Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Xuño, 2007”

PARTICIPACIÓN NO AMERICAN FILM MARKET

PARTICIPACIÓN NO AMERICAN FILM MARKET,  EN ESTADOS UNIDOS,  PARA EMPRESAS GALEGAS DO AUDIOVISUAL

 

O Igape organiza e facilita, a través do seu Centro de Promoción de Negocios en Nova Iorque,  a presencia  das empresas galegas do sector do audiovisual que desexen asistir a feira American Film Market, que se desenvolverá en Santa Mónica, Os Ánxeles, do 31 de outubro ao 7 de novembro próximos.

 

As empresas interesadas en participar nesta mostra internacional, o principal mercado cinematográfico de Estados Unidos, deberán dirixirse ao enderezo electrónico usa@igape.es. A data límite para a inscrición será o próximo 15 de xullo.

 

Máis información

Advertisement

OFERTA TÉCNICO DE SILOS 25/06/07

Empresa de Vigo solicita para a mariña de lugo un Técnico de Silos.

FUNCIÓNS:

– Colocación de silos de mortero.

– Mantemento preventivo dos silos en obra.

– Xestión de silos en obra.

REQUISITOS MÍNIMOS:

– F.P. eléctrico e/ou mecánico e/ou mantemento.

– Experiencia laboral mínima: 1 ano. (Non necesariamente nun posto idéntico).

– Residencia na mariña de Lugo.

– Informática a nivel usuario.

CONTRATO:

– Temporal (6 meses) + Incorporación á empresa (posibilidade indefinido).

– Xornada completa.

– Dispoñibilidade para viaxar unha vez á semana a Arteixo.

Interesados contactar co Orientador Laboral do Concello de Viveiro.

José Manuel Campal

Teléfono: 982560128-ext 35

PREMIOS ENISA

Premios ENISA á Innovación 25 Aniversario
 A Empresa Nacional de Innovación SA (ENISA) convoca os “Premios ENISA á Innovación 25 Aniversario”, coincidindo cos 25 anos da súa fundación. Estes galardóns están dirixidos tanto a empresas xóvenes xa constituidas como a aquelas de nova creación.
O obxectivo é realizar unha distinción aos proxectos empresariais que impliquen un claro desenvolvemento en innovación, coa finalidade de recoñecer e estimular o esforzo innovador das pequenas e medianas empresas.
Outorgaranse cinco premios de 200.000 euros cada un aos mellores proxectos empresariais dos seguintes ámbitos tecnolóxicos: Ciencias da Vida, Enerxía e Medio Ambiente, Tecnoloxía Industrial e dos Materiais, Medios de Transporte e Tecnoloxías da Información e das Comunicacións.
As pemes interesadas en participar nos “Premios ENISA á Innovación 25 Aniversario” poderán presentar os seus proxectos ata o próximo 20 de xullo. As bases completas da convocatoria pódense consultar en www.enisa.es, onde tamén é posible descargar o formulario para a presentación de candidaturas.

OFERTA 19 DE XUÑO VENDA AMBULANTE

EMPRESARIO AUTÓNOMO DA VENDA AMBULANTE BUSCA MOZO DE CARGA E DESCARGA E AUXILIAR VENDA AMBULANTE:

 PÍDESE: 

         IDADE ENTRE 18 E 40 ANOS.

         SEMANA DE MARTES A DOMINGO.

         NON NECESARIA EXPERIENCIA  PERO GAÑAS DE TRABALLAR

         HORARIO DÍAS DE MERCADO (3 A SEMANA) DE 6 DA MAÑÁ ÁS 15 HORAS.

         RESTO DA SEMANA HORARIO DE 8 DA MAÑÁ ÁS 18 HORAS.

         SERIEDADE E RESPONSABILIDADE.

         DISPOÑIBILIDADE PARA FACER REPARTO A DOMICILIO.

         VALÓRASE TER CARNÉ DE CONDUCIR PERO NON IMPRESCENDÍBEL.

         CAPACIDADE PARA ATENDER AO PÚBLICO. 

OFRÉCESE: 

– CONTRATO  TEMPORAL CON POSIBILIDADE DE CONTINUIDADE.

– INCORPORACIÓN INMEDIATA.

– SALARIO MELLORÁBEL CO TEMPO.   

 INTERESADOS PÓRSE EN CONTACTO CO ORIENTADOR LABORAL DO SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL CONCELLO DE VIVEIRO.

OFERTA DE EMPREGO REPOÑEDOR 19 XUÑO 2007

OFERTA DE REPOÑEDOR/A: PÍDESE: 

         IDADE ENTRE 18 E 55 ANOS.

