Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do día “Setembro 26, 2017”

SELECCIÓN DE OFERTAS DE EMPREGO NA MARIÑA DE LUGO

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de Promotor/a de alimentación para desenvolver a ocupación na localidade de Ribadeo.

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de Técnico/a Comercial para desenvolver a ocupación na zona da Mariña de Lugo.

Picando nesta ligazon podes ver unha oferta de Dependente/a de materiais de construción para desenvolver a ocupación na localidade de Burela.

 

 

FONTE INFOJOBS.

O Goberno da Deputación abre o prazo das axudas para que un mínimo de 150 empresas e colectivos da provincia contraten a outros tantos desempregados lucenses

 

– Autónomos, pequenas e medianas empresas, e asociacións sen ánimo de lucro, todas elas da provincia, poden solicitar durante 15 días hábiles axudas coas que pagar durante 1 ano os custos laborais de novos traballadores, que serán sempre lucense no paro

– O Executivo Provincial asumirá o 100% dos custos laborais cando os contratados sexan persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral; o 90% de traballadores en xeral para colectivos sen ánimo de lucro e o 50% para empresas

– Exclúense ás empresas que contasen con axudas do Ben Empregado e non continúase cos traballadores rematadas estas; ás que non aceptasen ao persoal seleccionado nin tan sequera no período de proba ou ás que realizasen despedimentos improcedentes

– Favorécense as entidades e colectivos que non se teñan beneficiados antes do Ben Empregado; ás que ofrezan contratacións indefinidas, medidas de conciliación laboral, de protección do medio ambiente e responsabilidade social e corporativa; ou ás  novas entidades, ás impulsadas por mulleres, mozos de 16 a 35 e maiores de 45 anos

 

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, avanzaron que hoxe se publicou no Boletín Oficial Provincia (BOP) as bases do Ben Empregado 4, máis social. Polo tanto, mañá mesmo se abrirá o prazo para que empresas e colectivos sen ánimo de lucro, todos eles da provincia, soliciten axudas para contratar a novos traballadores, que serán sempre desempregados lucenses. O Goberno Provincial dotou a este plan de 2,2 millóns de euros, que permiten chegar a un mínimo de 150 entidades e asociacións e xerar outros tantos novos postos de traballo na provincia.

 

Santos Ramos explicou que dende o martes, 26 de setembro, e durante 15 días hábiles (agás as fins de semana e os festivos), pequenas e medianas empresas, autónomos e colectivos lucenses poderán solicitar axudas de ata un máximo de 22.000 euros coas que asumir, durante 1 ano, os custos pola contratación de novos traballadores, que serán en todos os casos desempregados da provincia.

 

“Deste xeito, dende este Goberno Provincial buscamos cumprir cun dobre obxectivo:  combater a taxa de paro na provincia, xerando postos de traballo de calidade ao incorporar cláusulas sociais nos contratos para salvagardar ou mellorar os dereitos laborais dos traballadores; e tamén contribuír ao desenvolvemento da actividade do tecido empresarial e asociativo da provincia na procura da dinamización da economía lucense”, apuntou.

 

3 liñas de financiamento

Os solicitantes poden optar a 3 liñas de financiamento: do 100%, do 90% ou do 50%.

 

– “Asumiremos a totalidade dos custos laborais dos traballadores, concedendo ás entidades ou colectivos o 100% da axuda, cando contraten a persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral. Por exemplo, veciños con dificultades físicas ou psíquicas ou vítimas de violencia de xénero, entre outras. Favorecemos, polo tanto, a xeración de emprego para veciños en esta situación, dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas e social”.

 

– “Asumimos o 90% dos custos laborais de novos traballadores en xeral cando sexan contratados por entidades sen ánimo de lucro. Contribuímos, deste xeito, á importante actividade social na nosa provincia do tecido asociativo”.

 

– “E asumimos o 50% dos custos laborais de novos traballadores en xeral cando sexan contratados por empresas da provincia”.

