¿QUÉ É UN PROGRAMA EXPERIMENTAL DE EMPREGO?
DEFINICIÓN
Os Programas Experimentais de Emprego regulados pola Orde TAS 2643/2003 do 18 de setembro teñen por obxecto o desenvolvemento de plans integrais de emprego que combinen accións de diversa natureza como: información, orientación e asesoramento, formación, práctica laboral e mobilidade xeográfica.
Nos plans integrais establécense obxectivos cuantitativos previstos de inserción laboral dos participantes desempregados.
COLECTIVOS
Os colectivos considerados como prioritarios na definición anual do Plan de Acción para o Emprego son:
- Persoas con discapacidade.
- Persoas inmigrantes.
- Mulleres con problemas de integración laboral.
- Persoas desempregadas en risco de exclusión social.
- Perceptores de subsidios e prestacións por desemprego, da renda activa de inserción ou da renda de integración social de Galicia.
OBXECTIVOS
Os programas establecerán obxectivos cuantificados de inserción laboral das persoas desempregadas participantes nelas, de polo menos o 35% dos demandantes de emprego atendidos durante o desenvolvemento do Programa.
Con carácter xeral, considerarase que a inserción laboral se acadou cando, durante a vixancia do Plan, o desempregado sexa contratado como traballador por conta allea por unha duración non inferior a seis meses.