Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Marzo, 2015”

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES NO DOG DO 31 DE MARZO DO 15

Universidade da Coruña

12545

Descargar PDF

A Deputación de Lugo reedita o Ben Empregado! para crear outros 350 empregos de calidade

– Gómez Besteiro e Lara Méndez presentaron o Ben Empregado! 2, o cuarto macroproxecto de creación de emprego que a Deputación ofrece aos lucenses nos últimos catro anos
– O organismo provincial incrementou o seu orzamento con respecto á 1ª edición, pasando de 4,4 a 6 millóns de euros, para que participen máis entidades e desempregados
– Serán 350 empregos de calidade, posto que os contratros terán claúsulas sociais que  blindan os dereitos dos traballadores; e axeitados ás necesidades reais da provincia, unindo directamente a oferta coa demanda logo de escoitar aos tecidos asociativo e empresarial

A Deputación de Lugo reedita o Ben Empregado! para crear outros 350 empregos de calidade

O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez López, presentaron este luns a 2ª edición do Ben Empregado!. Trátase do 4º macroproxecto de creación de emprego que a Deputación ofrece aos lucenses nos últimos catro anos para xerar outros 350 postos de traballo na provincia. Gómez Besteiro subliñou que “o feito de que non teñamos competencias directas na materia non será nunca unha escusa para non actuar, posto que a obriga legal de calquera administración é satisfacer as necesidades dos cidadáns. E así o estamos a facer, porque foron ademais os propios veciños os que nolo pediron durante a elaboración dos Orzamentos Participativos, cando un 42% deixaron claro que o emprego é absolutamente prioritario”.

“Xa anunciaramos que, á vista do enorme éxito da primeira edición do Ben Empregado!, que superou amplamente calquera expectativa, pois recibimos solicitudes de 395 entidades e 3.297 lucenses desempregados; lanzaríamos unha segunda edición do programa. Como o noso desexo é chegar ao maior número de desempregados posible, nesta edición aumentamos o investimento con respecto á primeira, pasando de 4,4 millóns a 6 millóns de euros, o que permitirá a participación de aínda máis empresas e máis lucenses desempregados, ata chegar a crear eses 350 postos que lles comentaba”, remarcou Besteiro.

Emprego de calidade e axeitados ás necesidades
O organismo provincial subvencionará novamente ás empresas a totalidade dos custes salariais e de Seguridade Social dos traballadores durante un ano, con achegas de ata 22.000 euros por persoa, sendo a maior axuda que concede unha administración en Galicia para fomentar a contratación do persoal. “Serán empregos de calidade, porque as entidades beneficiarias terán a obriga de incorporar cláusulas sociais en todos os contratos, blindando os dereitos dos traballadores. E serán tamén axeitados ás necesidades reais da provincia, unindo directamente a oferta coa demanda logo de escoitar aos tecidos asociativo e empresarial”, salientou o Presidente.

Prazos e criterios
O Ben Empregado!2 xa comezou, pois o venres pasado a Xunta de Goberno da Deputación aprobou as bases. Estas publicaranse maña no BOP. O mércores 1 de abril abrirase un prazo de 15 días naturais para que as entidades interesadas presenten a documentación. Estas poderán ser autónomos, PEMES, CBS, asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro. A Vicepresidenta Segunda explicou que o primeiro paso será a selección destas entidades e asociacións, que se realizará novamente polo procedemento de concorrencia competitiva. Para iso, unha Comisión Técnica de Valoración será a encargada de puntuar todas as solicitudes en función dos criterios sinalados nas bases, entre os que están, por exemplo: o número previo de traballadores cos que conten as entidades, puntuando máis alto aquelas que conten con menos persoal; o seu domicilio fiscal, dando maior puntuación ás que o teñan en Concellos de menos de 5.000 e 2.000 habitantes; ou o grao de compromiso para continuar os contratos posteriormente, “de xeito que tamén contribúamos a favorecer aínda máis a estabilidade laboral”.

