Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do día “Decembro 19, 2018”

OFERTA DE EMPREGO DO S.P.E.G.

Podes anotarte na túa oficina de emprego ou na oficina virtual do SPEG

OfertaEmpregoLocalidadeData
12/2018/14441 MONTADORES DE GRANDES ESTRUTURAS METÁLICAS, EN XERAL CATOIRA19/12/2018
12/2018/16131 TÉCNICOS EN PREVENCIÓN COMUNITARIA DE TOXICOMANÍAS GUARDA, A19/12/2018
12/2018/16140 PEÓNS GANDEIROS, EN XERAL VILASANTAR19/12/2018
12/2018/16136 TÉCNICOS EN XESTIÓN DE STOCKS E/OU ALMACÉN VIGO19/12/2018
12/2018/16135 EMPREGADOS DE FOGAR ESTRADA, A19/12/2018
12/2018/16143 PODADORES E/OU MOTOSERRISTAS FORESTAIS CABANA DE BERGANTIÑOS19/12/2018
12/2018/16153 MÉDICOS, MEDICINA XERAL BETANZOS19/12/2018
12/2018/16156 CAMAREIROS, EN XERAL ILLA DE AROUSA, A19/12/2018
12/2018/16149 COIDADORES DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE E/OU DEPENDENCIA, EN INSTITUCIÓNS BOIMORTO19/12/2018
12/2018/16160 PEÓNS AGRÍCOLAS, EN XERAL XINZO DE LIMIA19/12/2018
12/2018/16167 FISIOTERAPEUTAS, EN XERAL CELANOVA19/12/2018
12/2018/16165 EMPREGADOS ADMINISTRATIVOS, EN XERAL RIBEIRA19/12/2018
12/2018/16133 SOLDADORES DE ESTRUTURAS METÁLICAS LIXEIRAS REDONDELA19/12/2018
12/2018/16134 PERRUQUEIRO UNISEX MELIDE19/12/2018
12/2018/16139 MONITORES DE EDUCACIÓN E TEMPO LIBRE NEGREIRA19/12/2018
12/2018/16141 TÉCNICOS MEDIOS EN FARMACOLOXÍA CHANTADA19/12/2018
12/2018/16121 CONDUTORES DE CAMIÓN, EN XERAL CAMARIÑAS19/12/2018
12/2018/16145 ASISTENTES DOMICILIARIOS MALPICA DE BERGANTIÑOS19/12/2018
12/2018/16144 FORMADORES DE FORMACIÓN NON REGULADA SADA19/12/2018
12/2018/16148 ASISTENTES DOMICILIARIOS CABANA DE BERGANTIÑOS19/12/2018
12/2018/16146 CAMAREIROS, EN XERAL LARACHA (A)19/12/2018
12/2018/16150 ALBANEIS SARRIA19/12/2018
12/2018/16152 ENFERMEIROS DE COIDADOS XERAIS BETANZOS19/12/2018
12/2018/16159 PEÓNS GANDEIROS, EN XERAL LALIN19/12/2018
12/2018/16162 AUXILIARES DE ENFERMERÍA BOIMORTO19/12/2018
12/2018/16166 DEPENDENTES DE FROITERÍA CORUÑA, A19/12/2018
12/2018/16138 DEPENDENTES DE MOBLES E ARTIGOS DE DECORACIÓN MARIN19/12/2018
Advertisements

OFERTA DE EMPREGO NA MARIÑA DE LUGO

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de administrativo/a sector fiscal para desenvolver a ocupación na empresa GLEZ LEDO, JOSÉ LUIS ubicada na localidade de Mondoñedo INFOJOBS.

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de Peón de aserradeiro para desenvolver a ocupación nunha empresa ubicada na Mariña INFOJOBS.

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de Condutor/a Camión-Guindastre para desenvolver a ocupación nunha empresa na localidade de Barreiros INFOJOBS.

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de Dependente/a Polivalente Hiper Eroski para desenvolver a ocupación na localdiade de Ribadeo INFOJOBS.

OFERTA DE EMPREGO NA LOCALIDADE DE VILALBA

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de Encargado/a de tenda para a empresa GRUPO SERVICIO MÓVIL ubicada na localidade de Vilabla INFOJOBS

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de Técnico/a Informático/a para desenvolver a ocupación na empresa INFOPAR ubicada na localidade de Vilalba INFOJOBS.

OFERTA DE EMPREGO NA LOCALIDADE DE AS PONTES

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de Comercial con formación en Enxeñeiro/a Técnico/a Agrícola para unha empresa ubicada na localidade de As Pontes INFOJOBS.

