Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Xullo, 2010”

FACEBOOK EN EMPREGO VIVEIRO

Xa temos facebook en empregoviveiro, se queres podes facerte amigo e compartir as túas inquedanzas en materia de formación, emprego e orientación laboral.

Tes a ligazón no propio blogue.

OFERTAS DE EMPREGO NA MARIÑA

1. ADMINISTRATIVO/A – CONTROLADOR/A DE ALMACÉN PARA BURELA

2. PROMOTORAS PARA O 6, 7, 13 E 14 DE AGOSTO. VIVEIRO, VILALBA, MONFORTE E RIBADEO.

Interesados/as mirar e anotarse nas  ofertas en infojobs ou chamar  a ADER no teléfono: 982284739

NOVAS DE INTERESE DOG 27 XULLO BIS

CONSELLERÍA DE MEDIO
AMBIENTE, TERRITORIO
E INFRAESTRUTURAS
Orde do 22 de xullo de 2010 pola que se establecen
as bases reguladoras para a concesión
de axudas a entidades locais de Galicia para
o financiamento de proxectos en materia de
xestión de residuos, mitigación ou adaptación
ao cambio climático, implantación e
mantemento no sistema comunitario de xestión
e auditoría ambientais (EMAS), así
como outras actuacións de carácter ambiental,
e se fai pública a súa convocatoria para
o ano 2010.

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA
E INDUSTRIA
Orde do 16 de xullo de 2010 pola que se
establecen as bases para a concesión, en
réxime de concorrencia competitiva, das
subvencións correspondentes a accións de
comunicación e divulgación científica e
tecnolóxica (Diverciencia) no marco do
Programa de comunicación e sensibilización
social (CSS) do Plan Galego de
Investigación, Desenvolvemento e Innovación
Tecnolóxica (PGIDIT) e se procede á
súa convocatoria para o ano 2010.

Orde do 26 de xullo de 2010 pola que se
regula a concesión de axudas para a reparación
dos danos provocados nos establecementos
comerciais e nas infraestruturas
enerxéticas de titularidade municipal,
pola que se desenvolve o Decreto 96/2010,
do 17 de xuño, de medidas urxentes para
a reparación dos danos causados polas
inundacións que se produciron os días 9 e
10 de xuño de 2010 na Mariña luguesa e
nos concellos limítrofes.

ESCOLA GALEGA DE
ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Resolución do 22 de xullo de 2010 pola
que se convocan varios cursos de formación
continua para o persoal ao servizo da
Administración pública da Comunidade
Autónoma de Galicia.

Advertisement

NOVAS DE INTERESE DOG 27 XULLO

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Orde do 20 de xullo de 2010 pola que se
establecen as bases polas que se rexerá a
concesión de subvencións a entidades de
iniciativa social para mantemento e promoción
de actividades e programas de servizos
sociais nos ámbitos da atención ás
persoas maiores e persoas con discapacidade
e se procede á súa convocatoria.

NOVAS DE INTERESE DOG 23 XULLO

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Resolución do 16 de xullo de 2010, da
Secretaría Xeral da Emigración, pola que
se aproban as bases reguladoras das subvencións,
en réxime de concorrencia non
competitiva, a entidades sen ánimo de
lucro para desenvolver programas destinados
a favorecer os procesos de acollida e
integración da poboación inmigrante e
retornada na Comunidade Autónoma
galega, e se procede á súa convocatoria

para o ano 2010. Disponible aquí en formato PDF

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Resolución do 5 de xullo de 2010 pola que
se dá publicidade ás subvencións concedidas
ao abeiro da Orde do 23 de marzo de
2010, pola que se establecen as bases reguladoras
para a concesión de subvencións,
en réxime de concorrencia competitiva, aos
clusters empresariais galegos para a mellora
da competitividade do tecido empresarial
da Comunidade Autónoma de Galicia,
e se procede á súa convocatoria para o ano

2010 (código de procedemento IN540A). Disponible aquí en formato PDF


CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 19 de xullo de 2010 pola que se
modifica a Orde do 5 de febreiro de 2009,
da Consellería do Medio Rural, pola que
se aproba o Regulamento da indicación
xeográfica protexida Castaña de Galicia e
do seu Consello Regulador e se nomea o

Consello Regulador Provisional. Disponible aquí en formato PDF


SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN
DA IGUALDADE DO HOME
E DA MULLER

