Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do día “Xaneiro 27, 2010”

NOVAS DE INTERESE DOG 27 XANEIRO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA
E INDUSTRIA
Resolución do 18 de decembro de 2009 pola
que se procede á publicidade das subvencións
concedidas ao abeiro da Orde do 2 de
febreiro de 2009, que regula a concesión de
axudas por danos provocados nos establecementos
comerciais, industriais, turísticos e
mercantís e nas infraestruturas enerxéticas e
turísticas de titularidade municipal, pola
que se desenvolve o Decreto 13/2009, do 29
de xaneiro, de medidas urxentes para a
reparación dos danos causados polo temporal
acaecido en Galicia a partir do día 23
de xaneiro de 2009 (procedemento administrativo
IN532D) ( Diario Oficial de Galicia
número 23, do 3 de febreiro).

IMPULSALUGO

IMPULSA LUGO

Plan de Axudas para proxectos empresariais.

QUE É?

É un proxecto posto en marcha pola Xunta de Galiza que contempla unha liña de axudas específicas á dinamización do tecido empresarial da provincia de Lugo.

Para ilo, deseñáronse un conxunto de medidas específicas de apoio á iniciativa privada e emprendedora que aporte riqueza e equilibrio socioeconómico  á provincia.

Este programa conta, ademáis do apoio  da administración autonómica, co respaldo dos axentes sociais, sindicais e patronais.

OBXECTIVOS:

– Potenciación dos sectores estratéxicos da economía da provincia.

– Impulsar actuacións emprendedoras de alto valor competetitivo e produtivo.

– Fomentar a creación de emprego.

– Desenvolvemento do tecido socioeconómico da provincia como xeito de equilibrio territorial.

LIÑA DE AXUDAS:

– Axudas directas ao investimento empresarial superior a 200.000 Euros, establecéndose un garante mínimo de subvención do 20% para proxectos de primeira implantación e do 15% para proxectos de ampliación, modernización ou innovación tecnolóxica. Ditos parámetros serán de aplicación a todas aquelas solicitudes non resoltas presentadas dende o 24 de setembro de 2.009.

– Préstamos ao 0% de xuro para proxectos empresariais que comprendan unha inversión subvencionábel de entre 240.000 euros e 25.000.000 euros.

– Nos créditos ICO-IGAPE, a subsidiación do tipo de xuro do 2.65% será extensíbel a toda a provincia.

– A localización dos proxectos na provincia de Lugo contará coa avaliación máxima do criterio da localización para todas as solicitudes das liñas  de convocatoria periódica do IGAPE polo sistema de concorrencia competitiva.

– Financiación para inversións, circulante, conversión de pasivos, ampliación de capital, entre outras  axudas xerais do instituto.

– Apoio técnico e asesoramento do proxecto empresarial a desenvolver.

BENEFICIARIOS:

– Empresas e emprendedores que teñan un proxecto empresarial de implantación na provincia de Lugo.

Máis información:

Xunta de Galiza

Edificio administrativo

Ronda da muralla, 70

27071 Lugo.

www.impulsalugo.xunta.es

impulsalugo@xunta.es

 

Navegación de artigos