O Consorcio de Servizos de Igualdade e de Benestar convoca un proceso de selección como persoal laboral temporal dunha persoa técnica do Plan de Igualdade de Oportunidades e dunha persoa técnica do Plan Integral de Apoio ás Familias e publica as bases que han de rexer o proceso de selección.
Mais información na páxina do consorcio
Empresa de selección de Lugo, necesita persoal cualificado, unhas 4 ou 5 persoas.
Albaneis, oficiais de 1ª e2ª incluso peóns especialistas para realización de obra en Viveiro.
Traballo a realizar en obra civil, canlenizacións, colocacións de adoquíns, reforzos de firmes e pavimentos….
Pídese:
– Experiencia en construción en xeral, reformas…
Condicións:
– Duración aproximada da obra 4-5 meses con posibilidade de incorporación á empresa usuaria.
– Contrato por obra e servizo.
– Salarios: Oficial de 1ª: 1.300 Euros, Oficial de 2ª: 1150-1200 Euros, Peón especialista: 1.000-1.100 euros.
Interesados póñase en contacto co Servizo de Orientación Laboral do Concello de Viveiro e pergunte por José Manuel. 982 560128-ext 35
Proxectos de cooperación de empresarios galegos no exterior
O I Congreso Técnico Empresarial Emprendedores Galegos no Exterior, celebrado en Montevideo os días 22, 23 e 24 de marzo de 2007, acolleu a presentación diversos proxectos empresariais para os que se busca cooperación.
Trátase de proxectos de emprendedores de orixe galega no exterior que solicitan cooperación en distintos eidos ou financiamento de terceiros para levar a cabo os seus plans.
Os proxectos presentados corresponden a emprendedores de Uruguai, Venezuela, República Dominicana, Brasil e Arxentina que desenvolven os seus proxectos nos sectores agrícola, gandeiro, forestal, industrial, da construción, das enerxías renovables, do textil ou de servizos, entre outros.
Aquelas persoas interesadas ou que desexen mais información poden chamar aos teléfonos +34 981957099 / +34 902300903 ou no seguinte e-mail: redegaliciaexterior@igape.es.
AXUDANTE DE PANADERÍA
Empresa de traballo temporal selecciona dúas personas para postos de axudante de panadería na cidade de Lugo.
Valorarase personas con experiencia en traballos con esforzo físico,experiencia en traballos en línea de producción e coñecementos de informática.
REQUISITOS:
Nivel de estudos: FP1.
Experiencia: menos dun ano.
Residencia: Localidade do posto vacante.
CONTRATO/ REMUNERACIÓN:
Xornada intesiva (mañá): 06.00 a 14.00
Empresa de Muras vai necesitar peóns para a campaña de verán.
Condicións:
– Duración: máximo 3 meses.
– Tipo de contrato: Eventual.
– Categoría: Peón.
– Salario: Segundo o Convenio Colectivo.
– Xornada: Turnos de mañá / tarde / noite.
Para máis información ou para recoller a solicitude:
A partir de mércores 23 de maio.
SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL
CONCELLO DE VIVEIRO
Praza Maior, 1
Segundo andar
Teléfono: 982560128-EXT 35
Mercado laboral é o ámbito onde se define todo o relacionado coas ocupacións, co emprego e coas relacións entre traballadores e empresarios. O mercado de traballo está en continuo movemento producíndose desequilibrios entre a oferta e a demanda de emprego. Os desequilibrios producen cambios como a modificación das capacidades, os coñecementos e a experiencia que se precisan para desempeñar un emprego; a creación de novas profesións e a desaparición doutras. Os traballadores deben adaptarse a estes cambios, sendo a formación o recurso fundamental para facelo. Esta guía pretende servir de orientación no proceso de incorporación ao mundo laboral. Fará fincapé no emprego público e privado, así como na formación necesaria para incorporarse ao mercado de traballo. Denominamos servizos de emprego a aqueles organismos ou entidades públicas ou privadas que poñen en contacto ás persoas traballadoras (desempregados ou non desempregados) con empresariado. Destacamos como actividade principal a de intermediación no mercado de traballo, aínda que poden desenvolverse outras como a formación ocupacional. Ao final da guía facilítase un directorio con teléfonos, enderezos de interese e páxinas web ás que se pode acudir en materia de búsqueda de emprego.
a) EMPREGO NAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS Chámase EMPREGO PÚBLICO ás prazas ou postos de traballo vacantes nas Administracións Públicas:
O termo función pública refírese ás persoas que traballan na administración pública, co fin de cumprir co obxectivo propio desta: asegurar o funcionamento das institucións públicas e a defensa do interese xeral e dos servizos públicos, baixo o mandato e as estratexias definidas polos órganos de decisión política. Ao emprego público accédese mediante oposicións, concurso oposición ou concurso:
b) ORGANISMOS PÚBLICOS DE EMPREGO A administración oferta aos cidadáns distintas posibilidades de información para acceder á vida laboral: § OFICINA DE EMPREGO: O Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE) é un organismo autónomo da Administración Xeral do Estado Español; a súa función principal é a xestión do emprego, rexistro público de contratos, xestión de subvencións de emprego ás empresas, xestión das prestacións por desemprego e formación ocupacional para a colocación. Os servizos que oferta a Oficina de Emprego son:o Inscrición e rexistro como demandantes de emprego.o Oferta de postos de traballo que se adapten ás súas características e oferta de emprego procedente de outros países da Unión Europea, así como a súa tramitación.o Formación profesional ocupacional.o Calificación profesional.o Servizo de intermediación de apoio á colocación.o Servizo integrado para o emprego. As obrigas que han de observar as persoas inscritas como demandantes de emprego son:– Renovar a demanda, normalmente, cada tres meses e no día que figura na tarxeta.– Acudir á oficina cando sexan citados. § SGC: O Servizo Galego De Colocación é a denominación baixo a que a Xunta realiza as súas funcións de intermediación entre a oferta e a demanda de emprego con eficacia, transparencia e rapidez. O SGC conta con distintos centros colaboradores en Corporacións Locais, Confederacións e asociacións empresariais e sindicais, entidades especializadas en atención a determinados colectivos… O SGC oferta:o Información profesional.§ Proporciona información a cada demandante de emprego acerca das actuacións que leva a cabo o servizo público de emprego, así como pautas básicas sobre a situación do mercado laboral.§ Tratamento da demanda de emprego mediante a revisión do currículo vitae dos demandantes.§ Renovación do currículo cando o solicite o demandante de emprego.§ Modificación do currículo.§ Captación de ofertas de traballo. o Orientación laboral e búsqueda de emprego: atención personalizada aos usuarios coa finalidade de avaliar o perfil curricular de cada demandante, establecendo actuacións tendentes a adecuar os seus intereses e motivacións á situación actual do mercado de traballo. O Concello de Viveiro é entidade colaboradora do Servizo Galego de Colocación.
III. SECTOR PRIVADO.
Tomada a decisión de iniciar a busca de emprego nas distintas entidades ou empresas de caracter privado os pasos a seguir son: 1. Atopar empresas que ofrezan traballo no sector productivo determinado e no ámbito xeográfico de interese.O acceso a esta información realizase a través de : lectura de prensa, ofertas da oficina de emprego, internet mediante consulta das distintas páxinas, empresas de traballo temporal, directorios de teléfono das distintas empresas… 2. Análise da oferta de traballo, búscanse os seguintes datos para confrontalos coas expectativas e posibilidades personais: POSTO DE TRABALLO-Denominación ¿ De que posto se trata?– Tipo de empresa– Funcións que se deben desempeñar– Condicións de traballo (tipo de contrato, retribución…)– Nivel de resonsabilidade. PERFIL SOLICITADO– Formación necesaria para ocupar o posto.– Formación complementaria.– Idade-Cualidades físicas.– Aptitudes e habilidades.– Características de personalidade.– Intereses.– Experiencia– Posibilidades de promoción. 3. Instrumentos relacionados coa búsqueda de emprego.
