BIC Galicia, en colaboración con Fegaxe (Federación Galega de Xoves Empresarios), poñen en marcha a cuarta edición do Programa SAEOMERCADO, un proxecto que ten como obxectivo acompañar ás xoves empresas na súa etapa de saída ó mercado e asesorar ós/ás empresarios/as na definición da estratexia de negocio, tratando así de evitar o fracaso superando as posibles dificultades que se poidan atopar no seu día a día.
SAEOMERCADO consta de tres fases:
-Training Workshop (40 horas)
-Mentorización (6 horas)
-Encuentro Comercial (1 día con pernocta)
*Training Workshop (40 horas)*
Nesta fase, profesores expertos na área empresarial abordarán temas como a Negociación Bancaria, o Plan Comercial, Planificación e Xestión de Recursos Humáns, etc.
*Mentorización (6 horas)*
Sesións individuais de cada empresa participante cun mentor asignado, que é un empresario de longa trayectoria que ofrecerá consellos prácticos ou valoracións sobre os aspectos das distintas áreas da empresa.
*Encontro Comercial (1 día con pernocta)*
Para poñer en práctica o aprendido na fase de formación, presentar as empresas participantes e ampliar a rede de contactos, organízase un encontro comercial entre os participantes da totalidade das edicións.
*Dirixido preferentemente a :*
– Titulares de empresa cunha actividade menor a 3 anos
– Emprendedores en fase de constitución da empresa.
*Obxetivos:*
– Consolidación da Pyme
– Mellora en áreas da xestión da empresa
– Ampliar a rede de contactos
– Incorporación á Rede Mentoring de BIC Galicia
– Xeneración de negocio
Ademais a peme participante se lle incluirá no Catálogo de empresas Saeómercado 2010 que se editará ó longo do programa.
*Coste do programa:*
Prezo do curso por alumno: 1200 euros
Importe subvencionado: 1140 euros
*Aportación do alumno:* 60 euros
Plazas Limitadas: riguroso orde de inscripción.
Fin plazo de inscripción: 2 de xuño
Inicio do programa: 4 de xulio
Horario: venres tarde (16 a 20 horas) e sábados mañá (9.30 a 13.30 horas)
*Máis información e inscripcións:*
*T. 608 752 100*
*T. 981 595 454
info@fegaxe.com *
*Adxuntase pdf con máis información e ficha de inscripción de alumno e ficha para o catálogo de empresas.*
MINISTERIO DE EDUCACIÓN
Por petición do responsábel da páxina web studentjob engadimos a ligazón de dito portal de emprego.
Dito portal está destinado aos estudantes de diversos países da UE.
Espero que sexa da vosa utilidade.
A partir de hoxe tendes unha nova ligazón no blogue
é dun portal de emprego para persoas con diversidade funcional e se cham disjob
Espero que vos sexa de utilidade.
José Manuel
Servizo de Orientación Laboral