Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Outubro, 2012”

OFERTA PARA VIVEIRO

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de dependenta para Viveiro.

Consellería de Traballo e Benestar.

 

ORDE do 23 de outubro de 2012 pola que se modifica o prazo de xustificación do programa IV da Orde do 31 de decembro de 2011 pola que se procede á convocatoria de axudas dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo para o ano 2012 (DOG número 13, do 19 de xaneiro de 2012).

No Diario Oficial de Galicia número 13, do xoves 19 de xaneiro de 2012, publicouse a Orde do 31 de decembro de 2011 pola que se procede á convocatoria de axudas dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo para o ano 2012.

No artigo 4, parágrafo segundo, establécese que «A data máxima de xustificación das accións subvencionadas será o 31 de outubro de 2012 para a primeira anualidade e o 31 de maio de 2013 para a segunda».

Diversas dificultades de carácter técnico, así como o atraso producido pola ampliación da dotación orzamentaria efectuada mediante a Orde do 18 de setembro de 2012, pola que se modifica a Orde da Consellería de Traballo e Benestar do 31 de decembro de 2011, pola que se procede á convocatoria de axudas dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo para o ano 2012 e se procede ao incremento da dotación orzamentaria, provocaron que a fase de instrución se prolongase máis alá das datas inicialmente previstas, o que afecta os prazos de resolución das solicitudes.

Por tal motivo, co fin de garantir a maior eficacia posible da convocatoria das referidas axudas, cómpre adaptar o prazo de xustificación das axudas do programa IV: fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a, xa que por causas sobrevidas resulta de difícil cumprimento.

De acordo co anterior, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

DISPOÑO:

Artigo único

Modifícase o artigo 4, parágrafo segundo, da Orde do 31 de decembro de 2011 pola que se procede á convocatoria de axudas dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo para o ano 2012, que queda redactado como segue:

«A data máxima de xustificación das accións subvencionadas será, para os programas I, II, III e V, o 31 de outubro de 2012 para a primeira anualidade e o 31 de maio de 2013 para a segunda e, para o programa IV, o 15 de novembro de 2012 para a primeira anualidade e o 31 de maio de 2013 para a segunda».

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2012

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

Advertisement

Resolución de 23 de octubre de 2012, del Ayuntamiento de Samos (Lugo), referente a la convocatoria para proveer varias plazas.

En el «Boletín Oficial de la Provincia de Lugo» número 74, de 1 de abril de 2011, se han publicado íntegramente las bases que han de regir la convocatoria para proveer:
Una plaza de Gerente de vivienda comunitaria, de la plantilla de personal laboral fijo, a cubrir por el sistema de concurso-oposición, en turno libre.
Una plaza de Auxiliar de ayuda a domicilio, de la plantilla de personal laboral fijo, a cubrir por el sistema de concurso-oposición, en turno libre.
Dichas bases fueron rectificadas en los términos publicados en el «Boletín Oficial de la Provincia de Lugo» número 222, de 27 de septiembre de 2011.
Se ha publicado, asimismo, un extracto de la convocatoria en el «Diario Oficial de Galicia» número 155, de 14 de agosto de 2012.
El plazo de presentación de solicitudes será de veinte días naturales, a contar desde el siguiente al de la publicación de este anuncio en el «Boletín Oficial del Estado».
Los sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cuando procedan de conformidad con las bases, se harán públicos en el «Boletín Oficial de la Provincia de Lugo» y el tablón de anuncios de este Ayuntamiento, según dispongan en cada caso las bases.
Samos, 23 de octubre de 2012.–El Alcalde, Julio Gallego Moure.

Axencia Galega de Innovación

 

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2012 pola que se modifica o artigo 19 da Orde do 11 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para investimentos innovadores para o crecemento empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (código de procedemento IN848A), así como o artigo 6 do anexo I da mesma orde.

Por Orde do 11 de abril de 2012 establécense as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para investimentos innovadores para o crecemento empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

Unha vez constituída a Axencia Galega de Innovación, establecida no Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro (DOG núm. 19, do 27 de xaneiro), polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, e de acordo co disposto na súa disposición adicional primeira, quedou suprimida a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria, e subrogouse a Axencia na totalidade dos seus dereitos e obrigas derivados do exercicio das correspondentes competencias, sucedéndoas tamén en todas as súas competencias.

No artigo 19.1 da devandita Orde do 11 de abril de 2012 establécese que para xustificar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar nos lugares sinalados no artigo 3 desta convocatoria e na data límite do 31 de outubro de 2012, ademais da documentación exixida no artigo 6 das bases reguladoras, a documentación que se indica. Establécese, así mesmo, que o período de emisión das facturas será desde a data de presentación das solicitudes das subvencións ata o 31 de outubro de 2012, e que en ningún caso se admitirán xustificantes de pagamento con data anterior á solicitude da subvención nin posterior ao 31 de outubro de 2012.