a) CURRICULUM VITAE É un resumo escrito e ordenado da formación adquirida e das experiencias laborais, para demostrar a idoneidade da nosa candidatura a un posto concreto e co obxectivo de acceder á entrevista de selección. TIPOS § Cronolóxico: caracterízase porque os datos vinculados á formación e á experiencia laboral ordénanse por datas. Xeralmente a información preséntase do mais antigo ao mais recente. Permite destacar a traxectoria seguida. Non é recomendable cando se cambiou de traballo con asiduidade.§ Inverso: permite destacar a experiencia laboral recente. Recoméndase si ten relación co posto de traballo ao que aspiramos.§ Temático ou funcional: consiste en ordenar o Curriculum Vitae por bloques independentes en función das distintas áreas de actividade. Permite destacar a información máis vinculada co posto que se solicita.Tamén serve para disimular perídos nos que non se realizou ningunha actividade ou cando se posue experiencia moi dispersa. SUXERENCIAS SOBRE:
CONTIDO | REDACCIÓN |
– Non escribir datos falsos– Escribir datos e datas con precisión– Seguir unha traxectoria lóxica– Concretar información– Brevidade e concisión, non superar as dúas páxinas– Adxuntar foto tamaño carné– Compensar a ausencia de experiencia laboral relacionando prácticas laborais– Destacar os requisitos que se cumpren, omitindo os que non se cumpren. | – Papel branco– Formato Din A4 por unha cara– Respectar as marxes– Escrito a ordenador, salvo indicación contraria– Redacción e ortografía coidadas– Non grapar– Non firmar |
b) CARTA DE PRESENTACIÓN É o texto que vai a presentar o Curriculum Vitae TIPOS§ Cando se escribe en RESPOSTA A UNHA OFERTA: debe aludir necesariamente ao anuncio en custión sinalando a sua referencia e o medio no que se atopou.§ Cando se envía o Curriculum de maneira ESPONTÁNEA: nela faise constar que tipo de traballo se busca e os motivos para dirixirse a esa determinada empresa. SUXERENCIAS SOBRE:
CONTIDO | REDACCIÓN |
– Exposición do coñemento que se ten da empresa– Exposición da titulación e experiencia– Disposición para traballar na empresa | – Linguaxe clara e concisa, breve pero convincente, cordial e respec tuosa, nunca suplicante.– Redacta unha carta orixinal e específica para cada oferta que resulte de interese.– Os orixinais van firmados.– A carta é personalizada, dirixida á persoa que ofrece o posto. |
Á hora da redacción débese seguir unha orde lóxica: ENCABEZAMENTO:Na parte superior dereita faise referencia ao destinatario indicando o nome da persoa, empresa ou dirección. Se non ten esa información diríxese ao departamento de Persoal ou ao de Recursos humanos. Debaixo ponse o nome da localidade e data de redacción da carta. SAÚDO DE CORTESÍA:Colócase debaixo do encabezamento. O tratamento de respecto habitual é: “ Estimado/a Sr/a” 1º PARAGRÁFO: MOTIVOExponse a razón pola que se escribe a carta, indicando a fonte de información e o posto concreto ou tipo de traballo que se desexa conseguir. Exemplo:
-Con referencia ao posto de (….) que anuncia a súa empresa en (….)-En relación co anuncio publicado en (…), de data (…), solicitando(…)
-Estando interesado en traballar na súa empresa de (…)-Tiven a oportunidade de coñecer que a súa empresa(…) 2º PARÁGRAFO: CONSIDERACIÓNSResumo dos aspectos clave do Currículum que máis se aproximen ao perfil requerido pola empresa. Debe reflectir que se reúnen os requisitos solicitados a nivel formativo, experiencia, coñecementos e aptitudes para ese posto de traballo. É importante resaltar as cualidades que demostren que se é o candidato idóneo para o posto.Exemplo:
-Pola miña preparación e experiencia, considérome capacitado para cumprir as tarefas deste posto, debido á miña experiencia na realización desas tarefas no pasado, tal como se describe no Curriculum adxunto.– Son titulado/a e posúo experiencia en postos similares ao ofertado como se pode observar no meu Curriculum Vitae.
-Pola miña experiencia profesional levada a cabo nos últimos anos considero que posúo un amplo coñecemento de dito sector(…) 3º PARAGRÁFO: OBXECTIVOÉ o lugar onde se aclara o interese polo posto indicando a dispoñibilidade para manter unha entrevista. Exemplo:
– Como poden comprobar polo meu Curriculum Vitae, a miña experiencia adquirida en (…) permíteme optar ao posto que Vds ofrecen.
– Atendendo ás razóns citadas antes desearía teñan en conta a miña candidatura. Por elo solicítolles unha entrevista para tratar personalmente calquer cuestíón que estimen oportuna. DESPEDIDARemátase a carta cunha frase curta e cordial. Exemplos:–Agradecendo de antemán a súa atención, despídome cun cordial saúdo.– Quedando á súa disposición, atentamente. 4. Entrevista de selección. A entrevista de traballlo é considerada como un campo aberto a calquera posibilidade. Son diversas as modalidades de entrevista con distintos entrevistadores e preguntas inesperadas. Interveñen dúas formas de comunicación:§ Verbal: que fai referencia ao uso da palabra.§ Non verbal: refírese á expresión corporal, xestual, postural… O entrevistador obtén tanto información do que observa (comunicación non verbal) como do que escoita(comunicación verbal).