Perfís
As entidades beneficiarias poderán contratar ata un máximo de 2 persoas para que o reparto sexa o máis regular e equitativo posible. Serán as propias entidades beneficiaras as que determinen os perfís dos traballadores, atendendo a criterios non sexistas e non limitando a idade que deben ter o persoal. Ademais, tampouco se poderán ser seleccionados ningún traballador que nos últimos 6 meses tiveron relación contractual coa entidade beneficiaria, a excepción de aqueles traballadores afectados por procedementos de regulación de emprego.
Unha vez determinadas as entidades beneficiarias, a Deputación iniciará a selección dos desempregados mediante convocatoria pública, os cales só terán que cumprir un requisito: ser desempregados.

Advertisement

Deputación e Concello de Viveiro cumpren cos veciños e rematan o plan de reordenación do tráfico

– Alfredo Llano e María Loureiro supervisaron este luns as obras de 185.000 euros do plan de reordenación do tráfico, que Deputación e Concello executaron en resposta ás peticións dos veciños nos Orzamentos Participativos
– Tras a Semana Santa, arrancarán os traballos de pavimentación e dotación de servizos entre a Avenida de Cervantes e a Praza Juan Donapetry, dotados con outros 470.000 euros
– Estes dous proxectos sumánse ao do parque ambiental, facendo que os recentes investimentos da Deputación na transformación de Viveiro e posta en valor do seu casco histórico sexan de case 800.0000 euros

Deputación e Concello de Viveiro cumpren cos veciños e rematan o plan de reordenación do tráfico

O Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, supervisaron este luns as obras do plan da maior reordenación do tráfico rodado na localidade viveirense das últimas décadas, que Concello e Deputación veñen de rematar. Llano remarcou que con este proxecto, dotado de 185.000 euros do organismo provincial, “respondemos ás peticións dos veciños nos Orzamentos Participativos e conseguimos un Viveiro máis cómodo, moderno e accesible do que gozarán os miles de cidadáns que asisten á Semana Santa viveirense, unha multitudinaria cita de interese turístico internacional”.

O plan de reordenación é unha vella reivindicación dos viveirenses, tal e como o manifestaron na xuntanza participativa no partido xudicial de Viveiro para a elaboración do presuposto 2015 do organismo provincial. O seu obxectivo foi desconxestionar a circulación de vehículos e peonalizar o casco histórico, dando continuidade aos traballos iniciados polo anterior Alcalde de Viveiro, Melchor Roel.

“Este proxecto contribúe a revalorizar o atractivo turístico de Viveiro, pois dá valor engadido a unha contorna de gran sigularidade histórica e facilita o seu acceso a todos os cidadáns, ao eliminar barreiras arquitectónicas”, destacou o Deputado mariñano.

Actuacións do plan
As actuacións deste plan comprenderon sete zonas diferenciadas:

  • A primeira delas correspóndese co cruce de Verxeles, que dá acceso á ITV e á estación de ferrocarril, onde se creou unha rotonda que permite xirar a vehículos pesados.
  • Na segunda, o cruce de acceso ao casco histórico dende Verxeles, creouse outra rotonda que permita regular o tráfico e o acceso ao casco histórico.
  • Tamén se actuou na zona próxima á Misericodia, reducindo as dimensións da rotonda e as beirarrúas existentes para mellorar a maniobrabilidade dos vehículos e cambiando a ubicación actual do paso de peóns.
  • No tramo comprendido entre a Ponte da Misericordia e a rotonda da oficina de turismo, aumentáronse as dimensións das beirarrúas, soterráronse contenedores de lixo e creouse unha zona de carga e descarga.
  • Nesta mesma zona, tamén se reconfigurou a entrada e saída dos vehículos: a entrada realizouse fronte á praza de abastos e a saída pola rotonda da oficina de turismo. Cambiouse a ubicación dos pasos de peóns e instaláronse novos semáforos.
  • Na zona da Cruz Roxa, tamén se reubicou o paso de peóns cara a saída da ponte e se mellorou a sinalización horizontal e vertical.
  • Finalmente, entre a praza de Lugo e a porta de Carlos V, quedou cun só carril en dirección Celeiro. Deste xeito, o espazo do carril eliminado será empregado para crear prazas de aparcamento para o casco histórico.

