Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do día “Xaneiro 19, 2017”

OFERTA DE EMPREGO NA LOCALIDADE DE RIBADEO

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de Odontólogo/a para o CENTRO DENTAL PEDRAZA COTARELO para desenvolver a súa actividade na localidade de Ribadeo.

FONTE INFOJOBS 19/01/2017

OFERTA DE EMPREGO NA LOCALIDADE DE VIVEIRO

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de Operario/a de Caldeiras para desenvolver a ocupación nunha empresa ubicada en Viveiro.

FONTE INFOJOBS 19/01/2017

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES NO DOG DE HOXE DÍA 19/01/2017

Consellería de Economía, Emprego e Industria

2819

Descargar PDF

Axencia Turismo de Galicia

2857

Descargar PDF

2883

Descargar PDF

2885

Descargar PDF

2912

Descargar PDF

Autoridade Portuaria de Vigo

3008

Descargar PDF

A Xunta aposta pola formación para desempregados para incrementar as oportunidades laborais e atopar un traballo

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, mantiveron hoxe en Santiago unha xuntanza cos directores de centros de ESO e FP onde este ano como novidade impartirase este tipo de formación

O Programa Cualifica FP permitirá ampliar con máis de 3.200 prazas a oferta dos cursos para desempregados ao estender esta formación a centros de ESO e FP

O Goberno galego investirá nesta actuación preto de 10 millóns de euros, o que permitirá impartir preto de 335 novas accións para desempregados en 56 centros de Educación e Economía

Marnotes salientou que se multiplica por tres o orzamento, o número de cursos e de prazas de formación para desempregados da rede pública

A Xunta aumenta este ano o orzamento para a formación para o emprego nun 21,6% para dar resposta ao tecido empresarial de Galicia

Santiago, 18 de xaneiro de 2017

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, e o e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, mantiveron hoxe en Santiago unha xuntanza cos directores dos centros de ESO e FP de Galicia onde este ano se impartirá por primeira vez formación para desempregados grazas a un acordo entre as Consellerías de Economía, Emprego e Industria e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A mellora da formación para desempregados é, segundo apuntou Marnotes, “unha aposta clara” para o Goberno galego porque incrementa as oportunidades laborais para atopar un traballo.

A Xunta, a través do programa Cualifica FP, ampliará a formación para desempregados aos centros de ESO e FP, o que permitirá incrementar a oferta formativa neste tipo de cursos optimizando os recursos públicos. A xuntanza mantida hoxe serviu para iniciar a coordinación desta nova iniciativa da Administración autonómica que se prevé poñer en marcha a partir do primeiro trimestre deste ano.

En concreto, Cualifica FP permitirá contar con máis de 3.200 novas prazas neste tipo de oferta formativa. En palabras de Marnotes, a Administración autonómica con esta actuación multiplica por tres o orzamento, o número de cursos e de prazas de formación para desempregados da rede pública.

Para iso, investiranse entre os anos 2017 e 2018 preto de 10 millóns de euros para levar a cabo preto de 335 accións formativas para desempregados en 56 centros das Consellerías de Educación e Emprego (44 centros de ESO e FP). Deste xeito actívase a oferta de formación para o emprego en centros públicos máis elevada das realizadas en Galicia, e unha das máis completas de todo o Estado por número de centros, por oferta formativa e por prazas ofertadas.

Estes alumnos e alumnas, ao igual que os que realicen os cursos nos centros privados, poderán optar ás bolsas de formación que perciben por conceptos de transporte, manutención e conciliación co obxectivo de facilitarlles a asistencia a ditas accións.

Estes cursos para desempregados, segundo lembrou Marnotes, como os restantes que apoia o Goberno galego neste ámbito, darán acceso a un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. Os colectivos preferentes con acceso a estes cursos serán as mulleres, os parados de longa duración e os menores de 30 anos, todos eles prioritarios xa nas políticas activas de emprego da Xunta.

A formación para desempregados ten como obxectivo incrementar as oportunidades laborais dos galegos e galegas, facilitar, en definitiva, o seu acceso ao mercado laboral, ao mesmo tempo que se dota a Galicia dun capital humano máis formado de acordo coas necesidades do mercado laboral e coas novidades do mesmo. Trátase, polo tanto, dunha formación que dá resposta ás necesidades reais do tecido produtivo galego e que este ano primará aos sectores que teñen unha maior inserción laboral que son na actualidade os vinculados coa industria como a recollida, tratamento e eliminación de residuos, a industria téxtil e a fabricación de mobles; co sector servizos, principalmente servizos de comidas e bebidas, comercio polo miúdo e actividades sanitarias; e co sector da construción.

Para reforzar este eido, o Goberno galego incrementa este ano a formación para o emprego nun 21,6% chegando ata os 86,2 millóns de euros.

Novidades na formación

Así mesmo, a formación para persoas desempregadas inclúe este ano importantes novidades. Para continuar mellorando o potencial dos galegos e das galegas e que podan acceder ao mercado de traballo en igualdade, o Goberno galego centrará a programación do 2017 nos sectores con maiores índices de inserción laboral, cun enfoque claro na Industria 4.0 e naqueles que son estratéxicos e emerxentes, definidos na Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0. Os menores de 30 contarán, ademais, cun programa específico de formación.

Marnotes, por último, apuntou que o programa Cualifica FP, orientado a mellorar as competencias que son clave para o crecemento do tecido produtivo galego, enmárcase na Axenda 20 para o Emprego, coa que a Xunta prevé crear este ano 20.000 postos de traballo. “Do que se trata é que a consolidación da recuperación económica chegue a todas as familias galegas”, sinalou. Este acordo tamén forma parte da Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0 que contempla a necesidade de que o sistema formativo se oriente ás demandas da industria.

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES NO BOP – LUGO DE HOXE DÍA 19/01/2017

 

 

 

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES PUBLICADAS NOXE DÍA 19/01/2017 NO BOE

ADMINISTRACIÓN LOCAL

Personal funcionario
Personal funcionario y laboral

MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL

Convenios colectivos de trabajo

MINISTERIO DE ENERGÍA, TURISMO Y AGENDA DIGITAL

Ayudas

Empleo. Valdés. Conductor autobús transporte escolar.

Empleo y Desarrollo Local Noroccidente de Asturias.

Datos de la oferta número: 032017000175
Fecha de inicio: 18/01/2017
Fecha de fin: 31/01/2017
Provincia: ASTURIAS
Descripción

CONDUCTOR/A DE AUTOBUS ESCOLAR (REF.175)
Datos

Localidad de Ubicación del Puesto: VALDES(ASTURIAS)
Datos adicionales
FUNCIONES

-Realizar rutas de transporte escolar en el concejo de Valdés

-Prestar un servicio eficiente mediante una conducción responsable y correcta para garantizar la seguridad de los escolares

-Conservación y mantenimiento preventivo del vehículo

REQUISITOS

View original post 108 palabras máis

Navegación de artigos