Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Outubro, 2008”

SUBVENCIÓNS FINANCIAMENTO PLANS DE FORMACIÓN TRABALLADORES

Orde do 24 de outubro de 2008 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación sectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

Advertisement

PROCESO DE SELECCIÓN XERIÁTRICO DE MONFORTE DE LEMOS

DENDE ESTE BLOGUE PÓDESE ACCEDER AO TRAVÉS DA SÚA LIGAZÓN Á PÁXINA DE SOGASERSO QUE SERÁ A ENCARGADA DE REALIZAR O PROCESO DE SELECCIÓN DOS XERIÁTRICOS DEPENDENTES DE DITA ENTIDADE.

NA ACTUALIDADE, TAL COMO VEN REFLECTIDO NA VOZ DE GALIZA DESTE DOMINGO, ESTÁN MERGULLADOS NO PROCESO DE SELECCIÓN DO XERIÁTRICO DE MONFORTE.

PARA MÁIS INFORMACIÓN ACCEDE Á PÁXINA DE SOGASERSO.

SUBVENCIÓNS EMPRESAS TURÍSTICAS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN
E INDUSTRIA

Orde do 13 de outubro de 2008 pola que se
modifica a do 18 demarzo pola que se establecen
as bases reguladoras para a concesión, en
réxime de concorrencia competitiva, das subvencións
a empresas turísticas para o fomento
do turismo no medio rural, e se procede á súa
convocatoria para o ano 2008 (IN983E).

Fomento da investigación e a innovación empresarial

Publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia:

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN
E INDUSTRIA
Orde do 9 de outubro de 2008 pola que se
modifica o artigo 6 dos anexos I, II, III, IV,
V, VI e VII así como o artigo 16 da Orde do
25 de abril de 2008 ( Diario Oficial de Galicia
do 8 de maio) pola que se establecen as
bases reguladoras para a concesión, en réxime
de concorrencia competitiva, das subvencións
para o fomento da investigación e a
innovación empresarial no ámbito da
Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede
á súa convocatoria para o ano 2008.


OFERTA CONCELLO DE BURELA

No progreso do 19 de outubro saíu este anuncio:

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO

OBXECTO: CONTRATACIÓN COMO PERSOAL LABORAL NON PERMANENTE DUN/UNHA MEDICO/A PARA UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIA DO CONCELLO DE BURELA.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E MÉRITOS: 5 DÍAS NATURAIS, A CONTAR DENDE O SEGUINTE AO DA DERRADEIRA PUBLICACIÓN DESTE ANUNCIO. SE O ÚLTIMO DÍA DE PRAZO E INHÁBIL, TRASLADARASE AO PRIMEIRO HÁBIL SEGUINTE.

BASES REITORAS: ESTÁN A DISPOSIÓN DAS INTERESADAS/OS NO REXISTRO XERAL DO CONCELLO DE BURELA.

OFERTA CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO PUBLICADO NO PROGRESO MARTES 14 DE OUTUBRO.

CONTRATACIÓN COMO PERSOAL LABORAL NON PERMANENTE DUN/UNHA AUX DE ENFERMERÍA PARA O PROGRAMA DE SAÚDE DO CONCELLO DE BURELA.

Prazo de presentación de solicitudes e méritos: 8 días naturais a contar dende o seguinte ao da última publicación deste anuncio. Se o último día do prazo é inhábil trasladarase ao primeiro hábil seguinte.

BAses reitoras: Están a disposición dos interesados/as no Rexistro Xeral do Concello de Burela.

AMPLIACIÓN CRÉDITO PARA AXUDAS DO IGAPE EMPRESAS SECTOR TRANSPORTE PÚBLICO

Resolución do 9 de outubro de 2008 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para as axudas do Igape para o apoio aos investimentos das empresas do sector de transporte público de viaxeiros por estrada (procedemento IG149).

ADMINISTRATIVO CONCELLO MONDOÑEDO

    Oferta pública de emprego de 2008    B.O.P. Nº 234  venres 10 de outubro de 2008 

DENOMINACIÓN DE PRAZA:  Administrativo.

ENTIDADE LOCAL CONVOCANTE: Concello de Mondoñedo

Nº POSTOS CONVOCADOS: 1

TIPO DE PRAZA: Persoal funcionario

LISTAS DE AGARDA DO CONSORCIO

Resolución do 7 de outubro de 2008, da Comisión de valoración e seguimento, das listaxes de agarda para a cobertura temporal de postos de traballo, pola cal se aproba e se fai pública a listaxe provisoria de persoas admitidas, coa súa puntuación e orde de prelación, e de persoas excluídas, na categoría de plans de inclusión social no ámbito territorial da Coruña, Pontevedra, Lugo e Ourense e na categoría de auxiliar administrativo no ámbito territorial dos servizos centrais.

 

Foro da Cámara de Comercio de Lugo sobre exportacións

Os días 14 e 15 de outubro celébrase en Lugo o I Foro “Atrévete a exportar” os interesados poden informarse e inscribirse no teléfono: 982284300, no mail: coex@camaralugo.com ou na súa páxina web www.camaralugo.com

Navegación de artigos