O In Lugo impartirá un curso on line con 50 prazas para traballadores en activo entre o vindeiro 10 de xuño e o 30 de agosto, e outro semipresencial para persoas no paro con 25 prazas, que terá lugar do 2 de setembro ó 8 de outubro
Os interesados en anotarse nas novas accións formativas, con 150 horas lectivas cada unha e nivel de iniciación, poden facelo xa na páxina web provincialwww.deputacionlugo.org As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición
O Centro de Innovación Social continúa coa súa intensa labor encamiñada a mostrar ós lucenses como sacarlle o máximo partido ás TIC na súa vida persoal e laboral, ademais de fortalecer o tecido empresarial para manter e xerar emprego
A Deputación de Lugo, a través do Centro de Innovación Social In Lugo, organizou 2 seminarios gratuítos sobre marketing dixital dirixidos a traballadores en activo e desempregados da provincia co fin de amosarlles como aproveitar as posibilidades que ofrece este tipo ferramenta TIC para impulsar a actividade dunha PEME ou atopar traballo. O In Lugo impartirá deste xeito un curso on line con 50 prazas para profesionais entre o vindeiro 10 de xuño e o 30 de agosto, e outro semipresencial con 25 prazas para lucenses no paro, que terá lugar entre os días 2 de setembro e 8 de outubro. Neste último caso, as clases presenciais terán lugar na sede do Centro de Innovación Social, no mesmo edificio da Escola de Imaxe e Son (EIS), situado na rúa Frei Prácido Rei Lemos.
Os interesados poden inscribirse xa en calquera das dúas accións formativas accedendo á web provincialwww.deputacionlugo.org Nesta mesma web, ou ben no número de teléfono 982-22-51-86 ou no correoinlugo@deputacionlugo.org, poden encontrar toda a información ó respecto. As 75 prazas -50 para a modalidade on line e 25 para a semipresencial- cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Trátase de 2 seminarios de nivel de iniciación con 150 horas lectivas cada un, que levan por título Marketing de contidos dixitais na era das TIC e están financiados nun 80% pola Unión Europea a través do programa Innova-TE. O Centro de Innovación Social proporcionaralles o material didáctico necesario ós alumnos, que contarán con titorización e axuda durante todo o curso.
As ferramentas e estratexias de marketing dixital que se amosarán nos cursos teñen dous obxectivos fundamentais: por un lado, mellorar a competitividade das empresas, ampliar mercados, fidelizar clientes e aforrar custes, o que contribúe a aumentar o volume de beneficios; e por outro, sacarlles o máximo partido para mellorar o currículo e as posibilidades de inserción laboral. Algúns dos contidos do temario son as campañas on line, blogs e microblogs, a importancia da fidelización on line, a marca no marketing dixital, a eficacia da creatividade fronte á crise, novas estratexias creativas na rede ou a web como tenda 24 horas. Ademais de contidos teóricos, os asistentes coñecerán experiencias reais de éxito, e como elaborar un plan de marketing dixital e poñer en marcha as súas distintas fases.
Un milleiro de participantes en 2012
Con estas novas accións formativas, o Centro de Innovación Social continúa coa súa intensa labor encamiñada a eliminala fenda dixital na provincia, favorecelo equilibrio territorial e aproveitar as TIC para impulsar o desenvolvemento socioeconómico.
Preto de 1.100 veciños e empresas da provincia participaron o pasado ano nas accións formativas, todas gratuítas, organizadas polo In Lugo. Houbo obradoiros e xornadas, eminentemente prácticas, en 22 Concellos da provincia, encamiñadas a mostrar ós lucenses como sacarlle o máximo partido ás TIC na súa vida persoal e laboral, ademais de impulsar o tecido empresarial para manter e xerar emprego. O uso de buscadores web, o comercio electrónico, a formación en community manager, a creación de blogs e páxinas web, e o deseño de campañas de marketing on line foron as xornadas que tiveron unha maior aceptación.
