Coa intención de apoiar a transformación dixital para a internacionalización o Igape convoca un novo programa de subvenciós para o desenvolvemento e implantación de programas de internacionalización dixital das empresas, as bases reguladoras do Galicia Exporta Dixital publicaronse no DOG do 24 de xaneiro de 2020 rematando o prazo de solicitude o 24 de marzo de 2020 para a súa primeira convocatoria.
Así mesmo no DOG do 29 de xaneiro publícanse as novas convocatorias 2020-2021 das bases reguladoras das axudas de Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios. O prazo de solicitude para estas dúas axudas é de dous meses dende a data de publicación no DOG.
Co obxecto de prestarlle información e asesoramento personalizado sobre as axudas de internacionalización do IGAPE, (Galicia Exporta Dixital, Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios) poñemos a súa disposición o equipo técnico da área de internacionalización para unha reunión persoal.
Pode solicitar cita para concretar a súa reunión nas cidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo.
Reserva datas das xornadas de atención personalizada (aberto prazo de solicitude para citas de febreiro)
Ferrol: 5 febreiro, 17 febreiro, 9 marzo
A Coruña: 10 febreiro,19 febreiro, 2 marzo, 13 marzo
Santiago de Compostela: 3 febreiro, 26 febreiro, 16 marzo, 23 marzo
Lugo: 28 febreiro, 4 marzo
Ourense: 21 febreiro, 6 marzo
Pontevedra: 12 febreiro, 18 marzo, 27 marzo
Vigo: 7 febreiro, 14 febreiro, 11 marzo, 20 marzo
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
6119
6206
Consellería de Sanidade
6211
6252
Consellería de Política Social
6255
6287
Axencia Instituto Enerxético de Galicia
6289
6340
Instituto Galego de Promoción Económica
6344
6390
UNIVERSIDADES
Achegamos información sobre os programas de coworking desenvolvidos en colaboración entre Xunta de Galicia, a través do Igape, e a EOI, que aínda teñen prazas disponibles e están nos seus últimos días de prazo, para a súa difusión entre as posibles persoas interesadas.
Estes espazos coworking,que prestan especial atención ao empredemento rural, teñen como obxectivo acelerar a posta en marcha de iniciativas e ideas emprendedoras mediante unha metodoloxía (Lean Startup) que combina formación, titorización, asesoramento experto e traballo colaborativo para a maduración da idea emprendedora.
Recoñecidos co Premio europeo aos proxectos rexionais máis innovadores e finalistas dos Regiostar Awards 2017, contan co financiamento do FSE, xunto co apoio do Igape, a EOI e a colaboración dos concellos onde se desenvolven, polo que son totalmente gratuítos para as persoas participantes. Os coworkings en prazo son os seguintes:
Edición | |
cw A Mariña Lucense (Mondoñedo) | 5ª edicion |
cw Celanova e Terras da Limia (Celanova) | 5ª edicion |
cw A Costa da Morte (Cabana de Bergantiños) | 5ª edición |
cw A Ribeira Sacra (Monforte de Lemos) | 5ª edición |
cw O Salnés(Vilanova de Arousa) | 4ª edición |
cw Ribeiro(Cenlle) | 1ª edición |
cw Camiño de Santiago(Palas de Rei) | 1ª edición |
cw Segunda oportunidade (Morrazo) | 1ª edición |
Achegámoslles un documento coas principais características dos programas, que pode descargar AQUÍ.
Facilitámoslle, tamén, a ligazón á páxina web onde formalizar as inscricións:
https://www.eoi.es/es/empresas/emprendedores/espacios-coworking#tab2
Podes anotarte coa túa chave na oficina virtual do SPEG