 

Requisitos

Poden participar no Ben Empregado 4 todas as entidades e asociacións lucenses agás  aquelas empresas que contasen con axudas das anteriores edicións desta programación e, rematada esta, non mantivesen aos traballadores nos postos de traballo xerados; ás que realizasen despedimentos improcedentes nos últimos 12 meses; ás que fosen condenadas por sentenza xudicial firme sobre despedimentos improcedentes ou expedientes sancionadores nos últimos 3 anos; ou ás que renunciasen a subvención do Ben Empregado doutras edicións unha vez seleccionado ao persoal sen tan sequera contratalo durante o período legal de proba.

 

Máis social

Favoreceranse ás empresas e colectivos que non se teñan beneficiados das anteriores edicións co obxectivo de chegar a máis xente; ás que ofrezan contratacións indefinidas do posto subvencionado, medidas específicas de conciliación laboral a todo o cadro de persoal, de protección do medio ambiente ou de responsabilidade social e corporativa. Ademais, “dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas e social, valorarase, positivamente, que os promotores das entidades sexan de nova creación, impulsadas por mulleres, mozos de entre 16 a 35 anos ou maiores de 45”.

 

Obrigas

López Izquierdo apuntou as obrigas das entidades e colectivos que resulten beneficiados: aceptar o traballador asignado pola Deputación e mantelo no seu cadro de persoal durante un período mínimo de 12 meses de duración; manter o cadro de persoal, incluíndo aos anteriores traballadores das edicións do Ben Empregado, durante a vixencia deste programa; facilitarlle ao contratado os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas tarefas; ou achegar ao organismo provincial nos primeiros 10 días do mes a nómina e xustificante de pago do traballador correspondente.

 

Solicitudes

As entidades e colectivos sen ánimo de lucro da provincia interesadas en participar nesta 4 edición do Ben Empregado deberán presentar no rexistro da Deputación (ou por calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas) a documentación que se atopa www.deputacionlugo.gal. Concretamente, no espazo habilitado do Ben Empregado, onde figurarán os anexos I ao X con toda a información. As empresas e colectivos sociais que resulten beneficiados poderán solicitar un anticipo ata o 80% da axuda. Tanto na web da Deputación como no Taboleiro de Anuncios se publicarán os requirimentos de máis información durante o proceso de resolución das subvencións.

 

Preto de 650 novos empregos

Coas 3 primeiras edicións do Ben Empregado, o Goberno Provincial leva xerado polo de agora un total 644 novos empregos. Co Ben Empregado 1, que é o único que está pechado, xerou 234 postos de traballo, que ocuparon 130 son homes e 104 mulleres da provincia. A inserción laboral desta primeira edición, é dicir, o número de persoas que seguen a traballar logo de rematar a subvención da Deputación, é do 30%, que representa a preto de 70 lucenses. Co Ben Empregado 2, cando queda un 20% de empresas ás que adxudicar traballador, leva xerado ata o de agora 287 empregos, que ocupan 168 homes e 119 mulleres da provincia. Á espera de finalizar esta edición, a inserción laboral, polo de agora, é dun 25%, que representa a máis de 65 persoas que seguen a traballar rematado o período subvencionable. Co Ben Empregado 3, cando todos os luns se seguen a ofrecer novos postos con esta programación na Bolsa de Emprego en www.deputacionlugo.gal, son ata o momento 123 os desempregados lucenses que traballan agora.

Descarga do arquivo

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES NO DOG PUBLICADAS HOXE DÍA 26/09/2017

II. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

43810

Descargar PDF

43841

Descargar PDF

43843

Descargar PDF

43875

Descargar PDF

Axencia Galega de Innovación

43891

Descargar PDF

Presentación del proyecto Internova Market Food

Este jueves, 28 de septiembre, a partir de las 11:00 h., tendrá lugar en Vigo la jornada de presentación del proyecto Internova Market Food, una iniciativa enmarcada en el Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España – Portugal (Poctep) que nace con el objetivo principal de acelerar los procesos de internacionalización de las empresas agroalimentarias de la eurorregión Galicia – Norte de Portugal a través de acciones de información y formación que favorezcan el posicionamiento de los productos, la innovación tecnológica de los procesos de elaboración y la utilización de estrategias de marketing que favorezcan la competitividad.