A primeira das charlas tivo lugar hoxe en Outeiro de Rei (Lugo), na que se abordou tamén a utilización dos equipos de aplicación de fitosanitarios
A segunda das xornadas terá lugar mañá en Ribadavia, onde se fará especial fincapé no sector vitivinícola
As dúas iniciativas forman parte do Plan de Actividades 2013 do organismo dependente da Consellería de Traballo e Benestar
Un dos obxectivos desta actuación é reducir a sinistralidade laboral no sector da agricultura
Outeiro de Rei (Lugo), 29 de maio de 2013.- O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) está a promover a importancia de previr os riscos laborais no sector da agricultura co obxectivo de reducir os índices de sinistralidade neste eido. Para elo, está a organizar diferentes xornadas técnicas centradas en diversos aspectos. Hoxe tivo lugar en Outeiro de Rei (Lugo) unha charla centrada na prevención na horta, no invernadoiro e nos equipos de aplicación de fitosanitarios. Esta iniciativa repetirase mañá en Ribadavia (Ourense), na que, ademais, farase especial fincapé no sector vitivinícola.
Estas dúas iniciativas, ás que acudirán ao redor de 100 persoas, forman parte do convenio asinado entre o Estado e a Xunta para o período 2012-2016 de acordo cos Plans de Zonas Rurais, no marco do programa de desenvolvemento rural sostible.
Na xornada que tivo lugar hoxe na provincia de Lugo destacáronse diferentes aspectos, como que as condicións de traballo en horta e invernadoiros constitúen “un obxectivo prioritario” nos contidos e actuacións formativas que se abordan desde o Instituto “para tratar de reducir a sinistralidade laboral e acadar unha verdadeira mellora das condicións de vida ligadas a esta actividade”.
A Consellería de Traballo e Benestar persegue co desenvolvemento destas xornadas concienciar e sensibilizar sobre a importancia de traballar nas mellores condicións de hixiene e seguridade e sobre a necesidade de incluír no traballo diario as medidas que eviten a aparición de enfermidades profesionais.
Con respecto á aplicación dos produtos fitosanitarios, que se abordou na xornada de hoxe, é preciso lembrar que existe unha formación obrigatoria que capacita para o manexo de produtos fitosanitarios, aínda que na xornada os técnicos indicaron que é necesario actualizarse na formación e complementala. Os especialistas nesta materia incidiron, ademais, na importancia de axudar a implantar rutinas de traballo no manexo de plaguicidas.
Na charla que tivo lugar en Outeiro de Rei participaron, entre outros, técnicos do Instituto que abordaron, entre outras cuestións, os criterios que se deben ter en conta á hora de avaliar os riscos de exposición a fitosanitarios e o efecto das medidas preventivas que se deben adoptar.
Así mesmo, interveu un dos compoñentes do equipo técnico da Universidade de Santiago que realizou un exhaustivo traballo de campo denominado ‘estudo de aplicación de fitosanitarios en invernadoiros de Galicia’, así como responsables da Consellería de Medio Rural e do Mar.
Picando nas ligazóns podes ver ofertas para Bélxica de enfermería e fisioterapia:
Para realizar a solicitude a este proceso selectivo, debes rexistrarte na páxina de Convocatorias EURES (http://spe.sepe.es/convocatoriaseures). Debes introducir o teu número de NIF o NIE e un enderezo de correo electrónico de contacto. Selecciona “quero rexistrarme”.
Unha vez realizado este trámite, recibirás no teu enderezo de correo electrónico un nome de usuario e un contrasinal de acceso cos que poderás realizar a túa solicitude. Espera uns minutos antes de introducir todos os teus datos.
Cando cumplimentes os datos no aplicativo selecciona a familia “Sanitaria” e a convocatoria “Enfermeiras/os Bélxica”/ “Fisioterapeutas para Bélxica”. Indica tamén a empresa (ou empresas) ás que optas (Ej: ARMONEA).
