Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Xullo, 2007”

APOIOS PARA INVESTIMENTOS DE CARÁCTER TECNOLÓXICO IMPULSADOS POLAS PEMES

 

APOIOS PARA INVESTIMENTOS DE CARÁCTER TECNOLÓXICO IMPULSADOS POLAS PEMES
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) impulsa a mellora da produtividade das pemes galegas mediante o apoio á realización de investimentos de carácter tecnolóxico destinados á incorporación de bens de equipo, tamén de carácter tecnolóxico, que se integrarán na cadea de valor ou en departamentos de I+D, deseño ou ensaio das sociedades.
O Instituto apoiará tamén  proxectos dirixidos a mellorar a organización das pemes mediante subvencións á consultoría de procesos e implantación de ferramentas de xestión e cadros de mando. 
O prazo de presentación de solicitudes remata, en ambos casos, o 31 de agosto

Advertisements

ABOAMENTO DE COTAS Á SEGURIDADE SOCIAL.

O obxecto desta orde é establecer o procedemento de aboamento de cotas á Seguridade Social dos traballadores e traballadoras que percibisen a prestación por desemprego, na súa modalidade de pagamento único.

Para máis información acude a páxina da Consellería de Traballo.

Non esquezas que o prazo remata o 15 de setembro.

 

 

PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL TECNOLÓXICO

APOIOS PARA PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL DE CARÁCTER TECNOLOXICO
o prazo de presentación de iniciativas ao amparo da liña de apoio para proxectos de investimento empresarial de caracter tecnolóxico remata o próximo 31 de xullo.
Esa é tamén a data en que remata o prazo para solicitar as axudas a proxectos medioambientais de ampliación con investimentos de ata tres millóns de euros.

CURSO DO PLAN FIP TRABALLADOR FORESTAL

CURSO DO PLAN FIP DE “TRABALLADOR FORESTAL” A NIVEL NACIONAL A IMPARTIR NO CENTRO NACIONAL DE FORMACIÓN OCUPACIONAL DE SANTIAGO.

 Curso: TRABALLADOR FORESTAL.

Datas: 24 de setembro a 30 de novembro de 2007

Duración: 48 días.

Horas lectivas: 340

Horario: De 9 a 13 e de 15 a 18 horas.

Destinatarios: Desempregrados/as inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, preferíbelmente con coñecementos ou experiencia na área agraria/forestal.

Obxectivo xeral: Desenvolver e executar os procesos de implatación, mantemento e aproveitamento das explotacións forestais. 

TRÁMITES: SOLICITUDES: poderánse recoller no Servizo de Orientación Laboral do Concello de Viveiro ou descargar dende a seguinte páxina web:http://traballo.xunta.es/web/pdf/sxfo/prog/fip/can/2007/Mod_Sol_2007.pdf/ 

PRAZO DE INSCRICIÓN:

Ata 30 días antes do inicio do curso. 

CONDICIÓNS DE ACCESO:

         Estar desempregado/a e inscrito/a como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego.

         Non padecer defecto físico que impida o normal desenvolvemento da profesión.         Valórase experiencia na área forestal.

 SELECCIÓN: 

         Valoración das solicitudes con todos os datos aportados.

 DOCUMENTACIÓN: 

         A que se especifica na solicitude. 

INFORMACIÓN:          Tfno.981563133         Fax: 981563039         CENTRO NACIONAL DE FORMACIÓN OCUPACIONAL         Rúa San Paio do Monte s/n         15898 SANTIAGO DE COMPOSTELA. 

PUBLICACIÓN LISTA ADMITIDOS:

          20 días antes do inicio do curso no taboleiro de anuncios do Centro e na páxina web:         http://traballo.xunta.es/web/pdf/sxfo/prog/fip/can/2007/listado_admitidos.pdf/ 

LEXISLACIÓN:

         Real Decreto 395/2007, do 23 de marzo (BOE nº87, de 11 de abril)         Son cursos gratuítos e pertencen ao Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional (F.I.P.).         Os alumnos/as que cumpran os requisitos establecidos na Orden TAS/3868/2006 do 20 de decembro (BOE Nº304, de 21 de decembro), poderán solicitar as axudas establecidas na mesma.

PROGRAMAS DE FOMENTO DA CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA

Aviso importante a empresarios:

Na páxina web da consellería de traballo tendes reflectidos os distinos programas de fomento da contratación por conta allea.

Os prazos para entregar a solicitude rematan entre o 31 de xullo e o 15 de setembro dependendo do programa.

FOOD AND HOTEL CHINA 2007

Food and Hotel China 2007. Shangai, do 14 ao 16 de novembro de 2007
 O Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) organizará un Pabillón Oficial de España na Food and Hotel China, a feira máis importante do sector da alimentación, que terá lugar en Shangai do 14 ao 16 de novembro de 2007, no marco do Plan China tamén subscrito polo Igape.
 O prazo de admisión de solicitudes para as empresas interesadas en participar nesta feira finalizará o próximo 15 de xullo. A documentación necesaria deberá ser enviada  ao ICEX ou á Dirección Rexional ou Territorial de Comercio, correspondente á súa Comunidade Autónoma.
Para máis información poden consultar a web do ICEX ou ben dirixirse ao CPN do Igape en China, na dirección de correo electrónico china@igape.es.

PROGRAMA INNOEMPRESA

PROGRAMA INNOEMPRESA: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O 16 DE XULLO 
O obxectivo fundamental do Programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas (Programa Innoempresa)  é respaldar a innovación  e a competitividade das Pemes galegas mediante a realización de proxectos, tanto individuais como colectivos, nos ámbitos tecnolóxico, organizativo e de xestión.
As empresas e organismos intermedios interesados poden presentar as súas solicitudes –mediante tramitación telemática- ata o próximo 16 de xullo de 2007, segundo o previsto nas bases publicadas no Diario Oficial de Galicia o pasado 21 de maio.
Servizo de Atención Telemática do Igape: 902 300 903

 

OFERTA DE EMPREGO RECAUDADOR 4 XULLO

Empresa de selección para empresa da Mariña busca un Recaudador de máquina recreativa.

Pídese:

– Incorporación inmediata.

– Dispoñibilidade para traballar a xornada completa de luns a venres.

– Dispoñibilidade para desprazarse pola mariña (ter carné B de conducir).

– Idade comprendida entre 20 e 35 anos.

– Valórase coñecementos básicos de informática.

– Valórase coñecementos de electrónica. (Non indispensábel).

Intersados contacten co:

SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL.

JOSÉ MANUEL CAMPAL.

CONCELLO DE VIVEIRO.

Praza maior 1

27850 Viveiro.

Teléfono. 982560128-ext 35

PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALIZA

O 28 de maio de 2007  preséntouse  o programa de
Desenvolvemento Rural de  Galiza (PDR), superando
os primeiros trámites para a súa aprobación por  parte
da Comisión Europea.
Se ben no seu conxunto son medidas que  pretenden
actuar sobre a mellora da productividade agraria,
gandeira e  forestal, hai dous eixos que contemplan
medidas de diversificación da economía no medio rural
que poden ser de interese:
- Eixo 3. Medidas: 311 (páxina 277), 312,313, 321,
322 e 323.
- Eixo 4: Metodoloxía Leader.  Podedes consultalas
no enlace da páxina web  (http://upd.camaralugo.es)
ou ben na Consellería de Medio Rural.
UPD Lugo. Cántigas e Frores 31, 27002 Lugo.
Tlf: 982 230015

Navegación de artigos