Avenida de Cervantes a Praza Juan Donapetry
Tras a Semana Santa, iniciaranse as obras de mellora do pavimento e dotación de servizos no treito comprendido entre a Avenida de Cervantes e a Praza Juan Donapetry, financiadas con 470.000 euros da Deputación. Consistirán na reposición integral do firme da estrada LU-P-6605 e das zonas peonís da súa contorna con pedra granítica; mellora da rede de saneamento; restitución do alumeado público (situaranse iluminarias ao longo do vial, que serán tipo lead para un menor consumo); canalización dos servizos para o suministro eléctrico e de telefonía (pasarán a estar soterrados, mellorando a imaxe visual); dotación de mobiliario urbano (bancos, papeleras, xardineiras…) e zonas verdes para humanizar a zona; e soterramento dos colectores de lixo. Unha vez finalizadas estas actuacións, levarase a cabo a modificación do sentido de circulación dos vehículos. A rúa terá sentido único de circulación cara arriba, co que se pretende minorar o tráfico rodado e evitar retencións.

Parque Ambiental
A estas actuacións súmanse as obras do proxecto do parque ambiental, dotadas de 102.814 euros, financiados nun 80% por fondos europeo do Lug02 da Deputación, que xa se remataron. Consistiron, por un lado, na eliminación da zona infantil existente ao fondo do paseo marítimo, a escasos metros da Avenida de Ferrol que rexistra moito tráfico, e no acondicionamento deste espazo verde. Ademais, incluíu a instalación dunha nova dotación noutra zona do paseo marítimo máis céntrica e próxima ao casco histórico, polo tanto, máis segura; de maiores dimensións, con novos aparellos para nenos, cun rocódromo, 400 metros de caucho continuo e carteles informativos sobre a riqueza medioambiental da zona.

Preto de 800.000 euros
Con estes 3 plans –reordenación do tráfico, parque ambiental e melloras entre a Avenida de Cervantes e Praza Juan Donapetry-, a Deputación inviste preto de 800.000 euros na transformación de Viveiro e posta en valor do seu casco histórico.

Raquel Arias anuncia que a provincia de Lugo contará con dez obradoiros que darán emprego a máis de 200 persoas

A delegada territorial indicou que con esta iniciativa, na que se investirá preto de 1,8 millóns de euros, implicaranse 26 concellos

Nos vindeiros días procederase á avaliación das propostas presentadas para a posta en marcha de talleres de emprego especificamente dirixidos a menores de 25 anos, que supoñen unha novidade na convocatoria deste ano e contan cun orzamento de 4,7 millóns de euros

 Lugo, 30 de marzo de 2015.- A delegada territorial, Raquel Arias, anunciou hoxe que a provincia de Lugo contará con dez obradoiros de emprego no que estarán implicados 26 concellos. A Consellería de Traballo e Benestar dedicará a esta iniciativa 1.794.450,83 euros, que proporcionará emprego a 202 persoas desempregadas maiores de 25 anos, ás que hai que sumar o persoal de dirección, administración e monitores responsables de impartir a formación.

Os obradoiros terán unha duración de seis meses, durante os cales os alumnos traballadores perciben un salario e adquirirán unha formación teórica e práctica orientada ás demandas reais do mercado laboral. A data límite para o inicio dos obradoiros será, con carácter xeral, o 30 de setembro de 2015.

“Esta filosofía de aprender traballando permite ademais que os obradoiros realicen obras e servizos de interese para os concellos que os albergan e, algo moi importante, fomenta a colaboración institucional entre a Xunta de Galicia e as entidades locais responsables de promover estas iniciativas”, segundo salientou a delegada territorial.

Tamén subliñou Ra quel Arias que “os participantes nos obradoiros acadan unha taxa de inserción laboral importante, dado que están enfocados a profesións que presentan unha notable demanda no mercado de traballo”. Ademais, engadiu, “o tipo de formación, eminentemente práctica, facilita a opción do autoemprego”.

A Consellería de Traballo e Benestar destina en toda Galicia 10,2 millóns de euros á posta en marcha destes obradoiros. A inversión ten carácter bianual, destinándose 7,7 millóns para 2015 e 2,5 millóns para 2016.

Nos vindeiros días procederase tamén á avaliación das propostas presentadas para a posta en marcha de obradoiros dirixidos a persoas menores de 25 anos, denominados YEI, e que supoñen unha novidade na convocatoria deste ano. Esta iniciativa está incluída dentro do novo programa de Garantía Xuvenil e contará cun orzamento de 4,7 millóns de euros.

O que quere dicir que, en conxunto, a Xunta de Galicia investirá preto de 15 millóns de euros ao desenvolvemento de máis de 70 obradoiros nos que se formarán 2.000 traballadores.

Reunida a comisión de valoración e de acordo cos criterios establecidos na orden de convocatoria, os expedientes mellor puntuados son:

Lugo, que contará con 23 alumnos e un investimento de 204.318,66 euros

Terra Chá (Vilalba e Abadín), 20 alumnos e 177.668,4 euros

Sendas de Burela, Cervo e Xove III (Cervo, Burela e Xove), 20 alumnos e 177.668,4 euros

O Muiño (Sarria), 19 alumnos e 168.784,98 euros

Pardo de Cela II (Foz, Mondoñedo, Alfoz e O Valadouro), 20 alumnos e 177.668,4 euros

Camiño da Chaira II (Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei), 20 alumnos e 177.668,4 euros.

Sillor II (Ribas de Sil, Folgoso do Courel, Quiroga), 20 alumnos e 177.668,4 euros

Ponte de Neira V (O Páramo, O Corgo e Guntín), 20 alumnos e 177.668,4 euros

Serra da Cadeira II (Barreiros, Lourenzá e Trabada), 20 alumnos e 177.668,4 euros

Río Sor III (O Vicedo, Ourol e Muras), 20 alumnos e 177.668,4 euros

CURSO Desarrollo Profesional

En el marco de la programación para Lugo del Plan Intersectorial CEOE – Cepyme, la CEL organiza en Lugo un Curso de Desarrollo Profesional, a través del cual se ahondará en cuestiones relacionadas con una búsqueda de empleo efectiva.

El curso, que se prolongará desde finales de abril hasta el mes de junio, es de carácter semipresencial: tendrá una duración total de 60 horas, 45 se impartirán vía online y 15 de forma presencial, distribuidas en un total de cinco sesiones que tendrá lugar los días 27 de abril; 5, 13 y 21 de mayo y 1 de junio, en horario de 19:30 a 22:30 horas, en la Escuela de Empresarios y Centro de Formación de la CEL (Rúa Manuel Murguía, 6 – Bajo).

Aunque especialmente dirigido a desempleados, también pueden participar trabajadores y autónomos con interés en una mejora profesional.

Programa

El programa del curso abordará desde cuestiones más conocidas como modelos de currículum vitae o cómo afrontar una entrevista laboral, a otras menos habtiuales como confección de un plan de desarrollo profesional. Se analizarán también diferentes herramientas y recursos para la búsqueda de empleo, canales tradicionales y digitales a los que recurrir en el proceso o el funcionamiento de los procesos de selección y contratación, entre otras temáticas.

