Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Maio, 2008”

PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL TRABADA

D.O.G. Nº 102  MÉRCORES 28 de maio de 2008 

DENOMINACIÓN DE PRAZA: Traballador social

ENTIDADE LOCAL CONVOCANTE: Concello de Trabada

Nº POSTOS CONVOCADOS: 1

TIPO DE PRAZA: Persoal laboral fixo

BOLSAS REALIZACIÓN ESTUDOS POSGRAO NA UE

Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, polo que se anuncia a convocatoria de bolsas para a realización de estudos de posgrao (máster, doutoramento ou investigación de posdoutoramento) en calquera das universidades e centros superiores de investigación de países da Unión Europea, para o curso académico 2008-2009 ou 2009-2010, nas áreas de ciencias sociais.

Advertisement

CORRECCIÓN ERROS RESOLUCIÓN BASES AXUDAS BONIFICACIÓN XUROS PRESTAMOS EXPLOTACIÓN GANDEIRAS

Corrección de erros.-Resolución do 14 de maio de 2008 pola que se aproban e se publican as bases reguladoras das axudas deste instituto destinadas á bonificación de xuros de préstamos formalizados por titulares de explotacións gandeiras galegas ao abeiro da Orde APA/165/2008, do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, instrumentadas mediante convenio coas entidades financeiras, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2008.

FOMENTO EMPREGO EN EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL E PROMOCIÓN COOPERATIVISMO

Orde do 22 de maio de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

Lectorados de lingua, literatura e cultura galegas

Resolución do 20 de maio de 2008 pola que se aproba a convocatoria de lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en universidades de España e do estranxeiro.

BASES AVOGADA CIM BURELA

BASES ESPECÍFICAS PARA PROVER COMO PERSOAL LABORAL FIXO UNHA PRAZA DE AVOGADA DO CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER DO CONCELLO DE BURELA (LUGO)

OFERTA CONCELLO DE BURELA

OBXECTO: CONTRATACIÓN COMO PERSOAL LABORAL NON PERMANENTE (CONTRATO DE INTERINIDADE) DUN/UNHA INFORMÁTICO/A.

PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES E MÉRITOS: 8 DÍAS NATURAIS A CONTAR DENDE O SEGUINTE AO DA PUBLICACIÓN DESTE ANUNCIO. (PUBLICOUSE NO PROGRESO O DÍA 25 DE MAIO). SE O ÚLTIMO DÍA DO PRAZO É INHÁBIL, TRASLADARASE AO PRIMEIRO HÁBIL SEGUINTE.

BASES REITORAS: ESTÁN A DISPOSICIÓN DOS INTERESADOS NO REXISTRO XERAL DO CONCELLO DE BURELA.

CONCURSO ACCESO PRAZAS CORPOS DOCENTES UNIVERSITARIOS UNIVERSIDADE COCUÑA

Resolución do 28 de abril de 2008 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos de docentes universitarios.

MODIFICACIÓN BASES AXUDAS BONIFICACIÓN GASTOS FINANCEIROS PRESTAMOS IGAPE BEI

Resolución do 15 de maio de 2008 pola que se fai pública a modificación das bases reguladoras das axudas para a bonificación dos gastos financeiros nos préstamos do Instituto Galego de Promoción Económica para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI).

PROGRAMA DE INCENTIVOS A PLANS EMPRESARIAS DE ESTABILIDADE LABORAL

Orde do 19 de maio de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

 

Navegación de artigos