Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Marzo, 2008”

BASES REGULADORAS SUBVENCIÓNS PEQUENOS COMERCIANTES INDIVIDUAIS AUTÓNOMOS

Orde do 24 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións a pequenos comerciantes individuais autónomos que abandonen a actividade comercial, en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego (IN216A).

Advertisement

INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DIRIXIDOS A FAVORECER A CONCILIACIÓN

Orde do 25 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2008 os incentivos á contratación dirixidos a favorecer a conciliación da vida laboral e familiar, cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

AXUDAS E SUBVENCIÓNS ÁS EMPRESAS CUALIFICADAS COMO (I E B T)

Orde do 25 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

OFERTA URXENTE DE EMPREGO

 spining.jpg

Empresa de Viveiro está á procura dun monitor/a de spining.

Valórase experiencia como monitor/a de actividades deportivas.

Horario de 20:00 a 21:30 aproximadamente de luns a xoves.

Con contrato na Seg. Social.

Intersados chamar ao 982 55 15 05 e perguntar por Verónica.

OFERTAS DE EMPREGO NO PROGRESO

No progreso do 25 de marzo saíron estes dous anuncios:

CONCELLO DE CERVO

OFERTA DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL URXENTE.

contratación do seguinte persoal:

– 2 TS en Educación Infantil.

Os aspirantes deberán estar en posesión dos seguintes requisitos:

– Carné Manipulador alimentos.

– Cursiño de primeiros auxilios.

– Estar vacinado contra a rubeola.

Os contratos serán de duración determinada.

Prazo de presentación solicitudes 3 DIAS CONTADOS DENDE A PUBLICACIÓN ANUNCIO.

AS BASES ESTÁN NO PROPIO CONCELLO

ANUNCIO NÚMERO DOUS

NECESÍTANSE TELEFONISTAS

PARA BURELA

Ofrecen soldo fixo e alta na Seg Social.

Intersados chamar ao 982575122

Solicitude listaxes de espera Consorcio

Anuncio polo que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das listaxes de espera para a cobertura con caracter temporal de postos de traballo deste consorcio.

SUBVENCIÓNS PROGRAMACIÓN ACCIÓNS FORMATIVAS TRABALLADORES/AS OCUPAD@S

Orde do 12 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas a persoas traballadoras ocupadas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo para o exercicio de 2008.

OFERTA URXENTE 25 DE MARZO

A empresa de traballo temporal NORTEMPO está á procura dun ou dunha oficial de 2ª de mantemento para unha empresa  a zona de San Cibrao.

Requisitos:

– Formación Profesional en Frío Industrial, Electrónica ou Electricidade.

– Non hai límites de idade.

INTERSADOS ENVIAR CV A:

seleccion1lugo@nortempo.com ou no FAX 982 250 756.

Bases Xerais Listaxes de espera Consorcio

Anuncio do 10 de marzo de 2008 polo que se fai público o acordo do comité directivo polo que se aproban as bases xerais do procedemento de elaboración de listaxes de espera para a contratación de persoal laboral temporal deste consorcio.

CONVOCATORIA PÚBLICA SUBVENCIÓNS PARA PROGRAMACIÓN ACCIÓNS FORMATIVAS EXPERIMENTAIS

Orde do 13 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas experimentais e complementarias do Plan FIP dirixidas ás traballadoras e traballadores en desemprego, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo na Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2008.

Navegación de artigos