A) Auxiliar Administrativo/a da Oficina de Rehabilitación do Concello de Mondoñedo para cubrir a baixa por maternidade da persoa que ocupa o posto de aux. administrativa da Oficina de Rehabilitación do Concello de Mondoñedo.
− Posto de traballo: 1 auxiliar administrativo/a.
− Titulación mínima requirida: Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.
− Sistema de selección: Concurso, segundo as bases que foron depositadas na Secretaría do Concello e poderán ser consultadas en horario de atención ó público, de 9 a 14 horas.
− Modalidade contractual: laboral, por obra ou servizo de duración determinada a tempo completo.
− Funcións: Baixo a coordinación da Arquitecta-Directora da Oficina de Rehabilitación, adicarase á tramitación de expedientes de solicitudes de subvención vinculadas á Rehabilitación das construcións e edificacións do noso ámbito territorial, así como todas as tarefas administrativas propias do convenio que cada ano suscribe o concello co Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia e co Ministerio de Fomento.
Atención ao público e información das distintas subvencións vinculadas ao ámbito da vivenda.
Lugar e prazo para presentación de instancias: No RexistroXeral do Concello de Mondoñedo, no prazo de 7 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación do presente anuncio da convocatoria no BOP.
Se o último día de prazo coincide con domingo ou festivo, entenderase que o prazo remata o primeiro día hábil seguinte.
Mondoñedo.- 9 de maio de 2013.- O Alcalde, M. Orlando González Cruz.-
ORDE do 15 de maio de 2013 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a entidades locais enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130527/AnuncioCA05-210513-0003_gl.html
A continuación podes ver a relación dos novos cursos para desempregados concedidos na mariña:
Concello de Burela. 982580624
– Atención especializada para doentes de alzheimer.
– Auxiliar de enfermería en xeriatría.
– Animador turístico.
– Pintor.
Concello de Cervo. 982557777
– Aux. de enfermería en xeriatría
Concello de Foz. 982140027
– Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.
Concello de Ribadeo. 982128894.
– Operacións auxliares de revestimentos continuos en construción.
Concello do Vicedo. 982590029
– Atención especializada en doentes de alzheimer.
Concello de Viveiro.982550421/982560128
– Atención especializada en doentes de alzheimer.
Centro de formación ocupacional de Viveiro. 982562448
– Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas.
Concello de Xermade. 982501001.
– Atención especializada para doentes de alzheimer.
Concello de Xove. 982592154
– Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
O conselleiro e o director do complexo industrial petroleiro na cidade asinaron hoxe un convenio de colaboración para iniciar esta modalidade de formación con 15 alumnos do ciclo formativo de grao superior en Química industrial
Os asinantes salientaron esta iniciativa como unha aposta polo emprego e un estímulo para que as empresas colaboren na formación de profesionais cualificados que contribúan ao desenvolvemento do noso tecido produtivo
A Coruña, 24 de maio de 2013.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o director do Complexo Industrial de Repsol Petróleo S.A. na Coruña, Luis F. Llamas Gómez, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a posta en marcha do primeiro proxecto de formación profesional dual na área da Coruña. Ao abeiro deste acordo, abrirase unha convocatoria para que 15 alumnas e alumnos se matriculen no ciclo de grao superior en Química industrial nesta modalidade no IES A Sardiñeira, e combinen a formación no centro con formación e traballo efectivo nas instalacións de Repsol na cidade herculina durante os cursos 2013/2014 e 2014/2015.
Segundo indicaron os asinantes este proxecto experimental – o terceiro que a Consellería pon en marcha en Galicia – é unha aposta polo emprego xuvenil, dada a importancia capital que a formación práctica ten para abrir aos máis novos as portar do mercado laboral. Así mesmo, ambos coincidiron en salientar o valor da colaboración entre empresa e administración educativa nun proceso de retroalimentación no que as compañías prestan o seu apoio para mellorar e ofrecer novas posibilidades de formación ás alumnas e alumnos da FP, e do que reciben despois uns profesionais altamente cualificados, quen de impulsar o avance do noso sector produtivo.