         SEMANA DE LUNS A SÁBADO.

         NON NECESARIA EXPERIENCIA  PERO SE VALORARÁSE.

         SERIEDADE E RESPONSABILIDADE.

         HORARIO A PARTIR DAS 6 DA MAÑÁ..

 OFRÉCESE:

 CONTRATO POR OBRA E SERVIZO

INCORPORACIÓN INMEDIATA.

 INTERESADOS PÓRSE EN CONTACTO CO ORIENTADOR LABORAL DO SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL CONCELLO DE VIVEIRO.

Máis de 10.000 traballadores beneficiaránse dos 45 millóns de euros dirixidos á incentivar a contratación por conta allea

O obxectivo desta actuación, promovida pola Consellería de Traballo, é elevar a taxa de estabilidade do mercado laboral de Galicia, ademais de axudar a configurar un mercado de traballo máis inclusivo

O prazo de solicitude destas axudas remata o 15 de setembro, agás no caso dos programas de incentivos a plans empresariais que remata o vindeiro 31 de xullo


Santiago, 13 de xuño de 2007.- Máis de 10.000 traballadores beneficiaranse dos 45 millóns de euros dirixidos a incentivar a contratación por conta allea. Esta partida orzamentaria, xestionada pola Consellería de Traballo, ten por finalidade elevar a taxa de estabilidade do mercado laboral da Comunidade Autónoma. Ademais, búscase configurar un mercado de traballo máis inclusivo no que se atopen representados todos os colectivos sociais.

O reforzamento das taxas de estabilidade dirixidas a favorecer a contratación por conta allea de carácter indefinido faise compatible co fomento de contratación de traballadores en prácticas. Nalgúns casos, esta modalidade pode constituír un instrumento adecuado, como medida de inserción laboral para desempregados con titulacións de difícil empregabilidade ou cando se contraten en pequenas empresas de ata 30 traballadores.

As mulleres é un dos colectivos especialmente atendidos no conxunto de incentivos á contratación indefinida. O obxectivo é poñer a disposición das mulleres galegas medidas activas de política laboral, que favorezan a súa inserción no mercado laboral, a súa representación equilibrada en todas as profesións e sectores de actividade, así como unha maior participación na taxa de actividade e ocupación. Ademais, contribúese a reducir o diferencial da taxa de desemprego entre homes e mulleres.

Axudas aos plans empresariais de incremento da estabilidade
Por outro lado, a Consellería de Traballo estableceu un programa de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento de estabilidade. Neste senso, esíxeselles as empresas que queiran acollerse a estas axudas acadar unha porcentaxe igual ou superior ao 72,50% de taxa de estabilidade.

Non obstante, consciente da importancia de que as taxas de estabilidade dos diferentes sectores de actividade se determinen mediante un acordo sectorial consensuado e pactado, regulase para o ano 2007 unha orde independente, o procedemento e os requisitos para acadar os acordos sobre a taxa nos diferentes sectores de actividade.

Dada a necesaria complementariedade entre as actuacións da Administración autonómica e da Administración estatal para fomentar un emprego estable e de calidade, as axudas para o fomento do emprego establecidas pola Xunta de Galicia son compatibles cos programas estatais de fomento do emprego en base a bonificacións das cotas empresariais á Seguridade Social aplicables en todo o Estado.

O prazo de presentación para acollerse a esta liña de incentivos á contratación por conta allea remata o 15 de setembro e, no caso dos programas de incentivos a plans empresariais o prazo finaliza o vindeiro 31 de xullo.

Programción curso topografía xullo C.F.O. Viveiro

ESPECIALISTA   EN TOPOGRAFÍA   ELECTRÓNICA

DATOS XERAIS DO CURSO:

FAMILIA PROFESIONAL:   EDIFICACIÓN E OBRAS PÚBLICAS
ÁREA PROFESIONAL:
   TÉCNICAS AUXILIARES
CÓDIGO:
  EOTA31

OBXECTIVO XERAL: 

Unha vez rematado o curso, os alumnos deberán estar capacitados para realizar traballos de topografía mediante o uso dos equipos electrónicos, e das técnicas e tecnoloxías máis avanzadas que se esteán impoñendo nesta ocupación.

 REQUISITOS DE ACCESO DO ALUMNO: 

Nivel académico ou de coñementos xerais: FP1 ou FP2 de Delineación, BUP,  e estudos similares ou superiores.

Nivel profesional ou técnico : Experiencia na ocupación, ou coñecementos relativos á mesma por  realizar un curso ocupacional de Auxiliar Técnico Topógrafo ou outra formación equiparábel.