Más concretamente, los objetivos principales de este proyecto son:

  • Aportar información de interés para acelerar los procesos de internacionalización de las empresas agroalimentarias de la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal.
  • Favorecer la identificación de oportunidades conjuntas de colaboración.
  • Fomentar los procesos de innovación en producots y procesos como aspecto clave para facilitar el acceso a mercados exteriores.

Internova Market Food, promovido por varias entidades entre las que se encuentra la CEL, está dirigido específicamente a pequeñas y medianas empresas pertenecientes a la cadena de valor del sector agroalimentario de la Euroregión Galicia-Norte de Portugal.

La jornada de presentación de esta iniciativa tendrá lugar en la sede de la Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) en Vigo (C/García Barbón 104) – descargar programa en pdf al final de esta entrada-.

Inscripciones a través del mail proyectoseuropeos@cep.es o llamando al 986 439 611.

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES NO BOP-LUGO DE HOXE DÍA 26/09/2017

 

 

 

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES NO BOE DE HOXE DÍA 26/09/2017

ADMINISTRACIÓN LOCAL

Personal funcionario y laboral

MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL

Convenios colectivos de trabajo

 

CONVOCATORIAS E OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO VIXENTE DO 26 / 09 /2017 AO 02/10/2017

Picando na seguinte ligazón podes ver o boletín semanal de convocatorias e oferta de emprego público vixente do 26/09/2017 ao 02/10/2017:

Boletin_Convocatorias_Empleo

Empleo. Vegadeo. Ayudante de Cocina

Empleo y Desarrollo Local Noroccidente de Asturias.

Datos de la oferta número: 032017004758
Fecha de inicio: 25/09/2017 Fecha de fin: 15/10/2017
Provincia: ASTURIAS
Descripción
AYUDANTE DE COCINA (REF 4758)

Datos
Localidad de Ubicación del Puesto: VEGADEO(ASTURIAS)

Datos adicionales
FUNCIONES:

View original post 63 palabras máis

Empleo. Vegadeo. Ayudante de obrador de pastelería

Empleo y Desarrollo Local Noroccidente de Asturias.

Datos de la oferta número: 032017004755
Fecha de inicio: 25/09/2017 Fecha de fin: 15/10/2017
Provincia: ASTURIAS
Descripción
AYUDANTE PARA OBRADOR DE PASTELERÍA (REF. 4755)

Datos
Localidad de Ubicación del Puesto: VEGADEO(ASTURIAS)

Datos adicionales
FUNCIONES:

View original post 62 palabras máis

Empleo. Vegadeo. Dependiente/a de pastelería

Empleo y Desarrollo Local Noroccidente de Asturias.

Datos de la oferta número: 032017004753
Fecha de inicio: 25/09/2017 Fecha de fin: 15/10/2017
Provincia: ASTURIAS
Descripción
DEPENDIENTE/A PASTELERÍA (REF. 4753)

Datos
Localidad de Ubicación del Puesto: VEGADEO(ASTURIAS)

Datos adicionales
FUNCIONES:

– Atención a clientes.

– Preparación de pedidos.

– Colocación de los expositores.

CONDICIONES:

– Contrato laboral temporal.

– Jornada parcial de 20 horas semanales.

– Salario en función del convenio de pastelería vigente en el Principado de Asturias
Datos de contacto
Las personas interesadas deberán concertar entrevista llamando al 660004683
Requerimientos
Nivel Profesional buscado
TÉCNICOS Y SIN CATEGORÍA LABORAL DETERMINADA

Fte. Trabajastur

View original post

Navegación de artigos