Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do día “Novembro 19, 2015”

OFERTA PARA A LOCALIDADE DE VIVEIRO

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de Operario/a de Mantemento EDAR e Bombeos para Viveiro.

Advertisements

159 desempregados lucenses comezan a traballar en 141 empresas e colectivos da provincia

– Hoxe tiveron un encontro co Presidente con motivo da celebración da xornada informativa previa a súa incorporación laboral a través do Ben Empregado
– Son 487 as persoas que estaban no paro e que se insertaron laboralmente con este programación da Deputación. Ata hoxe, está aberta a solicitude doutros 70 empregos

159 desempregados lucenses comezan a traballar en 141 empresas e colectivos da provincia

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos Ramos, recibiron este mércores no Pazo de San Marcos a 159 desempregados lucenses e aos 141 representantes das empresas e colectivos nos que comezarán a traballar. Fíxoo con motivo da celebración da xornada informativa previa a súa incorporación laboral a través do Ben Empregado.

Os técnicos provinciais explicaron polo miúdo durante a xornadas os dereitos e obrigas da participación neste programación de emprego. As entidades e colectivos incorporan, obrigatoriamente, cláusulas sociais nos contratos para blindar os dereitos laborais e salariais dos traballadores. Non se poden incumprir os convenios dos respectivos sectores. Por exemplo, reducir os soldos ou aumentar os horarios. Neste caso, perderían directamente a subvención do organismo provincial. Os traballadores, que teñen un período de proba, contan con contratos por un mínimo dun ano, con vontade das empresas e asociación de ser prorrogable. A Deputación asume os custes salariais e da seguridade social dos empregados.

487 lucenses menos no paro
Estes 159 novos traballadores, súmanse a outros 80 que iniciaron a súa actividade laboral nos pasados días a través do Ben Empregado II, e aos 248 que xa o fixeron co Ben Empregado I. Polo tanto, son un total de 487 as persoas que estaban no paro e que se insertaron laboralmente a través das dúas edicións desta programación da Deputación.

70 empregos máis
Ata mañá segue aberto o prazo de solicitude doutros 70 postos de emprego máis en diferentes sectores e en empresas e asociacións de toda a provincia. As inscricións deben realizarse no Rexistro da Deputación. Toda a información está publicada en www.deputaciónlugo.gal. Para consultas pódese chamar a 982-260-222 e 982-260-085, ou ben enviar un correo electrónico a benempregado2@deputacionlugo.org.

– See more at: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fnot_d4_v1.jsp&contenido=28685&tipo=8&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&codResi=1&language=gl&level=1#sthash.WeaNeWem.dpuf

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES NO DOG DE HOXE DÍA 19 DE NOVEMBRO DO 15

Consellería do Medio Rural

43770

Descargar PDF

Escola Galega de Administración Pública

43772

Descargar PDF

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES NO BOP-LUGO DE HOXE DÍA 19 DE NOVEMBRO DO 15

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES NO BOE DE HOXE DÍA 19 DE NOVEMBRO DO 15

MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL

Convenios colectivos de trabajo

Navegación de artigos