Condicións físicas :Ningunha en especial, salvo aquelas que impidan o normal desenvolvementoo da profesión.


 

RELACIÓN SECUENCIAL DE MÓDULOS FORMATIVOS:

  • Manexo do equipo electrónico de campo.
  • Manexo do equipo electrónico de gabinete.
  • Levantamento de poligonales con equipo electrónico.
  • Realización de taquimétricos con equipo electrónico.
  • Construción de perfís con equipo electrónico.
  • Sensibilización Ambiental (Módulo transversal – 9 horas)
  • Formación para a Igualdade (Módulo transversal – 5 horas)


 

DURACIÓN

Prácticas ………………….   155 horas
Contidos teóricos ….     79 horas
Evaluacións ……………     30 horas
Duración total ………..   264 horas                                                         

PROGRAMA CURSO FIP XULLO DESEÑO E MODIFICACIÓN DE PLANOS

DESEÑO E MODIFICACIÓN DE PLANOS  EN  2D  Y  3D

DATOS XERAIS DO CURSO:

FAMILIA PROFESIONAL: SERVIZOS ÁS EMPRESAS

ÁREA PROFESIONAL: DESEÑO

CÓDIGO: EMDI02

OBXECTIVO XERAL :

O alumno chegará a dominar a creación e o modificado de diferentes planos a través dun programa de deseño. O programa que se utilizará é AUTOCAD, e os planos procedentes de CYPECAD e outros.

REQUISITOS DE ACCESO DO ALUMNO :

Nivel académico ou de coñecementos xerais: FP-II ou Ciclos de Delineación e similares, Diplomaturas e/ou Licenciaturas Técnicas.

Nivel profesional ou técnico: Precísanse coñecementos técnicos ou experiencia profesional previa específica sobre debuxo técnico .

Condicións físicas: Ningunha en especial, salvo aquelas que impidan o normal desenvolvemento da profesión

RELACIÓN DE MÓDULOS FORMATIVOS :

  Programa informático de deseño en 2D e 3D (180 horas).

  Sensibilización ambiental (9 horas).

  Formación para a igualdade (5 horas).

 DURACIÓN :

Prácticas ………………………..114 h.

Contidos teóricos ………….70 h.

Evaluacións ……………………10 h.

Total ………………….194 h.                                            

DIFUSIÓN DE APOIOS, TÉCNICAS E PROXECTOS DE ENERXÍA RENOVÁBEIS

O IGAPE FACILITA A DIFUSIÓN DE APOIOS, TECNICAS E PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES NO MARCO DE ENERNOVA

(Xornadas técnicas organizadas polo Instituto na sede da  IFEVI . VIGO, 7 e 8 de XUÑO)

 

O Igape promove e organiza unhas xornadas técnicas de carácter práctico para informar sobre os servizos e apoios en xeral e ás iniciativas empresariais no sector das enerxías renovables en particular. O día 7, a partir das 16,30 horas, haberá presentación de tres proxectos empresariais: Biomasa Forestal, Recover Recuperación e Norvento Enerxía, así como relatorios técnicos de representantes do Igape sobre servizos e apoios a proxectos emprendedores, de investimento ou de mellora da competitividade.

 

O día 8 haberá sesións técnicas sobre enerxías renovables a partir das 10 horas e intervencións dos directores xerais do Igape e de Xesgalicia, e do vicepresidente executivo da Fundación para a Sociedade do Coñecemento a partir das 12 horas. Pola tarde, a partir das 14,30, reanudaranse os relatorios sobre diferentes aspectos relacionados cos investimentos en enerxías renovables.

Servizo de Atención Telemática do Igape 902 300 903

APOIOS A INVESTIMENTOS DE CARACTER TECNOLÓXICO DAS PEMES

CONVOCATORIA DE APOIOS A INVESTIMENTOS DE CARÁCTER TECNOLÓXICO DAS PEMES
Mediante resolución publicada o 5 de xuño no DOG, o Igape convoca a concesión de apoios á realización polas Pemes de investimentos de carácter tecnolóxico destinados á incorporación de bens de equipo, tamén de carácter tecnolóxico, que se integrarán na cadea de valor ou en departamentos de I+D, deseño ou ensaio.
Por outra banda, e de acordo coa mesma convocatoria, o Instituto apoiará proxectos dirixidos a mellorar a organización das pemes mediante subvencións á consultoría de procesos e implantación  de ferramentas de xestión e cadros de mando.
As pemes interesadas nestes apoios poderán presentar as súas solicitudes (http://www.tramita.igape.es) a partir de hoxe, 6 de xuño, e ata o próximo 31 de agosto

Navegación de artigos