Por outra banda, no artigo 6 do anexo I da devandita orde, establécese que para cobrar a subvención concedida o beneficiario deberá presentar na data límite do 31 de outubro de 2012 a documentación que se indica.

Tendo en conta o atraso producido na resolución das devanditas axudas, motivado polo volume de solicitudes presentadas e polo longo proceso de avaliación, e co fin de viabilizar os procesos de execución e xustificación por parte dos beneficiarios resultantes e dado que non se causa prexuízo a terceiros, procede modificar o referido artigo 19 da convocatoria, así como o artigo 6 do seu anexo I, mediante a seguinte:

Disposición única

Modificación parcial do artigo 19 da Orde do 11 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para investimentos innovadores para o crecemento empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012, que queda redactado do seguinte xeito nos parágrafos afectados:

«19.1. Para xustificar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar nos lugares sinalados no artigo 3 desta convocatoria e na data límite do 15 de decembro de 2012, ademais da documentación exixida no artigo 6 das bases reguladoras, a documentación que a seguir se indica: (…/…).

19.1.b. O período de emisión das facturas será desde a data de presentación das solicitudes das subvencións ata o 15 de decembro de 2012.

19.1.c. Documentación xustificativa do pagamento: orixinal ou fotocopia compulsada de transferencias bancarias, certificacións bancarias ou extractos bancarios. En ningún caso se admitirán xustificantes de pagamento con data anterior á solicitude da subvención nin posterior ao 15 de decembro de 2012. Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, a satisfacción do importe total da factura, o número de factura a que correspondan, así como o concepto a que se refiren».

Modificación parcial do artigo 6 do anexo I da devandita Orde do 11 de abril de 2012, que queda redactado do seguinte xeito no seu primeiro parágrafo:

«Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar na data límite do 15 de decembro de 2012 a seguinte documentación (…/…)».

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2012

Ricardo Capilla Pueyo
Director da Axencia Galega de Innovación

A iniciativa ‘Anímate a emprender. Cooperativízate’ alcanza os 10.000 usuarios ao mes nas tres grandes redes sociais

A iniciativa, posta en marcha pola Consellería de Traballo e Benestar no verán de 2011, continúa a súa progresión ascendente e estase a converter nun referente de comunicación para o cooperativismo

No caso de Facebook, a páxina ‘Anímate a Emprender. Cooperativízate’ acadou un alcance mensual de 5.200 usuarios, con picos de 50.000 persoas nun só día

O Twitter @cooperativizate, que se activou o pasado mes de maio, tivo máis de 19.000 impresións e conta con 200 seguidores, entre os que destacan varios organismos de relevancia internacional

Polo que respecta ao Tuenti, a páxina achégase aos 1.000 seguidores e permite promover o cooperativismo entre os usuarios máis novos.

Santiago, 29 de outubro de 2012.- A iniciativa ‘Anímate a Emprender. Cooperativízate’, posta en marcha pola Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Relacións Laborais, para a promoción do emprendemento cooperativo conta xa con preto de 10.000 usuarios ao mes nas tres grandes redes sociais: Facebook, Twitter e Tuenti, segundo datos das principais ferramentas de monitorización.

A estratexia continúa a súa progresión ascendente, desde a súa posta en funcionamento no verán de 2011, e estase a converter nun referente de comunicación para o cooperativismo galego, e mesmo tamén a nivel español.

No caso de Facebook, a páxina ‘Anímate a Emprender. Cooperativízate’, que se caracteriza pola súa elevada interactividade, acadou un alcance mensual de 5.200 usuarios, con picos de case 50.000 persoas nun só día. O alcance indica o número de persoas que ven os posts que se publican, sexan fans ou non da páxina. Trátase do parámetro de medición máis significativo no Facebook na actualidade. O número de seguidores pasou do 417 o pasado 1 de xaneiro aos 713 actuais, o cal supón un incremento de máis do 70 por cento nos últimos dez meses.

Desde que o pasado mes de maio activárase o Twitter de @cooperativizate, publicáronse máis de 700 informacións ou tuits sobre as nosas cooperativas, o cooperativismo e o emprendemento cooperativo, que contaron cun alcance de 7.751 usuarios. Os tuits divulgados por @cooperativizate tiveron máis de 19.000 impresións; é dicir, foron vistos en máis de 19.000 ocasións, e o perfil supera xa os 200 seguidores. Entre eles, atópanse organismos tan relevantes a nivel nacional e internacional como CICOPA, CECOP-CICOPA Europe, CEPES, UNCCUE, Coceta, Mondragón Corporación, Cooperativas Agroalimentarias de España, Co-operative News, Co-operatives UK, Prensa Cooperativa de América Latina, ou ESADE.

Polo que respecta a Tuenti, a páxina de ‘Anímate a Emprender. Cooperativízate’ conta con preto de 1.000 seguidores, o que a converte na rede cuantitativamente máis numerosa da estratexia. Ten a particularidade de que permite promover o cooperativismo entre os usuarios máis novos, para o cal se publicaron máis de 300 fotografías e preto de 100 vídeos sobre a temática.

O perfil medio do usuarios de ‘Anímate a Emprender. Cooperativizate’ en Tuenti é o dunha universitaria de 20 anos procedente dunha gran cidade galega e complementa ás outras dúas redes sociais. No caso de Twitter predomina a idade de entre 35 e 55 anos, ademais dun alto grao de deslocalización xeográfica. En Facebook, en cambio, a franxa de idade maioritaria atópase entre os 25 e 34 anos.

O obxectivo principal da iniciativa ‘Anímate a Emprender. Cooperativizate’ é achegar o cooperativismo e a economía social aos máis novos desde un punto de vista didáctico e lúdico, fomentando a interactividade e promovendo a cooperación como proposta para xerar emprego.

 

OFERTAS DO S.P.E.G

Picando nesta ligazón podes ver as ofertas publicadas no Servizo Público de Emprego desta semana.

OFERTA DE EMPREGO PARA VIVEIRO

EMPRESA: FERTEL TELECOMUNICACIÓNS

LOCALIZACION: VIVEIRO.
POSTO DE TRABALLO:  DEPENDENTE/A DE  TELEFONIA MÓBIL
NUMERO DE POSTOS: UN
MODALIDADE CONTRACTUAL: TEMPORAL (3+9)
REQUISITOS: EXPERIENCIA MÍNIMA UN AÑO NO SECTOR+ ESTUDOS PRIMARIOS+COÑECEMENTOS INFORMÁTICOS MEDIOS.
HORARIO: DISPOÑIBILIDADE DE LUNS A SÁBADO + DÍAS DE MERCADO OPTATIVO) XORNADA COMPLETA.
SALARIO: CONVENIO+ COMISIÓNS.

INTERESADOS/AS MANDAR MAIL A

msofiasanmartin@hotmail.com

Os autónomos contan co apoio da Xunta que con programas como Re-Emprende poden facer medrar os seus negocios

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, reúnese co presidente da Federación de Autónomos de Galicia, que ultima os preparativos da XIX Feira dos  autónomos

Co ReEmprende 2012 a Consellería de Economía e Industria apoia a creación de novas empresas e a consolidación dos negocios con menos dun ano, dotado con 2 millóns de euros

O prazo de presentación de solicitudes ao abeiro deste programa remata o 15 de novembro

Santiago, 25 de outubro de 2012.- A Consellería de Economía e Industria recoñece o potencial e a capacidade dos autónomos para xerar emprego e reactivar a actividade económica en Galicia, segundo trasladou o director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, Javier Aguilera, ao presidente da Federación de Autónomos de Galicia, Francisco Javier Pérez Bello, nunha reunión mantida hoxe.

Neste encontro, ademais de ultimar os preparativos da XIX Feira dos Autónomos de Galicia, que se desenvolverá a primeiros de decembro, o director do Igape salientou o esforzo da Consellería que dirixe Javier Guerra por apoiar aos emprendedores, pondo ao seu dispor programas como o ReEmprende.

Este programa conta cunha dotación de 2 millóns de euros e este ano aberto, por primeira vez, ao colectivo dos autónomos. O ReEmprende está deseñado para facilitar o novo emprendemento e para apoiar a consolidación dos negocios con menos dun ano en funcionamento. Os apoios poden oscilar entre o 15 e o 50% dos investimentos, comprendidos entre 35.000 e 500.000 euros.

Neste eido, cómpre lembrar tamén que a comezos de outubro o Igape desenvolveu, nalgunhas das principais cidades galegas e en colaboración con varias asociacións de autónomos, un ciclo de xornadas técnicas especializadas destinadas a achegar a este importante colectivo empresarial as claves e habilidades para facilitar o emprendemento e a xestión das empresas.

 

Para máis información:

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/3847/autonomos-contan-apoio-xunta-que-con-programas-como-emprende-poden-facer-medrar

Estudo Forestal outubro 2012

Picando na ligazón de abaixo podes ver un estudo sobre o sector forestal da Consellería de Traballo.

estudo_forestal_gl outubro 2012

FORMACIÓN EN COOPERATIVISMO

Picando nesta ligazón podes ter acceso á información sobre un curso de  formación gratuita sobre Cooperativismo de 25 horas de duración, que se vai impartir en Lugo do 5 ao 9 de novembro, para persoas emprendedoras.

formación en cooperativismo

 

Para máis información e inscricións

patane@ugacota.coop

ou chamando a 881887456/697877773

Navegación de artigos