NOVAS RELEVANTES NO DOG DE HOXE DÍA 19/12/2018

Administración local

Concello do Corgo

52997

Descargar PDF

c) Outros anuncios

El Progreso de Lugo, S.L.

52998

Descargar PDF

Acreditación de competencias profesionais

Escoita esta páxina empregando ReadSpeaker

O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.
 
A finalidade consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación, así como acreditar as compentencias profesionais adquiridas polas persoas traballadoras e contribuír así á capitalización dos seus saberes e ao fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida.
 
As unidades de competencia constitúen o referente que lles proporciona a identidade profesional ás persoas aspirantes, e fai posible a transformación dos datos procedentes da súa actividade profesional e das aprendizaxes non formais en evidencias de competencia válidas para a avaliación do seu desempeño activo.
 
A acreditación de unidades de competencia farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes.

 Convocatoria 2019


Orde do 4 de decembro de 2018 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 14 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2019.

A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. Esta aplicación está activa a partir do 14 de xaneiro de 2019.

Consultar a orde de convocatoria

Acredítate!!

Folleto informativo. Convocatoria 2019

A Xunta acreditará en 2019 a experiencia profesional de máis de 1800 galegos a través de dúas convocatorias


O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar a primeira das convocatorias cun total de 467 prazas en catro cualificacións: servizos para o control de pragas, xestión de servizos para o control de organismos nocivos, extinción de incendios e salvamento e operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais

  1 de 1

A segunda convocatoria publicarase a principios do próximo ano e inclúe dúas cualificacións novas: docencia da formación para o emprego e operacións auxiliares de fabricación mecánica

A Consellería de Economía, Emprego e Industria recoñece con carácter oficial e validez nacional a experiencia ou formación non formal dos traballadores galegos

Preto de 11.900 galegos xa acadaron unha acreditación oficial a través desta iniciativa da Administración autonómica Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2018

A Xunta acreditará en 2019 a experiencia profesional dun total de 1817 galegos e galegas en 11 cualificacións. Para iso, desenvolverá dúas convocatorias. A primeira delas acábase de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG). Inclúe 467 novas prazas e un total de catro cualificacións: servizos para o control de pragas (50 prazas); xestión de servizos para o control de organismos nocivos (25 prazas); extinción de incendios e salvamento (150 prazas); e operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (242 prazas). Coa publicación da convocatoria abriuse xa o prazo de inscrición que rematará o 4 de xaneiro.

A segunda convocatoria publicarase a principios do próximo ano e incluirá un total de 1350 prazas noutras sete cualificacións das que dúas son novas: docencia da formación para o emprego (100 prazas) e operacións auxiliares de fabricación mecánica (100 prazas). As cinco restantes son: atención sociosanitaria a persoas no domicilio (300 prazas); atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (250 prazas); socorrismo en espazos acuáticos naturais (225 prazas); socorrismo en instalacións acuáticas (225 prazas); e tanatopraxia (150 prazas).

As cualificacións que se convocan, na maioría dos casos, son actividades ou profesións que por normativa, debido a razóns de saúde e seguridade, e co obxectivo de garantir un bo servizo aos usuarios, esixen como requisito imprescindible para desempeñalas a posesión dun título ou certificado de profesionalidade, que acredite a súa competencia profesional.

Estas acreditacións teñen carácter oficial e validez nacional, polo que as persoas que obteñan estes recoñecementos poderán facelos valer no mercado laboral como certificados oficiais dos coñecementos e capacidades adquiridos a través de anos de experiencia. Isto facilitará ás persoas avanzar e progresar na súa carreira profesional e ás empresas permitiralles optimizar o aproveitamento dos seus recursos humanos.

A Consellería de Economía, Emprego Industria vén publicando desde 2011 este procedemento para recoñecer as competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral. De media, ao ano, véñense convocando desde entón en torno a 2.000 prazas. Das 15.944 prazas convocadas ata o momento, 11.878 acadaron unha acreditación oficial da súa competencia profesional.

De feito, Galicia atópase á cabeza da formación certificable. En 2011, ademais, a Comunidade converteuse nunha das rexións pioneiras en impulsar este procedemento de recoñecemento da competencia profesional.

Para toda a información relacionada con este proceso poden consultar na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no portal de Emprego.

NOVAS RELEVANTES NO BOP-LUGO DE HOXE DÍA 19/12/2018

A POBRA DO BROLLÓN

NOVAS RELEVANTES NO BOE DE HOXE DÍA 19/12/2018

ADMINISTRACIÓN LOCAL

Personal funcionario y laboral

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

Becas

Navegación de artigos