Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Febreiro, 2008”

SUBVENCIÓN A CONCILIACIÓN FAMILIAR E LABORAL

Resolución do 29 de xaneiro de 2008 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 23 de xullo de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, destinadas a pequenas e medianas empresas (Pemes) para a realización de programas ou accións a favor da conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Advertisement

Servizo de Orientación Laboral

O Servizo de Orientación Laboral do Concello de Viveiro estará inoperativo a semana do 25 ao 29 de Febreiro.

Para calquera consulta neses días  poden acudir  ao Programa Crear ubicados no primeiro andar dos Claustros de San Francisco.

Perdoen as molestias.

Axudas para mellora eficacia explotacións agrarias

Orde do 15 de febreiro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, e se convocan para o ano 2008.

Subvencións adecuadamento comercial comercio galego

Orde do 15 de febreiro de 2008 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións para adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego e se procede á súa convocatoria para o ano 2008. Código de procedemento IN214A.

Axudas para mantemento escolas infantís entidades privadas

Orde do 4 de febreiro de 2008 pola que se regulan as axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social.

 

Selección de empresas e entidades para acoller bolseiros de comercio internacional

Oportunidade de dispor dun profesional de  Arxentina, Brasil ou México
 
Selección de empresas e entidades para acoller bolseiros de comercio internacional
 
O Igape vén de abrir a convocatoria para a selección de empresas, asociacións ou institucións empresariais galegas que desexen acoller bolseiros de comercio internacional escolleitos ao abeiro da
convocatoria de bolsas inversas realizada polo Instituto para titulados universitarios descendentes de galegos e propostos por asociacións de empresarios galegos no exterior.
Os países de orixe dos bolseiros son Arxentina, Brasil e México. As prácticas terán unha duración máxima de 12 meses e a dotación económica corre por conta do Igape.
O prazo para a presentación de solicitudes
remata o próximo 15 de marzo.
 
Teléfono de información 902 300 903

MONITORES DE ACOMPAÑAMENTO MENORES CURSOS INGLÉS ESTRANXEIRO

Todas as persoas interesadas en ter información sobre as condicións para ser monitor de acompañamento de campamentos de Inglés no estranxeiro poden acudir a unha charla informativa que terá lugar este venres 22 de febreiro ás 18.00 horas,  nas instalacións de San Francisco.

Naturalmente é condición indispensábel dominar o idioma.

SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS, S.A.

Anuncio polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas II, para a selección e contratación de persoal temporal da empresa pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) entre os candidatos incluídos na lista previa da categoría de operador-codificador.

 

OFERTA DE EMPREGO URXENTE

Empresa que se adica á venda de artículos de pesca e suministros a barcos está á procura dunha persoa que realizaría as seguintes tarefas:

– Xestión do almacén.

– Suministros de barcos e viaxes ata Cudillero (Asturies) e Cedeira (A Coruña).

– Atención ao público.

Condicións:

– Horario de traballo de 9:30 a 13:30 e de 15:00 a 20:00.

– As vacacións serán dun mes ao ano repartidos en dúas quincenas nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro. (non se permiten coller vacacións fóra destes meses).

– Soldo base máis comisións por vendas realizadas e tres pagas extras.

Interesados chamar ao Servizo de Orientación Laboral do Concello de Viveiro ao 982561028 preguntando por José Manuel.

Formador Ocupacional

A Delegación da Coruña convoca a Unidade de competencia “Programar accións formativas” do curso de Formador Ocupacional para o mes de marzo no Centro de Formación de Labañou. A proba de selección realizarase o 21 de Febreiro as 10 no Servizo de Seguridade e Saúde Laboral en A Coruña. Máis información no teléfono 981 174 795.
 detalles convocatoria

Modelo CV para presentar o día da selección

Navegación de artigos