Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Novembro, 2007”

OFERTAS DE INTERESE DO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO

CÓDIGO OFERTA: 12/2007/41444

POSTO: CONSERXE

LOCALIDADE: VIVEIRO.

DATA OFERTA: 23/11/2007

CÓDIGO OFERTA: 12/2007/42241

POSTO: BIÓLOGO

LOCALIDADE: VIVEIRO.

DATA OFERTA: 23/11/2007

INTERESADOS CHAMAR AO SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN NO 902125000 NOMEANDO O CÓDIGO DA OFERTA QUE VOS INTERESE.

Advertisement

OFERTA DE EMPREGO 27 DE NOVEMBRO

Empresa de Traballo Temporal de Lugo
 está á procura 
dun Responsábel de mantemento 
para unha empresa de Viveiro. 
Requisitos:
- Ter formación en Electricidade, 
mecánica ou electrónica.
- Ter certa experiencia.
- Dispoñibilidade para traballar 
a turnos Mañá/Tarde/Noite.
 Posibilidade de estabilidade laboral 
no posto.
Interesados contactar 
co Servizo de Orientación Laboral 
do Concello de Viveiro
982560128-ext 35
 

OFERTA DE EMPREGO II 26 NOVEMBRO

Empresa de traballo temporal está na procura dun soldador para empresa de Viveiro.

– Imprescindíbel experiencia en soldadura TIG e MIG.

– Preferíbel residencia próxima a Viveiro.

– Contrato ata febreiro.

– Horario de traballo de 8 a 13.30 e de 15.30 a 18.00

Intersados contactar co Servizo de Orientación Laboral.

OFERTA DE EMPREGO 26 NOVEMBRO

Empresa de traballo temporal está na procura de peóns para cadea de montaxe dunha empresa situada en Viveiro.

As persoas interesadas poden pasarse polo Servizo de Orientación  Laboral para mandar os seus datos a dita ett.

CONVOCATORIA 2007 PREMIOS PROXECTOS EMPRESARIAIS

Resolución do 14 de novembro de 2007 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras para a convocatoria en 2007 de premios a proxectos empresariais de colaboración entre empresarios galegos e de orixe galega no exterior.

OFERTA DE EMPREGO 19 DE NOVEMBRO

Pastelería de Viveiro está a procura dun repartidor.

Segundo a empresa o horario sería de 8 a 15 horas librando un día á semana.

Idade ata 50 anos.

Sexo indiferente.

Interesados pórse en contacto co Orientador Laboral do Concello de Viveiro para que vos facilite o contacto.

CONVOCATORIA DE AXUDAS IGAPE

NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS DO IGAPE PARA INVESTIMENTOS, EMPRENDEDORES E
INTERNACIONALIZACIÓN
 
O Igape vén de facer pública unha nova convocatoria de apoios para promover
investimentos tecnolóxicos, para impulsar iniciativas de internacionalización das
pemes galegas, de mellora da
competitividade ou de cooperación, e para promover a creación de empresas por novos
emprendedores.
 
A convocatoria apareceu publicada onte no Diario Oficial de Galicia (
http://dxosi.xunta.es:90/Dog/Dog2007.nsf/FichaContenido/451AA?OpenDocument );
a presentación de solicitudes pode facerse desde
hoxe e durante prazos que varían en función das diferentes liñas de apoio. 

www.igape.es

CURSO DE AXUDA A DOMICILIO INLUDES

O INSTITUTO LUGUÉS DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E SOCIAL – INLUDES- Vai organizar accións formativas correspondente da ampliación do proxecto LUGO-EMPREGO S.A.D. Coa ampliación do proxecto preténden executar as seguintes accións:

1. Posta en marcha, a nivel provincial, de 6 Accións Formativas de Auxiliar de Axuda a Domicilio de 500 horas.

2. Capacitación complementaria.

3. Actividades de acompañamento, orientación e información laboral e profesional.

4. Acompañamento á inserción profesional. (4.1. Programa de prácticas, 4.2 Apoio á función xerencial.)

5.Actividades de seguemento. (titoría colectiva, individualizada, cuestionarios da avaliacilón).

6.Apoio á función xerencial: asesoramento na posta en marcha de proxectos empresarais.

As persoas interesadas en enviar a solicitude poden acudir ao Servizo de Orientación Laboral do Concello de Viveiro.

As localidades onde se celebren as accións formativas dependerá do número de solicitudes de cada unha delas.

Se queres máis información podes chamar ao Servizo de Orientación Laboral do Concello de Viveiro 982560128-ext 35 ou directamente ao INLUDES no 982 22 78 12.

contratación laboral, temporal, de un/a animador/a cultural CONCELLO DE ORTIGUEIRA

Esta Alcaldía, por resolución de data de 6 de novembro de 2007, aprobou as bases que a continuación se transcriben para a contratación laboral, temporal, de un/a animador/a cultural

XORNADAS TRANSTIC SOBRE EMPRESAS DE BASE TECNOLÓXICA EN VIGO E OURENSE

Día e lugar: Os próximos día 22 de novembro en Vigo e o 23 en Ourense, organizadas
por BIC Galicia e coa colaboración do Igape.

Obxectivo: Procurar que as empresas coñezan as vantaxes de abordar proxectos
empresariais de Base Tecnolóxica (EBT), e especialmente as características
específicas requiridas para seren consideradas
como tales e as axudas que para a súa creación, ubicación e financiamento ofrecen
entidades públicas, consultoras e financeiras.

Participantes: Participarán como relatores o director xeral da Empresa Nacional de
Innovación (ENISA), Antonio Cano; o responsable da escola de neogios EOI, Juan
Montero; e Javier de la Ossa, en
representación de Caixa Holding. No debate participarán ademais directivos das
empresas TIC galegas Imatia e Emetel.

Máis información e inscricións ( http://www.transtic.org/difusion.htm )

http://www.igape.es

Navegación de artigos