Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Xaneiro, 2016”

NOVAS OFERTAS DO S.P.E.G PUBLICADAS HOXE DÍA 29 DE XANEIRO DO 16

1
29/01/2016
FERROL (A CORUÑA)
2
29/01/2016
TEO (A CORUÑA)
3

OFERTA NA EMBAIXADA DE ESPAÑA EN LONDRES

Trabajar en la Embajada


La información relativa a las plazas convocadas por el Consulado General de España en Londres está disponible en la página del propio Consulado General.

 

Para la consulta de convocatorias pasadas, ya no publicadas en esta sección, es necesario dirigirse a la página web del órgano, Consejería Agregaduría concernida.
CONVOCATORIA PARA INGRESO COMO PERSONAL LABORAL FIJO EN LA EMBAJADA DE ESPAÑA EN LONDRES CON LA CATEGORÍA DE EMPLEADO DE LIMPIEZA
Advertisement

OFERTA PARA A LOCALIDADE DE VILALBA

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de Técnico de Alta Tensión mtto. subestacións e AT para localidade de Vilalba.

OFERTA PARA A LOCALIDADE DE RIBADEO

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de axente comercial para Ribadeo.

OFERTA PARA A LOCALIDADE DE AS PONTES

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de Oficial de 2ª Carpinteiro/a de aluminio para a localidade de As Pontes.

Lugo acolle por primeira vez o Premio Xoven Empresario de Galicia, que reunirá na cidade a unhas 200 persoas

A Alcaldesa, os presidentes de AJE Galicia e Lugo, o Presidente da Deputación e unha representante de Afundación presentaron a gala, que terá lugar o vindeiro xoves, 4 de febreiro, ás 19:00 horas, no MIHL

Méndez subliñou que acoller os galardóns e que AJE Galicia decidise implantar por primeira vez a súa sede na cidade “pon a Lugo no mapa de Galicia, empresarial e do emprendemento, o que terá repercusións moi importantes”

Darío Campos expresou o compromiso de colaboración da entidade provincial en futuras iniciativas, “máis alá do acto do vindeiro xoves”, e avanzou que “contaremos con AJE para a posta en marcha do noso plan de emprego xuvenil”

Carmen José López agradeceu a Concello e Deputación o apoio recibido, “que fixo posible que a gala se celebre no MIHL e que a Fundación TIC grave a entrega de premios para poder difundila na web da asociación e nas súas redes sociais

Lugo acolle por primeira vez o Premio Xoven Empresario de Galicia, que reunirá na cidade a unhas 200 persoas

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Presidente da Deputación, Darío Campos, a presidenta da Federación Galega de Xoves Empresarios-AJE Galicia, Carmen José López, e o da delegación lucense, Juan Manuel López, e a coordinadora adxunta de Educación Superior de Afundación, Carlota Sánchez-Montaña, presentaron este mércores no Salón de Plenos do Concello a quinta edición o Premio Xoven Empresario de Galicia, que por primeira vez acolle a cidade de Lugo e que reunirá a unhas 200 persoas. A gala terá lugar o vindeiro xoves, 4 de febreiro, ás 19:00 horas, no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL).

“Para Lugo é un privilexio acoller por primeira vez este premio”, subliñou a Alcaldesa,  que agradeceu a AJE Galicia “que confiase en Lugo para ser destino deste certame e tamén que por vez primeira decidise establecer aquí a súa sede”, ao instalarse no CEI Nodus hai pouco máis dunha semana. Isto “pon a Lugo no mapa de Galicia, empresarial e do emprendemento, o que terá repercusións moi importantes para a nosa cidade”.

A rexedora destacou que “o valor da microempresa é fundamental, pois supón o 90% da estrutura laboral e o 78% do autoemprego no país, o que pon de manifesto a relevancia de seguir apoiando o emprendemento e ás pequenas e medianas empresas, como tamén o labor que pode desempeñar AJE Galicia e AJE Lugo”, asegurou.

Así mesmo, Lara Méndez puxo de relevo que “o xoven empresario non son só a xente nova, senón todas aquelas persoas que emprenden por primeira vez, independentemente da idade, e, polo tanto, necesita de axuda, información e asesoramento. Ese papel é o que vai a facer AJE Galicia dende o CEI Nodus, apoiando ademais toda aquela iniciativa empresarial que acolle no viveiro de empresas do centro”.

Colaboración AJE-Deputación
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, felicitou a AJE pola organización da quinta edición desta cita e agradeceulle o feito de que elixise a provincia de Lugo para a súa celebración. Campos Conde trasladou á Asociación de Jóvenes Empresarios a colaboración do organismo provincial en futuras iniciativas, máis alá da que se celebra o vindeiro xoves, e avanzou que “contaremos con AJE para a posta en marcha do noso plan emprego xuvenil”. Está dotado de 2 millóns de euros e ofrecerá formación a uns 300 mozos lucenses no paro para contribuír á súa inserción laboral en empresas da provincia ou favorecendo o emprendemento.

