Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Programa Integrado de Emprego 2018-2019 “Avanza na Mariña Lucense II

”A Mancomunidade de concellos da Mariña Lucense solicitou a concesión dunha subvención para a postaen práctica de programas integrados de Emprego de Galicia durante os anos 2018- 2019 ao abeiro daOrde do 31 de maio de 2018 (DOG núm. 118, do 21 de xuño de 2018)

.A este Programa Integrado de Emprego, denominado Avanza na Mariña Lucense II, foille concedida unhasubvención de 250.000 € por Resolución do Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral do 26 deoutubro de 2018.

Este programa está dirixido á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras ensituación de desemprego medianta a súa posta en marcha con intermediación laboral, no ámbito dosconcellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Foz, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, O Valadouro, O Vicedo eViveiro, durante un período de 12 meses, dirixido a 100 persoas de todos eses concellos e dos seguintescolectivos:

• Persoas con discapacidade: 5

• Persoas desempregadas en risco de exclusión social: 5

• Mulleres desempregadas vítimas de violencia de xénero: 3

• Mulleres desempregadas: 15

• Menores de 30 anos de baixa cualificación: 35

• Desempregados de longa duración:10

• Persoas beneficiarias de axuda do programa de recualificación profesional (PREPARA): 5

• Persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renta activa de inserción: 10

• Persoas maiores de 45 anos: 12

Os sectores implicados serán principalmente o sector servizos e agrario:

• Familia de Hostalaría e Turismo (Operacións básicas de restaurante- bar).

• Familia Agraria (Agricultura Ecolóxica, Instalación e Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes eOperación Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes).

• Familia de Servizos Socioculturais e á Comunidade.( Atención Sociosanitaria a PersoasDependentes en Institucións Sociais).

Incluiranse actividades formativas complementarias como as relacionadas co aprendizaxe e fomento dehabilidades de busca de emprego ou o fomento do uso das tecnoloxías informáticas e telemáticas enrelación co acceso ó emprego: informática, internet, páxinas web…, idiomas. Incluiranse charlasinformativas sobre xénero e igualdade de oportunidades. Reforzarase con técnicas de coaching,intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego tanto por conta propia comoallea, fomentando as habilidades sociolaborais con obradoiros de entrevista e de capacidadeemprendedora. Tamén haberá obradoiros sobre mobilidade laboral facendo fincapé na REDE EURES ena prospección empresarial tanto dentro como fora do propio concello de residencia dos demandantes.

Tamén haberá unha formación específica:

• Operacións básica de restaurante – bar 280 horas

• Agricultura ecolóxica 280 horas

• Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes 280 horas

• Operación Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes 280 horas

• Atención sociosanitaria a persoas dependentes eninstitucións sociais con certificado de profesionalidade 450 horas

En todas estas accións formativas inclúese unha parte de prácticas profesionais en empresa do sectorvinculado coa formación de 80 horas de duración, durante as cales se realizará un seguimento doalumnado por parte dos docentes.

Este programa ten como obxectivo a inserción laboral do 35% dos candidatos incluídos no mesmo, édicir, como mínimo plantéxase insertar a 35 persoas, ben por conta propia (como autónomos quemanteñan a súa alta na seguridade social durante un período mínimo de 6 meses) ou por conta allea (cuncontrato mínimo de 3 meses), e por iso se contempla a realización de labores de intermediaciónempresarial como outro aspecto fundamental, establecendo contacto con empresas dos concellos da zonapara fomentar a contratación do participantes do programa.

As persoas dos concellos incluídos neste programa e que estean interesadas en participar poden contactarcos Axentes de Emprego dos seus concellos ou directamente coa Mancomunidade de concellos da MariñaLucense que está ubicada no concello de Barreiros.

Mancomunidad de Municipios de la Mariña Luguesa Rua Vila, 63, Barreiros. 27790 (Lugo). Tfno. 676 327 331. Fax: 982 124 110

Advertisements

Single Post Navigation

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: