Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Agosto, 2007”

OFERTA URXENTE DE EMPREGO

Empresa de Coruña busca promotora para os días 31 de agosto e 1 de setembro.

Interesadas pórse en contacto co Servizo de Orientación Laboral do Concello de Viveiro. 982560128- ext 35 antes do día 30 de agosto.

CONTRATACIÓN PERSOAL TEMPORAL AGADER

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL:

Resolución do 26 de xullo de 2007 pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de diversas listas por categorías profesionais para a contratación de persoal laboral temporal na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

 

 

Advertisement

CURSOS GRATUÍTOS DE GALEGO

Resolución do 10 de agosto de 2007, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncian, con carácter gratuíto, cursos de formación de lingua galega, nivel Celga 1 e Celga 4, para adultos e colectivos de Galicia, para realizar a partir do 20 de setembro de 2007 (PR 104 B).

SUBVENCIÓN PEMES PARA ACCIÓNS DE CONCILIACIÓN

 

Orde do 23 de xullo de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, destinadas a pequenas e medianas empresas (Pemes) para a realización de programas ou accións a favor da conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

OFERTAS DE EMPREGO 20 AGOSTO

OFERTA NÚMERO 1: 

Empresa de traballo temporal está a procura dun carretilleiro para traballar de xeito temporal nunha empresa de Viveiro. Piden experiencia e o salario sería de 8.13 Euros / hora.

 OFERTA NÚMERO2:

Empresa de Traballo Temporal está na procura dun Peón para Viveiro para un período de tres meses para traballar en fábrica a xornada completa de luns a venres. (ambos sexos). Salario 7.21 euros /hora.

Interesados acudir ao Servizo de Orientación Llaboral do Concello de Viveiro ou chamar por teléfono no 982560128- ext 35.

 

 

CONVOCATORIA CONSORCIO GALELGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

Convocatorias

Bases para o proceso de selección de dúas prazas de director/a de área

Resolución da presidencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar pola que se convoca o proceso de selección de dúas prazas de director/a de área e se aproban as bases xerais e específicas que rexerán ese proceso.

Descarga aquí as bases da convocatoria para a selección de director/a de área dos servizos centrais do Consorcio

O prazo de presentación de solicitudes para participar nesta convocatoria vai do día 14 de agosto ao 28 de agosto ( 15 días naturais), ambos incluídos.

Estado do trámite: En prazo de presentacion

OFERTA EMPREGO ENQUISADOR/A

BÚSCASE XENTE INTERESADA EN FACER ENQUISAS PARA A UNIVERSIDADE  DOUS OU TRES DÍAS DA SEMANA DO 13 DE AGOSTO.

CONDICIÓNS:

– CONTRATO A MEDIA XORNADA.

– DÉBENSE FACER 5 ENQUISAS DIARIAS.

– SALARIO 6 EUROS HORA.

INTERESADOS CHAMAR AO SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL AO LONGO DO VENRES 10 DE AGOSTO DE 9 A 1400 NO 982560128-EXT 35

CUALIFICACIÓN DAS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL

NO DOG DO 8 DE AGOSTO PODEDES ATOPAR O SEGUINTE DECRETO DE INTERESE: 

Decreto 156/2007, do 19 de xullo, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, se crea o seu rexistro administrativo e se establecen as medidas para o fomento da inserción sociolaboral.

Traballo xestionará promoverá a inserción laboral das persoas con discapacidade severa mediante o programa ‘Emprego con Apoio’

O plan está dirixido a persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual cun grao de minusvalía recoñecido igual ou superior ao 33%

Tamén serán destinatarias as persoas con discapacidade física ou sensorial cun grao de minusvalía igual ou superior ao 65%

O obxectivo é a súa inserción laboral no mercado de traballo ordinario

Navegación de artigos