Las plazas son limitadas y se requiere inscripción previa para reserva, que podrá efectuarse a través del enlace:

INSCRIPCIÓN CURSO DESARROLLO PROFESIONAL

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES NO BOP-LUGO DO 31 DE MARZO DO 15

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

SERVIZO DE DEPORTES

O VALADOURO

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES NO BOE DO 31 DE MARZO DO 15

DMINISTRACIÓN LOCAL
Personal funcionario y laboral

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES NO DOG DO 30 DE MARZO DO 15

Instituto Enerxético de Galicia

12332

Descargar PDF

A sinistralidade laboral rexistrou en Galicia no mes de febreiro un total de 1.972 accidentes laborais

Por sectores, os accidentes na pesca diminuíron nun 4,12 por cento

Santiago, 29 de marzo de 2015.- O total dos accidentes laborais en xornada laboral rexistrados en Galicia en febreiro de 2015 aumentou un 5,51%. Neste mes rexistráronse 1.972 accidentes fronte aos 1.869 accidentes rexistrados no mesmo mes do ano anterior.

Do total dos accidentes, 1.932 foron accidentes leves, 34 graves e 6 mortais.

Por sectores, descenderon os accidentes na pesca nun 4,12%, pero aumentaron nos demais sectores: nos servizos nun 2,66%; na construción nun 5,78%; na agricultura nun 11,39%; e na industria nun 12,07%.

Para ter unha visión precisa da evolución da sinistralidade laboral, utilízase o índice de incidencia, que compara o número de accidentes co número de traballadores coas continxencias profesionais cubertas.

O índice de incidencia do total dos accidentes en xornada laboral en Galicia, aumentou un 3,78% en febreiro deste ano respecto ao mesmo mes do ano anterior. Por sectores, os aumentos foron: nos servizos do 0,46%, na construción do 0,95%, na pesca do 2,48%, na industria foi do 11,55% e na agricultura do 13,16%.

Evolución nos primeiros meses
A sinistralidade laboral aumentou un 2,59% nos dous primeiros meses do ano, cun total de 3.797 accidentes laborais fronte aos 3.701 no mesmo período do ano 2014.

Este aumento dos accidentes laborais non se produciu en todas as provincias, houbo aumentos: na Coruña nunha porcentaxe do 4,68% e Pontevedra nun 15,31%; diminuíron: en Lugo nun 2,55% e Ourense nun 12,68%.

Documentos relacionados

CURSO Nuevos Mercados para Pymes

Entre finales del mes de abril y junio próximos la CEL organiza el Curso ‘Nuevos Mercados para Pymes’, en el marco del cual se analizarán diversas cuestiones de interés para el fomento de la internacionalización de las pequeñas y medianas empresas.

En concreto, en el programa del curso (descargable completo al final de esta entrada) se contempla el análisis de temas como soluciones de internacionalización (acuerdos de colaboración, inversión exterior, definición de un proyecto internacional, licitaciones internacionales…); contratación internacional (elementos del contrato, tipos, gestión de riesgos, incoterms 2010…), medios de pago internacionales o financiación y entidades de apoyo. Se prestará especial atención a las características de los mercados latinoamericanos, con referencia expresa a Argentina, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, México, Panamá, Perú y Venezuela.

El curso es de carácter semipresencial, combina sesiones persenciales y vía online cuya temática tendrá además un carácter complementario. Concretamente, las sesiones presenciales de este curso están previstas para los días 29 de abril, 7,18 y 26 de mayo, y 3 de junio. Tendrán lugar en horario de 19:30 a 22:30 horas en la Escuela de Empresarios y Centro de Formación de la CEL.

Esta acción formativa se organiza en el marco del Plan de Formación Interasectorial CEOE – Cepyme 2015, en virtud del cual la CEL organiza en Lugo un total de cuatro cursos que darán comienzo de forma simultánea a finales de abril.

Navegación de artigos