Resolución do 22 de xullo de 2010 pola
que se establecen as bases reguladoras que
rexerán as axudas e subvencións a entidades
locais para apoio aos centros de información
ás mulleres, e se procede á súa convocatoria

para o ano 2010 (SI427B). Disponible aquí en formato PDF


NOVAS DE INTERESE DOG 22 XULLO

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,
ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
E XUSTIZA
Resolución do 16 de xullo de 2010, da
Secretaría Xeral da Emigración, pola que
se regula a concesión, en réxime de concorrencia
non competitiva, de subvencións a
concellos, mancomunidades de concellos e
consorcios locais para a realización de programas
destinados a favorecer os procesos
de acollida e integración da poboación
retornada e inmigrante extracomunitaria
na Comunidade Autónoma galega, e se procede
á súa convocatoria para o ano 2010.

NOVAS DE INTERESE DOG 21 DE XULLO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA
E INDUSTRIA
Orde do 16 de xullo de 2010 pola que se
modifica a Orde do 6 de xullo de 2010,
pola que se establecen as bases reguladoras
para a concesión, en réxime de concorrencia
competitiva, das subvencións para o
fomento da investigación e a innovación
empresarial no ámbito da Comunidade
Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
(Feder), no marco do Programa operativo
Feder Galicia 2007-2013, e se procede
á súa convocatoria para o ano 2010 (códigos
de procedemento IN841A, IN841B,
IN841C, IN841D e IN841E), modificada
pola Orde do 12 de xullo de 2010.

CONSELLERÍA DE CULTURA
E TURISMO
Orde do 18 de xuño de 2010 que regula a
concesión de axudas por danos provocados
nos establecementos turísticos, pola que se
desenvolve o Decreto 96/2010, do 17 de
xuño, de medidas urxentes para a reparación
dos danos causados polas inundacións
acaecidas os días 9 e 10 de xuño de 2010 na
Mariña luguesa e nos concellos limítrofes.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Orde do 16 de xullo de 2010 pola que se
amplía a dotación orzamentaria para a
concesión de axudas para a prevención e
defensa contra os incendios forestais en
montes veciñais en man común convocadas
pola Orde do 7 de abril de 2010.

NOVAS DE INTERESE DOG 20 XULLO

CONSELLERÍA DE MEDIO
AMBIENTE, TERRITORIO
E INFRAESTRUTURAS
Orde do 15 de xullo de 2010 pola que se
establecen as bases reguladoras para a concesión
de axudas ás pemes para o financiamento
de actuacións destinadas á prevención,
protección, mellora e coñecemento
ambiental e se fai pública a súa convocatoria
para os anos 2010 e 2011, cofinanciadas
polo Fondo Europeo de Desenvolvemento
Rexional, no marco do Programa
operativo Feder Galicia 2007-2013.

OFERTAS EMPREGO MARIÑA

ADMINISTRATIVO-CONTROLADOR DE ALMACÉN

BURELA.

COÑECEMENTOS BÁSICOS DE INFORMÁTICA.

EXPERIENCIA  PREVIA EN ALMACÉN.

DISPOÑIBILIDADE PARA TRABALLAR A XORNADA COMPLETA EN AGOSTO.

OFERTA PUBLICADA EN INFOJOBS DÍA 19 DE XULLO POLA ETT ADER

 ADER

PRAZA SANTO DOMINGO, 3

27001 LUGO

TFNO: 982284739

PERSOAL DE LIMPEZA

PARA VIVEIRO E MONFORTE.

VALÓRASE EXPERIENCIA.

RESIDENCIA EN VIVEIRO.

CONTRATO  PARCIAL E ALTA SEGURIDADE SOCIAL.

OFERTA PUBLICADA EN INFOJOBS O 19 DE XULLO POLA EMPRESA MANTELNOR.

NOVAS DE INTERESE DOG 19 XULLO

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Orde do 13 de xullo de 2010 pola que se
establecen as bases reguladoras de concesión
de axudas en réxime de concorrencia
competitiva para a renovación do parque
de maquinaria agrícola da Comunidade
Autónoma de Galicia e se convocan para o
ano 2010.

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA
E SOLO
Resolución do 1 de xullo de 2010 pola que
se convocan as subvencións a fondo perdido
para a rehabilitación e renovación de
calidade de vivendas no medio rural e
conxuntos históricos de Galicia.

Navegación de artigos