O novidoso deste proxecto vén dado, precisamente, polo feito de que se combina a formación curricular co traballo remunerado na empresa (ata un 52,5% do total do tempo que dura o ciclo), na que ademais as alumnas e alumnos recibirán formación complementaria á establecida no currículo formativo correspondente, co fin de reforzar a súa preparación e mellorar a súa empregabilidade. O período formativo desenvolverase no IES A Sardiñeira (A Coruña) e nas instalacións de Repsol.
Ao acto, ademais dos asinantes, asistiron a delegada da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo; o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; o alcalde de Arteixo, José Carlos Calvelo Martínez; o concelleiro de Educación, Francisco José Mourelo Barreiro; a subdirectora xeral de FP da Consellería, María Eugenia Pérez Fernández e mais o xefe territorial da Consellería na Coruña, Indalecio Cabana.
Este é o terceiro proxecto experimental que se pon en marcha en Galicia despois do éxito da iniciativa emprendida pola Consellería, Coremain e o CIFP Politécnico de Santiago con outros estudantes do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de sistemas de telecomunicacións e informáticos; e da presentación da colaboración en Ourense con UNVI e o IES Universidade Laboral no ciclo de grao medio en carrozaría.
Formación e traballo efectivo
Esta experiencia pioneira de FP dual terá unha duración de 3.412 horas, ao longo de 2 cursos. Delas, 1.619 serán de formación, das que 1.590 corresponderán a formación curricular que permitirá ao alumnado obter o título de formación profesional (1.052 horas impartiranse no IES A Sardiñeira e as outras 538 horas de formación curricular completaranse na empresa), e 29 horas serán de formación complementaria propia da empresa, adicional á establecida no currículo do ciclo.
Ademais, as alumnas e alumnos realizarán un total de 1.793 horas de traballo efectivo. Neste tempo o alumnado percibirá unha retribución a través do Programa de Bolsas Formación Profesional Dual – nacido ao abeiro da colaboración entre a Consellería e a Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA)- , cun importe que se fixará tomando como base o soldo mínimo interprofesional publicado para cada ano de duración do proxecto, e en proporción ao tempo de traballo efectivo na empresa o estudante. O importe desta bolsa, que os estudantes percibirán mes a mes, inclúe ademais a cotización ao réxime xeral da Seguridade social e as retencións tributarias exixibles.
A distribución horaria establecerase do seguinte xeito:
|
Curso 2013-2014 |
Curso 2014-2015 |
Total
|
|
Formación curricular |
Formación en centro educativo (FCE) |
544 h
|
508 h
|
1.052 h
|
Formación en empresa (FEM) |
279 h
|
259 h
|
538 h
|
|
Traballo/formación en empresa (TFE) |
Traballo
|
852 h
|
941 h
|
1.793 h
|
Formación complementaria |
29 h
|
–
|
29 h
|
|
Total
|
1.704 h
|
1.708 h
|
3.412 h
|
Seguimento do proxecto
Co fin de garantir o correcto funcionamento do proxecto, a empresa nomeará un titor ou titora para cada estudante, que será responsable do seguimento da actividade formativa e da súa coordinación coa laboral; así como da comunicación co centro educativo. Así mesmo, o IES A Sardiñeira designará un docente como titor ou titora responsable de seguir a formación, coordinar a avaliación, e servir como interlocutor coa empresa.
Ademais, establecerase unha comisión de seguimento, control e supervisión do proxecto, constituída por membros da Consellería, do IES e de Repsol.
Unha oportunidade para a economía galega
A iniciativa experimental da FP dual supón, ademais dun beneficio engadido para os estudantes, unha oportunidade para as empresas. Desta forma, a compañía poderá formar a futuros profesionais, dándolles coñecementos específicos axustados ás necesidades reais do sector en Galicia.
A Consellería traballa na liña de impulsar este sistema de formación en colaboración con outras empresas galegas, de tal xeito que as sinerxías redunden nun avance para a nosa economía e para o tecido socio-produtivo.