TIPOS DE ENTREVISTA § Directiva. Totalmente dirixida polo entrevistador.Hai que responder procurando axustarse ao guión.§ Non directiva: O entrevistador fai poucas preguntas e moi xerais. As respostas teñen que ser claras, enlazando uns temas con outros.§ Mixta: É o tipo de entrevista máis usual, na que se combinan cuestións concretas e outras xerais.§ De tensión: Dirixidas habitualmente a postos de reponsabilidade, caracterízanse por ser preguntas agresivas e que provocan situacións embarazosas.§ De grupo: Varios entrevistadores fan preguntas ao candidato.
PASOS PREVIOS Á ENTREVISTA 1. Informarse sobre a empresa atendendo a distintos aspectos:– Tipo de actividade, productos, traballadores.– Tipo de oferta de traballo, funcións do posto, responsabilidades, condicións laborais.2. Asistir con puntualidade3. Presentar un curriculum4. Coidar o aspecto personal e adoptar unha postura formal e seria5. Mostrarse cordial e amable. PREGUNTAS MÁIS USUAIS:
PERSONALIDADE§ Fálame de ti mesmo§ Dime tres defectos e tres virtudes que te caractericen§ Defínete con cinco adxectivos calificativos§ ¿Como te ves dentro de tres anos?
FORMACIÓN§ ¿Por que estudiaches esta titulación?§ ¿Quen influiu máis en ti á hora de elexir os estudos?§ ¿Que é o que mais che gustou dos teus estudos? ¿O que menos ?§ ¿Pensas proseguir ou ampliar os teus estudos?
TRABALLO§ ¿Que tal nos teus traballos anteriores? ¿Como os conseguiche?§ ¿Que é o que máis che aportaron as túas experiencias anteriores?§ ¿Porque non traballaches nunca?§ ¿Por que che gustaría ocupar o posto de traballo que estamos ofrecendo?
FORMACIÓN COMPLEMENTARIA§ ¿Como conseguiche dominar este programa informático?§ ¿Por que realizache este curso de Formación Ocupacional?§ ¿Como aprendiche este idioma?§ ¿Podes manter unha conversación en inglés?
VIDA PRIVADA§ ¿A que se adican teus pais, irmáns…?§ ¿Que fas no teu tempo libre?§ ¿Que aficións tes?§ ¿Que é o que máis valoras nun amigo?
I. CONCEPTO
FORMACIÓN OCUPACIONALDenomínase Formación Ocupacional o conxunto de accións formativas dirixidas a traballadores desempregados co fin de proporcionarlles as cualificacións demandadas polo sistema produtivo e insertalos laboralmente cando a súa cualificación resulte insuficiente ou inadecuada. FORMACIÓN CONTINUAConxunto de accións formativas que desenvolven as empresas, traballadores e sindicatos a través das modalidades previstas dirixidas tanto á mellora das competencias e cualificacións como á recualifiación dos traballadores en activo. As funcións desta modalidade formativa son:
II. ENTIDADES PRESTADORAS DE FORMACIÓN OCUPACIONAL E CONTINUA.
III. PROGRAMA E FORMACIÓN QUE OFRECE O CONCELLO DE VIVEIRO.
a) CURSOS PLAN FIP (Formación e Inserción Profesional) O Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional comprende o conxunto de accións de Formación Profesional Ocupacional dirixidas aos traballadores desempregados, para proporcionarlles as cualificacións requeridas polo sistema produtivo e insertalos laboralmente, cando os mesmos carezan de Formación Profesional específica ou a súa cualificación resulte insuficiente. Galicia como CCAA con competencia nesta materia elabora a Programación dos seus cursos con suxección aos obxectivos establecidos na Planificación do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. As accións formativas poden ter carácter presencial ou a distancia e incluirán unha parte práctica que se realiza en aulas taller ou en empresas coas que se celebran os oportunos convenios de colaboración. Os beneficiarios destas accións son:Todos os traballadores desempregados, tendo preferencia:
Os cursos solicítanse no Servizo Público de Emprego (ubicado en R/ Río dos Foles 11-13 Baixo. Viveiro) que é o encargado da súa xestión. Unha vez concedidos son impartidos polas distintas Administracións, entre as que está o Concello de Viveiro, entidades públicas, sindicatos…
b) PROGRAMAS EXPERIMENTAIS DE EMPREGO Os Programas Experimentais de Emprego teñen por obxectivo o desenvolvemento de plans integrais de emprego que combinen accións de información, orientación e asesoramento, formación, práctica laboral e mobilidade xeográfica. Nestes plans integrais establécense obxectivos cuantitativos previstos de inserción laboral dos desempregados participantes neles. As accións que neles se desenvolven van orientadas á mellora da ocupabilidade dos seguintes colectivos considerados como prioritarios (inscritos como demandantes de emprego): a) Persoas con discapacidade.b) Persoas inimigrantesc) Mulleres con problemas de integración laborald) Persoas desempregadas con risco de exclusión sociale) Perceptores de subsidio e prestacións por desemprego. Ata o mes de setembro de 2007 estase a desenvolver no Concello de Viveiro o Programa Experimental de Emprego Crear, co obxectivo de acadar a inserción Profesional dos 75 usuarios que forman parte do mesmo. De xeito concreto as accións levadas a cabo dentro deste Programa Experimental de Emprego son:– Formación aos usuarios que, polo seu perfil, así o demanden.– Intermediación laboral servindo de nexo de unión entre os desempregados e o tecido empresarial.– Orientación laboral.– Prácticas profesionais, ata un total de 200 horas co obxectivo de que as personas que formen parte do Programa entren en contacto co mercado laboral desenvolvendo unha labor profesional adecuada ás suas características formativas e profesionais.
