Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Conde aposta pola formación continua para impulsar o talento e adaptalo ás necesidades do mercado laboral

Salienta que a Xunta traballa na mellora continua dos programas de formación, prestando especial atención aos colectivos con maiores dificultades de inserción laboral, aos mozos galegos, e tamén ás persoas ocupadas

Lembra que o Consello autorizou hoxe o proxecto de Lei de Economía Social, que impulsará a constitución de cooperativas por parte dos mozos menores de 30 anos e lanzará unha nova liña de capital risco para estas iniciativas

Destaca os programas de actualización dos traballadores cara a Industria 4.0 e a próxima apertura dunha liña de formación dirixida aos empregados de sectores estratéxicos

Avoga por seguir a potenciar o diálogo social como clave para o bo funcionamento do sistema de relacións laborais de cara a consolidar o crecemento de Galicia

Vigo, 26 de novembro de 2015.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe, durante a xornada O mercado de traballo nunha época de transición, a aposta do Goberno galego pola formación continua como aspecto fundamental para impulsar o talento e adaptalo ás necesidades do mercado laboral. “O talento require da formación continua. Unha adaptación que proporciona aptitudes e capacidades, achegando as ferramentas necesarias para dar resposta ás necesidades dun mercado en continua evolución”, incidiu Conde.

Neste sentido, o conselleiro subliñou o traballo que está a levar a cabo a Xunta na mellora continua dos programas de formación, dando prioridade a aqueles colectivos que teñen maiores dificultades de inserción laboral, e atendendo aos requirimentos dos mozos galegos para establecer as sinerxías necesarias coas necesidades plantexadas polo tecido empresarial.

Así, explicou Conde, o Goberno galego está a impulsar accións formativas para os menores de 30 anos nos ámbitos das TIC, os idiomas e habilidades transversais, ao tempo que aposta pola promoción da FP Dual como un “instrumento útil capaz de formar profesionais que se desenvolven con éxito nun entorno laboral cambiante e exixente”.

Ademais, o conselleiro resaltou o compromiso do Executivo autonómico co cooperativismo xuvenil, eido no que lembrou que o Consello da Xunta vén de aprobar o proxecto de Lei de Economía Social, que impulsará a constitución de cooperativas por parte dos mozos menores de 30 anos e lanzará unha nova liña de capital risco de 5 millóns para poñer en marcha este tipo de proxectos.

“Pero a nosa aposta pola formación se estende tamén as persoas ocupadas”, salientou Conde, quen destacou a transformación que está a experimentar o tecido empresarial no camiño cara a fábrica intelixente, que require de novas habilidades ao longo de toda a cadea de valor. Neste marco, subliñou o impulso de programas de actualización dos traballadores na nova Industria 4.0, e salientou a activación dunha liña de formación dirixida aos traballadores dos sectores estratéxicos co fin de favorecer a súa adaptación ás esixencias do novo modelo produtivo.

Así mesmo, o titular de Economía, Emprego e Industria avogou por seguir a potenciar o diálogo social como clave para o bo funcionamento do sistema de relacións laborais de cara a consolidar o crecemento de Galicia. Un esforzo conxunto que, segundo resaltou, xa está a dar os seus froitos en Galicia, que suma dous anos de baixada consecutiva do paro.

Advertisements

Single Post Navigation

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: