Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo para a etiqueta “cursos”

CURSOS GRATUÍTOS DE GALEGO

Resolución do 10 de agosto de 2007, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncian, con carácter gratuíto, cursos de formación de lingua galega, nivel Celga 1 e Celga 4, para adultos e colectivos de Galicia, para realizar a partir do 20 de setembro de 2007 (PR 104 B).

Advertisements

CURSOS DO CENTRO DE FORMACIÓN OCUPACIONAL

A continuación expoñemos a relación de cursos que se van impartir proximamente no Centro de F.O. de Viveiro incluídos no plan nacional de formación e inserción profesional:

1.Deseño e modificación de planos 2D e 3D (194 horas) código: EMDI02

2. Especialista en topografía electrónica (305 horas) código: EOTA 31

3. Instalador de sistemas fotovoltaicos e eólicos ( 344 horas) código:PTER 10

4. Instalador de sistemas de enerxía solar-térmica (344 horas) código:PTER20.

5.Cálculo de estruturas planas  e espaciais de formigón (255 horas)

6. Informática de usuario. (214 horas) código: EMIN23.

Se estás interesado nalgún dos cursos, e queres entrar no proceso de selección debes:

– Comunicar a túa Oficina de emprego os códigos e nome do curso que che interesan.

– Deixar cuberta no Centro de F.O. da misericordia (Viveiro) unha declaración de interese que teñen a túa disposición.

O teléfono de contacto do Centro de F.O. é o seguinte: 982562448

Navegación de artigos