OFERTAS DE EMPREGO DO S.P.E.G.
Listaxe de ofertas de emprego.
Listaxe de ofertas de emprego.
SELECCION DE PERSONAL DE INICIATIVA SINGULAR DE EMPLEO
26/12/2013
En la sección de PERSONAL están publicadas las bases y la convocatoria de los siguientes procesos de selección de personal en el marco de la INICIATIVA SINGULAR DE EMPLEO “GRUPO LAREDO.ES”.
SELECCION DE PERSONAL DE PROYECTO INTEGRADO DE EMPLEO
26/12/2013
En la sección de PERSONAL están publicadas las bases y la convocatoria de los siguientes procesos de selección de personal en el marco del PROYECTO INTEGRADO DE EMPLEO “LAREDO PROMUEVE 2014”.
ANUNCIO de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral.
As bases xerais que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir as seguintes prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no Concello de Redondela publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, número 175, do 10.9.2008, e as súas rectificacións no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, número 47, do 10.3.2009, e no número 29, do 10.2.2012, e as bases específicas noBoletín Oficial da provincia de Pontevedra número 205, do 24.10.2013.
1. Prazas de persoal funcionario:
• 1 praza de oficial da policía local, encadrada na escala básica, subescala servizos especiais, e integrada no grupo C1, por promoción interna.
• 1 praza de traballador/a social, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, e integrada no grupo A2, por quenda libre.
• 1 praza de ordenanza, encadrada na escala de Administración xeral, subescala subalterna, e integrada noutras agrupacións profesionais sen requisito de titulación, por quenda libre.
• 1 praza de ordenanza (50 %), encadrada na escala de Administración xeral, subescala subalterna, e integrada noutras agrupacións profesionais sen requisito de titulación, na quenda reservada a discapacitados/as.
2. Prazas de persoal laboral fixo:
• 1 praza de oficial electricista, equiparada ao grupo C2 da función pública, por quenda libre.
• 3 prazas de conserxes dos pavillóns polideportivos (unha a tempo completo e dúas a tempo parcial), equiparadas ao grupo doutras agrupacións profesionais sen requisito de titulación da función pública, por quenda libre.
• 1 praza de operario/a de xardíns, equiparada ao grupo doutras agrupacións profesionais sen requisito de titulación da función pública, por quenda libre.
• 1 praza de limpador/a, equiparada ao grupo doutras agrupacións profesionais sen requisito de titulación da función pública, por quenda libre.
Redondela, 26 de novembro de 2013
Javier Bas Corugeira
Alcalde
ANUNCIO das bases da convocatoria do procedemento selectivo para a cobertura de dúas prazas de policía local.
No BOP nº 227, do 26 de novembro de 2013, páxinas 20 a 39, publícanse as bases da convocatoria para a realización do procedemento selectivo para a cobertura das seguintes prazas:
Persoal funcionario:
Dúas prazas de policía local (códigos: 03.00.06 e 03.00.07).
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da inserción da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios do concello.
Gondomar, 28 de novembro de 2013
Fernando Guitián Guitián
Alcalde
Esta última trata os aspectos técnicos cando é a empresa usuaria a que fabrica os seus propios accesorios de elevación
Ademais desta folla, existen outras sobre conceptos, referencias normativas e aspectos máis destacados para as comprobacións e revisións a efectuar aos accesorios de elevación de cargas; e sobre os apartados máis importantes que temos que ter en conta á hora de elaborar un procedemento de seguridade
Santiago, 26 de decembro de 2013.- O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), dependente da Consellería de Traballo e Benestar, vén de editar a terceira e derradeira folla de prevención sobre os accesorios de elevación de cargas. En concreto, esta última trata os aspectos técnicos cando é a empresa usuaria a que fabrica os seus propios accesorios de elevación para poder realizar tarefas de movemento de cargas cos seus guindastres ou outros aparellos de elevación.
Unha empresa que fabrica accesorios de elevación para o seu propio uso considérase fabricante e deberá cumprir todas as obrigas establecidas no artigo 5 da Directiva de máquinas, así mesmo, deberá tamén garantir a realización dunha avaliación de riscos para o accesorio de elevación que desexa fabricar para uso propio. Para iso, debe determinar cales son os requisitos esenciais de saúde e seguridade que se aplican ao seu accesorio de elevación e con respecto aos cales se deben adoptar medidas.
O expediente técnico de construción do fabricante constitúe un medio para permitir que se comprobe a conformidade dos accesorios de elevación. Antes da posta en servizo requírese a realización da proba estática de carga, tal como se establece na normativa indicada anteriormente.
Cada accesorio de elevación ou cada partida de accesorios comercialmente indivisible levará un manual de instrucións con condicións normais de uso, instrucións de uso, montaxe e mantemento e os límites de emprego.
Ademais desta folla, existen outras dúas publicadas anteriormente. A primeira indica os conceptos, referencias normativas e aspectos máis destacados para as comprobacións e revisións a efectuar aos accesorios de elevación de cargas; mentres que a segunda destaca os apartados máis importantes que hai que ter en conta á hora de elaborar un procedemento de seguridade.
O ISSGA, como organismo científico-técnico referente da prevención en Galicia é xerador dun coñecemento que se debe transmitir aos interesados na prevención de riscos laborais e a sociedade en xeral, elabora distintos materiais, entre os que destacan estas follas, que seguen a ser unha das publicacións de referencia do Instituto desde que se editara a primeira en setembro do ano 2008.
A Fundación Galicia Europa exercerá de interlocutora coas institucións comunitarias para que a planificación e execución dos fondos 14-20 contribúan ao crecemento económico
Santiago, 26 de decembro de 2013.- A Fundación Galicia Europea centrará a súa actividade para o vindeiro ano en apoiar ao Goberno galego na súa interlocución coas institucións comunitarias para que a programación e posterior execución dos fondos 2014-2020 contribúan ao crecemento económico e á creación de emprego en Galicia. Así o expuxo o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, durante a reunión do Padroado da Fundación, que tivo lugar esta mañá en Santiago e que presidiu a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana.
Así mesmo, en 2014 -o primeiro ano dentro do novo período orzamentario da UE- tamén se reforzará a difusión de información dirixida a un público mais amplo, principalmente á Administración local e á pequenas e medianas empresas, sobre os novos programas de financiamento comunitario.
Outro dos ámbitos no que traballará a Fundación, na súa defensa dos intereses galegos en Europa, é a cuestión demográfica, xa que continuará o seu labor en Bruxelas na concienciación suprarrexional e europea ao respecto deste problema, considerado como un dos retos políticos, económicos e sociais máis transcendentes para o futuro da UE.
Tamén foi obxecto de análise no Padroado o apoio á innovación e ás PEMEs, a captación de recursos e a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3), que permitirá mobilizar 1.600 millóns entre fondos europeos e privados ata 2020 en proxectos innovadores, de forma que se impulsará unha verdadeira aposta innovadora, posibilitando o equilibrio das contas públicas e a solvencia de Galicia.
Aposta pola formación
Un ano máis, a Fundación aposta pola formación dos mozos e mozas galegos con obxecto de facilitar a súa posterior inserción no mercado laboral. Por iso, concederá cinco bolsas dirixidas a licenciados universitarios para facer prácticas orientadas ao seguimento de asuntos relacionados coa Unión Europea; e unha sexta para formación práctica dun auxiliar administrativo. Todas elas a desenvolver nas oficinas da Fundación en Santiago e Bruxelas.
O obxectivo destas bolsas formativas é que os mozos poidan formarse no seguimento e a comunicación das políticas comunitarias que máis afectan a Galicia, na captación de financiamento comunitario e na xestión de proxectos europeos e, ademais, tomen contacto co traballo realizado polas oficinas rexionais en Bruxelas.
Balance do 2013
Ademais de analizar os retos de futuro, o Padroado da Fundación Galicia Europa tamén aproveitou para facer balance das principais actuación feitas durante o 2013, que fundamentalmente se centraron no seguimento das negociacións do marco financeiro comunitario para o próximo período e dos novos programas europeos a partir de 2014.
Con estes obxectivos, a Fundación organizou distintas visitas de traballo a Bruxelas e xornadas de formación en Galicia para o persoal das administracións públicas galegas; así como as visitas institucionais que realizaron varios membros do Goberno galego vicepresidente e presidente da Xunta, e que tiveron como resultado a obtención da chamada “rede de seguridade”de fondos estruturais para Galicia.
CEOE, Cepyme, el Consejo Superior de Deportes (CSD) y la Asociación de Deportistas (AD) ponen en marcha el proyecto ESPAÑA COMPITE: EN LA EMPRESA COMO EN EL DEPORTE, una iniciativa que trata de impulsar el mecenazgo deportivo entre las pequeñas y medianas empresas españolas como base para inversión en el deporte de base del país.
Con este objetivo, las empresas que apuesten por el mecenazgo deportivo a través de este proyecto se beneficiarán de un 40% de deducción en el impuesto sobre sociedades por sus donaciones o aportaciones (que se realizarán a través de la Fundación CEOE, y que tendrán un tope máximo de 50.000 euros de inversión), pues las acciones desarrolladas en el marco de esta iniciativa han recibido la consideración de actividades de “mecenazgo prioritario”, tal y como se recoge ya en la Ley de Presupuestos Generales del Estado para 2014.
Las líneas de actuación observadas en este proyecto contemplan desde el patrocinio de deportistas o la promoción de acuerdos con las federaciones deportivas para el desarollo de programas de becas, a la impartición de programas de formación y coaching, la participación en misiones empresariales, la puesta en marcha de eventos que combinen actividades deportivas y encuentros empresariales, entre otras.