Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Agosto, 2012”

OFERTA DE EMPREGO PARA XOVE

A ETT NORTEMPO está a realizar unha selección para Xove.

Perfil solicitado:

-Operaria con experiencia en traballos en cadea de produción (conserveiras, empresas de conxelado….)

– Dispoñibilidade horaria de luns a venres.

– Residencia en Burela, Xove, San Cibrao, Viveiro.

– Vehículo propio.

–  Incorporación inmediata.

O traballo é de luns a venres, ao comezo so se traballaría 3 días a semana de 07:00 a 15:00 ou de 15:00 a 23:00 con posibilidades de ampliación de xornada a cinco días semanais nos mesmos horarios.

contrato inicial: 3 meses con posibilidade de prórroga.

Interesadas mandar CV a lugo@nortempo.com

Advertisement

VACACIÓNS DE EMPREGO VIVEIRO

Por estar o técnico de vacacións este blogue e as redes sociais dependentes do mesmo non estarán moi operativos ate o 26 de setembro.

 

Perdoen as molestias.

Consellería de Traballo e Benestar

 

ORDE do 24 de agosto de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

Ofrecen más de 100 puestos de trabajo en el sector de la hostelería de A Coruña

Ahora que muchos contratos de temporada en el sector de hostelería acaban, parece que hay algunas posibilidades de buscar una recolocación si hacemos caso a la nota de prensa que ha difundido Adecco en la que ofrece más de cien puestos de trabajo en el sector de la hostelería en la provincia de A Coruña que van desde cocineros o ayudantes de cocina a camareros, ayudantes de camarero o auxiliares de servicio de limpieza.En todos los casos se valorará la formación previa en manipulación de alimentos así como la experiencia demostrable como profesionales en el sector hostelero. Se requiere máxima disponibilidad y flexibilidad horaria debido a la variación de horarios del puesto.
Adecco ofrecerá a todos los trabajadores formación en Prevención de Riesgos Laborales así como la continuidad del contrato laboral.
Los interesados deberán enviar antes del 30 de septiembre vuestro C.V. a las direcciones de correo electrónico ines.sanjuan@adecco.com y ana.sanchez@adecco.com.

OFERTA PARA VIVEIRO 2

Se picas nesta ligazón podes ver unha oferta de promotora para Viveiro.

OFERTA PARA VIVEIRO

Se picas nesta ligazón podes ver unha oferta de segunda/o encaragada/o para tenda sector textil e calzado para Viveiro.

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2012 pola que se convoca un curso de xestión de incidencias e manexo de aplicación nos servizos de emerxencias asociados ao CAE 112 Galicia.

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 23 de agosto de 2012 pola que se modifica a Orde do 31 de decembro de 2011 pola que se procede á convocatoria de axudas dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo para o ano 2012 (Diario Oficial de Galicia número 13, do 19 de xaneiro).

O obxecto da Orde do 31 de decembro de 2011 é a convocatoria de axudas dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo para o ano 2012, coa finalidade de promover a incorporación de persoas desempregadas ás entidades de economía social, apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación e modernización deste tipo de empresas mediante unha mellora da súa competitividade, así como a promoción do cooperativismo a través de distintos programas.

A publicación no Boletín Oficial del Estado do día 30 de xuño da Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2012 expresa un importante esforzo no control do gasto co fin de reducir o déficit público e acadar o obxectivo de estabilidade orzamentaria, cun axuste de 27.300 millóns de euros.

Este importante axuste supón unha redución media de case o 17 por cento na capacidade de gasto dos ministerios e, no caso das políticas activas de emprego, implica a redución de 1.557 millóns de euros para este exercicio no conxunto do Estado, tanto para o Servizo Público de Emprego Estatal como para os autonómicos.

A orde pola que se procede á convocatoria de axudas dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo para o ano 2012 ditouse e publicouse coa correspondente autorización do gasto con base nos créditos contidos na Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, de acordo coas previsións de fondos finalistas facilitadas polo Servizo Público de Emprego Estatal.

Unha vez aprobada pola Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais, na súa reunión do día 24 de maio de 2012, a distribución de fondos en materia laboral dos orzamentos xerais do Estado para a súa xestión polas comunidades autónomas no ano 2012 e, en concreto, para Galicia, en materia de medidas de políticas activas de emprego, procede realizar o correspondente e necesario axuste nas diferentes partidas destinadas ao financiamento destas medidas, de conformidade coas normas e previsións da Estratexia española de emprego 2012-2014, aprobada polo Real decreto 1542/2011, do 31 de outubro, e do Plan anual de política de emprego para 2012.

Por todo o anterior e en coherencia cos principios da política orzamentaria que implican o necesario equilibrio entre ingresos e gastos procede, neste momento, efectuar un axuste nos créditos inicialmente asignados a este centro de gasto nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia e, coa finalidade de poder cumprir cos obxectivos de estabilidade orzamentaria da Facenda da Comunidade Autónoma, esta consellería vese obrigada a adoptar medidas de reaxuste dos créditos financiados con fondos finalistas de emprego autorizados para o financiamento de subvencións no exercicio de 2012 e a modificar a correspondente orde de convocatoria, neste caso concreto na materia do programa II: mellora da competitividade en cooperativas e sociedades laborais.

Así pois, de acordo co exposto e co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, así como nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións, e en virtude das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Minórase o importe do orzamento inicial previsto no artigo 5 da Orde da Consellería de Traballo e Benestar do 31 de decembro de 2011 pola que se procede á convocatoria de axudas dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo para o ano 2012 (DOG número 13, do 19 de xaneiro), para o programa II: mellora da competitividade en cooperativas e sociedades laborais nas aplicacións e nas contías seguintes:

Para o exercicio 2012 minórase:

Aplicación: 12.03.324A.770.0: 450.000 euros.

Para o exercicio 2013 minórase:

Aplicación: 12.03.324A.770.0: 150.000 euros.

Artigo 2. Prazo de solicitude

Esta modificación non afecta os prazos establecidos para a presentación de solicitudes na Orde do 31 de decembro de 2011 pola que se procede á convocatoria de axudas dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo para o ano 2012.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2012

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

COMPROBACIÓN DO DEREITO Á ASISTENCIA SANITARIA

É moi importante que os desempregados que non cobren ningún tipo de prestación a partir do 1 de setembro  realicen o trámite na seguridade social para seguir tendo o dereito á asistencia sanitaria.

Deberán dirixirse polo tanto á seguridade social e pedir cita previa levar o DNI.  

Ao través da seguinte ligazón podes comprobar se posúes ou non asistencia sanitaria:

https://sede.seg-social.gob.es/Sede_1/ServiciosenLinea/Ciudadanos/169207

OFERTAS S.P.E.G

Picando nesta ligazón podes ver as ofertas publicadas polo Servizo Pùblico de Emprego de Galiza nesta semana.

Navegación de artigos