microempresas, dos emprendedores e das PEMES para a súa mellora competitiva. Trátase de tres liñas independentes polo que non poderán concorrer no financiamento dun mesmo proxecto préstamos das distintas liñas. Si serán compatibles con outras axudas públicas e privadas sen que, en ningún caso, poida superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola normativa da Unión Europea.
    A continuación describiremos as diferentes liñas:

    Liña 1. Microempresas:
    Esta liña é específica para aquelas empresas, con domicilio fiscal en Galicia, que teñan a consideración de Microempresas e que teñan algún centro de traballo na Comunidade Autónoma galega. Poderán concorrer a mesma as empresas de tódalas actividades económicas agás actividades relacionadas coa exportación, a creación de redes de distribución e investimentos vinculados á actividade de exportación e actividades do sector do carbón.
    Os requisitos do proxecto serán que o investimento deberá consistir na adquisición de activos a terceiros e será financiado ata o 100% dos investimentos considerados como financiables. O risco vivo de cada empresa por operacións financeiras formalizadas ao abeiro desta liña non poderá superar os 25.000 €. O prazo de reembolso será de 5 anos, incluído ata 1 ano de carencia de todos modos o beneficiario/a poderá amortizar sen custo a operación financeira de xeito anticipado, total ou parcialmente.
    Respecto aos investimentos e/ou gastos computables, polo que se refire a inmobilizado material poderemos imputar reforma e axeitamento de locais, bens de equipo e unidades funcionais de explotación independente, elementos de transporte, exclusivamente vehículos industriais, agás vehículos de transporte de mercadorías por estrada por parte de empresas que realicen esta actividade por conta allea, honorarios facultativos de proxecto e dirección de obra e outros investimentos en activos fixos materiais. Dentro do inmobilizado inmaterial, poderemos imputar gastos orixinados por aplicacións informáticas, propiedade industrial e intelectual, canons de entrada de concesións administrativas ou de franquías e investimentos de acondicionamento realizados nun local arrendado sempre que queden definitivamente incorporados a aquel.
    As condicións do préstamo serán un tipo de xuro nominal anual aplicable fixo do 3,144 %.

    Liña 2: Peme Xove:
    É unha liña de financiamento específica para Pemes que exerzan ou teñan intención de exercer a súa actividade económica en Galicia, xa sexa en forma de persoa física ou xurídica de obxecto empresarial e que non veñan desenvolvendo a mesma actividade para a que solicita o financiamento nun prazo superior a dous anos a contar dende a data de presentación no Igape.
    Poderán concorrer a esta liña de axudas empresas de tódalas actividades económicas agás: actividades relacionadas coa exportación, a creación de redes de distribución e investimentos vinculados á actividade de exportación e actividades do sector do carbón.
    Respecto as características do préstamo o importe mínimo será de 25.000 € a o máximo de 120.000 €. O risco vivo de cada empresa por operacións financeiras formalizadas ao abeiro desta liña non poderá superar os 120.000 € e o importe dos préstamos será de ata o 90% dos investimentos subvencionables.
    Polo que se refire ó prazo de reembolso será de entre 5 e 7 anos, incluído ata 1 ano de carencia, se ben cabe a amortización parcial ou total de forma anticipada sen custo.
    As amortizacións anticipadas parciais poderán aplicarse a reducir, en igual contía, as cotas de amortización restantes.
    Respecto ós investimentos e/ou gastos computables, poderanse imputar a esta liña os mesmos conceptos que na liña “Microempresa” e ademais dentro do inmobilizado material a adquisición de terreos e edificacións e no inmobilizado inmaterial, os aprovisionamentos e gastos necesarios para a posta en marcha do proxecto, incluíndo os gastos de establecemento, cun máximo do 20% do importe financiable.
     Finalmente respecto as condicións do préstamo o tipo de xuro nominal anual variará por semestres naturais conforme ás seguintes normas: para o ano 2009: 2,980% e para cada un dos restantes semestres naturais, o tipo de xuro nominal será Euribor a 6 meses máis o tipo adicional.

    Liña 3: Peme Competitiva:
    Poderán acceder a esta liña aquelas Pemes que veñan exercendo a súa actividade económica en Galicia, por un período superior a dous anos nalgunha das actividades recollidas no Anexo II das bases reguladoras desta convocatoria.
    Os principias requisitos son, operación mínima 25.000 € e importe máximo 120.000 €. O risco vivo de cada empresa non poderá superar os 120.000 €. E o importe subvencionable será de ata o 75% dos investimentos subvencionables. Establécese un prazo de reembolso de entre 5 e 7 anos, incluído ata 1 ano de carencia, sendo posible nesta liña tamén a amortización parcial ou total de forma anticipada sen custo .
    Respecto ós investimentos e/ou gastos computables, nesta liña poderemos imputar os mesmos conceptos por inmobilizado material e inmaterial, que na liña “Microempresa” e ademais investimentos en investigación e desenvolvemento, (persoal, materiais, colaboracións externas con institucións tecnolóxicas e outros, custos de materiais para probas e ensaios e outros custos indirectos) cun máximo do 25% do importe financiable.
    As condicións do préstamo son un tipo de xuro nominal anual variable por semestres naturais conforme ás seguintes normas: para o ano 2009: 2,980% e para cada un dos restantes semestres naturais, o tipo de xuro nominal será Euribor a 6 meses máis o tipo adicional de 1,5 puntos.

    Para presentar unha solicitude de axuda ir a http//www.tramita.igape.es, para cuxa cumprimentación o Igape pon a disposición do interesado/a un servizo de asistencia técnica, previa cita, que se pode xestionar neste enderezo ou ben chamando ao 902-300903 ou 981-541147.
    Fonte: Igape

    Navegación de artigos