Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Marzo, 2012”

OFERTA PARA VIVEIRO

POSTO DE AVALIACIÓN DA ATENCIÓN AO CLIENTE PARA VIVEIRO

Advertisements

O Goberno galego dá un paso máis no compromiso das políticas sociais, en plena crise económica, coa lei de inclusión social que impulsará o acceso a un emprego e articulará unha nova Risga co obxectivo de acadar unha verdadeira integración social

Se realizará unha diagnose de empregabilidade das persoas. E para iso, os servizos sociais comunitarios traballarán de forma coordinada co persoal técnico de orientación laboral do servizo público de emprego

O novo documento permitirá unha nova Risga máis flexible, “que modularemos caso por caso, e que terá tres tramos de actuación –o persoal e familiar, o de inserción e o de transición ao emprego- fronte aos dous da normativa actual”

Feijóo subliña que con estas modificacións “damos resposta a un acordo sindical e damos cumprimento a unha das propostas de resolución aprobadas no Debate do Estado da Autonomía”

Santiago, 29 de marzo de 2012.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, no Consello, que o Goberno galego dá un paso máis no compromiso das políticas sociais, en plena crise económica, coa Lei de Inclusión Social, que será remitida ao Parlamento neste período de sesións, e que impulsará o acceso a un emprego e articulará unha nova Risga co obxectivo de acadar unha verdadeira integración social.

Ao longo da rolda de prensa, Feijóo explicou que esta nova lei ten como obxectivo evitar que as situacións de exclusións social se convertan en algo crónico; evitar a economía sumerxida e evitar que os beneficiarios da Risga sexan considerados, exclusivamente, como perceptores de subsidios. “Supón, en definitiva, -aseverou- dar ferramentas ás persoas para superar estas situacións e lograr unha verdadeira integración laboral que é o obxectivo do que percibe a Risga e da sociedade no seu conxunto”.

O responsable autonómico subliñou que se reforzarán as sinerxías entre a área de inclusión social, os servizos sociais e a área de emprego da comunidade a través de dúas vías: “no eido propio da prestación, promóvese o fomento do acceso ao mercado de traballo ao asegurar ao beneficiario unha contía a maiores se cumpre o itinerario de inserción laboral. E, por outra banda, as oficinas de emprego e o persoal de orientación e intermediación pasarán a xogar un papel decisivo neste dispositivo que é axudar a un beneficiario da Risga a ter un programa de inserción laboral para conquerir un emprego”.

Neste sentido, cabe destacar que unha das novidades será que se realizará unha diagnose de empregabilidade das persoas. E para iso, os servizos sociais comunitarios traballarán de forma coordinada co persoal técnico de orientación laboral do servizo público de emprego.
“O obxectivo é facer, por primeira vez, compatible a percepción íntegra da Risga coas rendas salariais obtidas a través de traballos aínda que sexan esporádicos. Garántese que a persoa non abandone o seu proxecto de inserción, nin renuncie á realización do traballo, nin tampouco recorra á economía sumerxida. Transparentar a economía, seguir percibindo a renda de integración social e, esa renda pode verse incrementada pola percepción de determinadas rendas de traballo. Actualmente, cando accedían a traballos, isto supoñía un desconto automático dos ingresos que percibían pola Risga, e iso é o que vamos a evitar”.

Unha nova Risga máis flexible
Así mesmo, Feijóo afirmou que o novo documento permitirá unha nova Risga máis flexible, “que modularemos caso por caso, e que terá tres tramos de actuación –o persoal e familiar, o de inserción e o de transición ao emprego- fronte aos dous da normativa actual”.

En relación ao tramo persoal e familiar, o presidente da Xunta explicou que suporá “unha percepción básica similar á actual, que é o 75% do Iprem: 400 euros, é dicir, 399,38 euros que é a Risga do ano 2012. Esta cantidade –precisou- poderá aumentar en función das circunstancias familiares cos complementos de maior contía aos actuais. Así, o complemento polo primeiro convivinte pasa do 12% ao 14% do Iprem; e o complemento polo segundo convivinte pasa do 10% ao 12% do Iprem”.

Sobre o segundo tramo, Feijóo salientou que o beneficiario poderá percibir unha contía a maiores do tramo persoal e familiar co fin de estimular un acceso ao emprego. Para percibir este tramo –que terá unha duración máxima de 18 meses- exíxese un compromiso de seguir un itinerario de inserción laboral. E neste tramo, tamén, se incrementan as contías un 11%. Por tanto, un perceptor sen convivintes pasará de percibir 599 euros a percibir 665 euros, o que supón un incremento do 11% da Risga.

“O terceiro tramo, que é xa a transición ao emprego, consiste nunha contía que se segue a percibir durante os seis primeiros meses desde a consecución dun posto de traballo por parte do beneficiario. A contía vai diminuíndo gradualmente e percíbese o que se viñera percibindo ata o momento do contrato laboral ata un límite de 865 euros. Polo tanto, a Risga pode cobrarse na súa totalidade sempre que a renda salarial esporádica xunto cao Risga non supere os 865 euros. No caso de que supere esta contía, farase un axuste para que as contías máximas estean no entorno dos 865 euros”, matizou.

Por último, Feijóo concluíu recordando que: “Con estas modificacións damos resposta, primeiro, a un acordo sindical e, segundo, damos cumprimento a unha das propostas de resolución aprobadas no Debate do Estado da Autonomía”.

OFERTA CONCELLO DE LUGO

OFERTA DE TÉCNICO INFORMÁTICO CONCELLO DE LUGO

OFERTA PARA VILALBA

AZAFATA E AZAFATO DE IMAXE

PARA EVENTO EN VILALBA (LUGO)

OFERTA Castro de Ribeiras do Lea, Castro Do Rei, Lugo

Oferta de Traballador/a Social para sustitución.

CURSOS DA UNED DE VIVEIRO

A Uned organiza en Viveiro cursos sobre a depresión e a prevención de riscos laborais

A aula universitaria da Uned de Viveiro celebra nos próximos meses de abril e maio dous cursos, un sobre a prevención de riscos laborais e outro que aborda a depresión en época de crise, para os que está aberto o prazo de inscrición.

A primeira actividade celebrarase en cinco sesións de dúas horas de duración, os días 11, 18 e 25 de abril e o 2 e 9 de maio en horario de oito da tarde a dez, mentres que o curso de prevención da depresión será os días 17 e 24 de abril e terá unha duración total de catro horas, que se repartirán ambolos dous días de catro e media a oito e media da tarde

 

O DOG publica a convocatoria para inscribirse ao recoñecemento da experiencia profesional para 50 prazas no sector da lousa

O prazo de solicitude, que comezou hoxe, rematará en 20 días

As consellerías de Traballo e Benestar e de Economía e Industria promoven esta iniciativa co obxectivo de mellorar as posibilidades de mobilidade profesional deste colectivo

O Goberno galego considera prioritario o apoio ao sector da pedra natural en Galicia para contribuír a súa revitalización económica

Santiago, 26 de marzo de 2012.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para inscribirse ao proceso de recoñecemento da experiencia profesional para 50 prazas no sector da lousa. Esta iniciativa ten por obxecto convocar en Galicia o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación.

O recoñecemento da experiencia profesional neste sector é unha iniciativa que promoven as consellerías de Traballo e Benestar e de Economía e Industria. O departamento de Traballo aporta os medios persoais para poñer a iniciativa en marcha, mentres que o de Economía achegará 40.000 euros a tal efecto, o que permitirá a acreditación laboral de arredor de 50 traballadores ao longo de 2012.

O prazo de solicitude para anotarse, que comezou hoxe, rematará o 16 de abril. A información e orientación necesaria para aquelas persoas que queiran participar no procedemento será facilitada nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia; nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar; nos centros propios de formación profesional ocupacional; na Fundación Galega da Formación para o Traballo; no Instituto Galego das Cualificacións.

Os interesados deberán presentar a súa solicitude a través da páxina web http://traballoebenestar.xunta.es. Entre os requisitos para acceder a este procedemento destacan ter cumpridos os 20 anos; ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar; e no caso de ter experiencia laboral xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos.

Unha parte importante dos traballadores do sector en Galicia carece dunha acreditación oficial das súas competencias profesionais. Son persoas sen cualificación acreditada, non sen cualificación real, pois a maioría, aínda que non posúan unha credencial oficial, si que posúen as cualificacións que se requiren no sector, por telas adquirido mediante a experiencia laboral, facéndose necesaria que obteñan unha acreditación oficial para mellorar as posibilidades de mobilidade profesional deste colectivo.

Para a posta en marcha do procedemento de recoñecemento da competencia profesional levouse a cabo unha análise do sector, co fin de identificar as cualificacións e competencias que serían, á súa vez, prioritarias dentro do área da pedra natural. Atendendo ás demandas do sector, decidiuse desenvolver o proxecto de acreditación propia da lousa, que comezaría polas tres seguintes unidades de competencia da cualificación profesional de “Cubertas inclinadas”: construír a cobertura con tella e lousa, organizar traballos de cubertas e impermeabilizacións e controlar a nivel básico riscos en construción.

A Dirección Xeral de Formación e Colocación, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, realizou un curso de formación para a habilitación de 10 asesores e 10 avaliadores nas cualificacións e unidades de competencia da área de pedra natural e que executarán este procedemento.

Apoio ao sector
A Xunta considera prioritario o apoio ao sector da pedra natural en Galicia para contribuír a súa revitalización económica, máis necesaria nun período de dificultades no que se vén desenvolvendo esta actividade empresarial.

Entre os obxectivos da Estratexia 2020 en materia de educación e formación profesional está a de facer realidade a aprendizaxe permanente dos traballadores, para o que se precisa unha maior flexibilidade na maneira de adquirir e avaliar os resultados das aprendizaxes, tendo especial relevancia o aprendido pola experiencia no traballo.

A carencia de acreditación profesional incrementa os riscos de exclusión laboral e polo tanto de exclusión social. Por conseguinte, a dispoñibilidade de traballadores acreditados beneficia a empresarios, a traballadores e ao conxunto da sociedade, non só a nivel autonómico e estatal, senón tamén a nivel europeo.

NOVO LINK NO BLOGUE

A partir de hoxe tendes unha nova ligazón no blogue para atopar emprego en Europa. Chámase nomeparo.eu

OFERTAS DE EMPREGO DO S.P.E.G.

A continuación nesta ligazón poderedes ver as ofertas de emprego do Servizo Público de Emprego desta semana.

Modificación do capítulo II do Acordo Estatal do Sector do Metal

Navegación de artigos