O vindeiro mes arrancará a fase de diagnóstico, na que haberá encontros con mozos, empresarios e colectivos para coñecer as necesidades. A Deputación contará coa participación de AJE, entre outras asociacións. Logo terá lugar a fase formativa e, posteriormente, a de inserción laboral. Esta poderá ser en empresas da provincia, que recibirán ata 4.200 euros para custos laborais e salarias, ou favorecendo o emprendemento e ofrecendo axudas de ata 3.000 euros para que os mozos abran os seus propios negocios.

Os premios
Pola súa banda, Carmen José López lembrou que o vindeiro xoves 4 de febreiro AJE Galicia recoñecerá ao Joven Empresario e ao Joven Emprededor do 2015. A maiores, e como ven sendo habitual, a asociación premiará tamén a aqueles proxectos empresariais que aposten pola internacionalización, a innovación e a creación de emprego na nosa comunidade. Nesta liña, a presidenta de AJE Galicia salientou o apoio incondicional do Igape,  Abanca e mais de Afundación a uns premios que este ano chegan á súa quinta edición.

Neste senso, Carlota Sánchez-Montaña Puga, coordinadora adxunta de Educación Superior de Afundación destacou que os galardoados recibirán formación, valorada en preto de 19.000 euros, na Escuela de Negocios de Afundación.

Do mesmo xeito, a presidenta de AJE Galicia, Carmen José López, agradeceulle ao Concello de Lugo e á Deputación de Lugo todo o apoio recibido nestes últimos meses. Unha colaboración que fixo posible que finalmente a gala se celebre no MIHL e que o persoal da Fundación TIC grave integramente a entrega de premios para poder difundila posteriormente na páxina web da asociación e nas súas redes sociais.

No que atinxe á elección do espazo, a presidenta de AJE Galicia destacou que o Museo Interactivo da Historia é o lugar idóneo xa que “une pasado, presente e futuro coa innovación como bandeira”. Así, López asegurou que o feito de que Lugo acolla por primeira vez na súa historia estes premios é todo un fito e responde ao obxectivo marcado por AJE Galicia de darlle visibilidade a todas e cada unha das cidades e vilas da comunidade, “ao tempo que se recoñece o talento empresarial do que dispoñemos”.

Colaboracións
Carmen José López quixo facer fincapé no moito que a cidade se involucrou neste proxecto, algo que se materializa coas colaboracións do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes e mais da Escola de Arte Ramón Falcón. Está previsto que un grupo de alumnos e alumnas do Conservatorio actúen ao longo da gala e que varios estudantes da Ramón Falcón realicen unha reportaxe fotográfica do evento. A maiores, serán tamén os alumnos da Escola de Arte, concretamente do ciclo de cerámica, quen se encarguen do deseño e elaboración dos trofeos desta quinta edición. “A verdade é que fomos chamando a todas as portas e sempre nos abriron”, subliñou a presidenta de AJE Galicia.

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES NO DOG DE HOXE DÍA 29 DE XANEIRO DO 16

onsellería de Economía, Emprego e Industria

3336

Descargar PDF

3350

Descargar PDF

3367

Descargar PDF

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

3369

Descargar PDF

Consellería do Medio Rural

3397

Descargar PDF

3408

Descargar PDF

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES NO BOE DE HOXE DÍA 29 D XANEIRO DO 16

DMINISTRACIÓN LOCAL

Personal funcionario y laboral

Plaza de Responsable del Área de Deportes. Corvera

Mocedastur Blog

Corvera de AsturiasEl Ayuntamiento de Corvera convoca, por concurso-oposición libre, una plaza de Responsable del Área de Deportes, mediante contrato de relevo (Grupo A2 de Titulación, Subgrupo A1).

Algunos requisitos:

  • Estar en posesión de cualquiera de las siguientes titulaciones: Diplomado Universitario, Ingeniero Técnico, Arquitecto Técnico, o el título de Grado correspondiente o cualquier titulación equivalente a las mismas.
  • Estar en posesión del carnet de conducir B.

La instancia se podrá descargar de la página web del Ayuntamiento de Corvera de Asturias (www.corvera.es), dirigida al Sr. Alcalde-Presidente del Ilmo. Ayuntamiento de Corvera de Asturias. Deberá presentarse en el Registro General del Ayuntamiento o en las Oficinas de Atención al Ciudadano, o en los restantes registros previstos en el art. 38.4 de la Ley 30/1992.

Plazo de presentación de solicitudes: hasta el 5 de febrero de 2016.

Más información en el BOPA de 25 de enero 2016

View original post

OFERTA PARA A LOCALIDADE DE VIVEIRO

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de Encargado/a Xefe de obra para Covas Viveiro.

Navegación de artigos