C) ESCOLA OBRADOIRO. CASAS DE OFICIOS. OBRADOIRO DE EMPREGO Os programas de Escolas Obradoiro, Casas de Oficios e Obradoiros de Emprego configuraranse como programas mixtos de emprego e formación que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, mediante a realización de obras ou servizos de interese xeral e social que lle posibiliten ao alumnado traballador a realización dun traballo efectivo que procure a súa cualificación profesioanl e favoreza a súa inserción laboral. As Escolas Obradoiro son unidades de carácter temporal onde se alterna a aprendizaxe co traballo productivo en actividades relacionadas coa recuperación do Patrimonio histórico, artístico, cultural ou natural; coa rehabilitación de contornos urbanos ou do ambiente; coa recuperación e acondicionamento de infraestructuras de titularidade pública que sirvan de base para os centros de iniciativas empresariais. Os destinatarios son mozos e mozas menores de vinte e cinco anos inscritos como demandantes de emprego no servizo público de emprego. As Casas de Oficios son centros de aprendizaxe e de animación do emprego xuvenil de carácter temporal. A aprendizaxe e a cualificación alternanse co traballo productivo en actividades relacionadas co mantemento e coidado de contornos urbanos ou do medio ambiente, recuperando ao mesmo tempo oficios artesanais ou tradicionais, preferentemente mediante a incorporación de novas tecnoloxías. Os destinatarios son mozos e mozas menores de vinte e cinco anos inscritos como demandantes de emprego no servizo público de emprego. Os Obradoiros de Emprego configúranse como un programa mixto que combina accións de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de vinte e cinco anos en diante coa finalidade de facilitar a súa posterior integración no mercado de traballo. As entidades autorizadas para impartir estes cursos son:
Actualmente estase a desenvolver no Concello de Viveiro a “ Escola Obradoiro Pazo da Misericordia” cunha duración de 18 meses. Consta de dúas etapas: a primeira de carácter formativo ou de iniciación e a outra de formación en alternancia co traballo ou a práctica profesional na que se formalizará un contrato para a formación, polo que se deben reunir os requisitos establecidos no artigo 11.2º do texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. Esta parte terá unha duración de 12 meses e vai dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional. As tres especialidades formativas que se están a desenvolver na Escola Obradoiro Pazo da Misericordia son carpintería, xardinería e albanelería.
d) OUTROS PROGRAMAS FORMATIVOS Dende os distintos departamentos do Concello de Viveiro desenvólvense ao longo do ano distintas accións formativas cunha poboación destinataria moi definida:
– Cursos de alfabetización.– Curso de iniciación ao galego.– Curso de castelán inmigrante.
Empresa de traballo temporal busca electromecánicos, repoñedores e carretilleiros para unha empresa do sector eólico.
Para traballar os meses do verán (xuño, xullo e agosto) polo que cabería a posibilidade de contemplar candidatos que se atopen estudando.
Existe posibilidade de incorporación na empresa despois do verán.
No caso dos electromecánicos requírese:
Formación e/ou experiencia en mecánica, electricidade ou electrónica.
No caso dos repoñedores e os carretilleiros requírese:
Experiencia previa en traballos de almacén e en manexo de carretilla elevadora respectivamente.
En caso de necesitar máis información ou de ter interese na oferta podes chamar ao 9825601258-ext 35 do SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL DO CONCELLO DE VIVEIRO perguntando por José Manuel.