Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Obradoiro sobre axudas á dixitalización Industria 4.0

Taller de Axudas á Dixitalización Industria 4.0

Auditorio Biblioteca – Cidade da Cultura – Santiago de Compostela – 6/9/2018 de 09.30 a 12.00 horas

As Axudas á Dixitalización Industria 4.0 representan unha oportunidade para as empresas galegas de obter financiamento para proxectos que melloren as súas capacidades tecnolóxicas. Durante o ano 2018 convocáronse dous prazos de presentación: ata o 15 de marzo e ata o 21 de setembro. O sector TIC de Galicia está chamado a aproveitar estas axudas para impulsar proxectos cos seus clientes, e poderá contrastar co IGAPE as ideas de proxecto e recibir información derivada da experiencia do primeiro prazo (xa resolto).
Dirixido a: profesionais de empresas do sector TIC interesadas en propor proxectos aos seus clientes con apoio público, profesionais de empresas doutros sectores que vaian abordar proxectos de dixitalización
Advertisements

Single Post Navigation

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: