Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do día “Novembro 10, 2015”

OFERTA PARA O NORTE DE LUGO

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de Xefe de produto para desenvolver a súa actividade no Norte de Lugo.

Advertisements

I Taller Internacional en Marketing Expertise sobre Comercialización de innovación y tecnología

 

Día 16 de noviembre. A Coruña: Auditorio de Afundación, Cantón Grande 24. 19 horas: Conferencia “Comercialización internacional de innovaciones y tecnología: La experiencia del Grupo de Comercialización Global de Austin“. D. Salvador Alanis. 20:30 horas Networking.

Día 17 de noviembre. Santiago de Compostela, Edificio IGAPE, San Lázaro nº63 A. 10:00: Ponencia sobre “Propuesta de valor y metodologías de evaluación de las innovaciones y la tecnología”. D. Salvador Alanis. 12:00 Workshop: “Establecer y definir el modelo de negocio y el precio de nuevas tecnologías o innovaciones.”

Día 18 de noviembre. Vigo: Zona Franca (Bouzas). 09:30 Ponencia “Condiciones básicas para la comercialización internacional de innovaciones y tecnología”. D. Salvador Alanis. 11:00 Workshop: “Experiencias del Grupo de Comercialización Global del Instituto IC2”.

INFORMACIÓN: 981 54 11 08
INSCRIPCIÓN EN: www.igape.es/gl/xornadas

Programa [PDF]

Queda abierta la posibilidad de organizar reuniones con colectivos de profesionales y empresas interesadas, según disponibilidad de agenda.

A Deputación impulsa o estudo da biomasa forestal e bioenerxía en Galicia, co ciclo de conferencias Luís Asorey

– Faino en colaboración coa Real Academia de Ciencias Galegas e USC co fin de sentar bases e afondar nos modelos enerxéticos sostibles para o futuro da provincia e do pais
– Sonsoles López destacou “ a importancia que ten a biomasa na provincia, que servirá tamén para impulsar o desenrolo económico do sector forestal, así como dos secundarios”
– Os interesados en participar neste ciclo de conferencias gratuítas deberán  cubrir e presentar o formulario que se atopa no rexistro xeral da entidade

A Deputación impulsa o estudo da biomasa forestal e bioenerxía en Galicia, co ciclo de conferencias Luís Asorey

A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, e o Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Membro da Real Academia de Ciencias, Antonio Rigueiro, presentaron este luns a 26º edición do ciclo de conferencias Dr. Luís Asorey García, que organiza a Real Academia en colaboración coa institución provincial e USC. Nesta edición, o tema central das 7 charlas e conferencias, que terán lugar no Salón de Actos da Deputación entre os días 16 e 25 de novembro, versará sobre a biomasa forestal e bioenerxía en Galicia.

Sonsoles López Izquierdo salientou que o organismo provincial colabora con esta iniciativa que se leva celebrando dende 1985 porque “afonda en aspectos moi interesantes para o desenvolvemento da nosa provincia, como é o aproveitamento da biomasa como fonte de enerxía limpa e que servirá para impulsar o desenrolo económico deste sector forestal, así como dos secundarios”. Nesta liña López Izquierdo destacou que “a biomasa é un combustible renovable e que produce enerxía limpa e y segura; que diminúe as emisións que contribúen a crear efecto invernadoiro; evita a dependencia enerxética dos combustibles fósiles e é unha forma clara de reciclaxe e xestión de residuos”.

López destacou que “ca grave problemática que temos non só na provincia, senón no país, cos incendios forestais a xestión da biomasa axudará a limpar os nosos montes, evitando así a proliferación de lumes”. A Deputada tamén quixo establecer a bioenerxía como “un dos posibles camiños de futuro para xerar riqueza e emprego, impulsando un tecido empresarial estable en sectores como o forestal, máis tamén no enerxético e no agrícola”.

Pola súa banda, Antonio Rigueiro, agradeceu a colaboración da Deputación e o compromiso que ten o organismo provincial coa Real Academia de Ciencias na organización deste ciclo de conferencias, que “axudarán a favorecer o desenvolver de xeito sostible do patrimonio natural do país”.

O prazo de inscrición está aberto. Os interesados en participar no ciclo de conferencias Luís Asorey que terá lugar no Salón de Actos da Deputación, deberán cubrir e presentar no Rexistro Xeral o formulario que alí se encontra.

Programación gratuíta
O Ciclo de Conferencias Luís Asorey, adicado á memoria deste prestixioso médico que desenvolveu a súa actividade profesional durante gran parte da súa vida en Lugo, versará nesta ocasión sobre a biomasa forestal e bioenerxía en Galicia. As xornadas informativas, completamente gratuítas para os participantes, terán lugar entre o 16 e 19 e 23 e 25 de novembro no Salón de Actos da Deputación, todas en horario 19:00 a 21:00 horas.

Luns, 16 de novembro
Biomasa forestal residual en Galicia, a cargo de D. Antonio Rigueiro Rodríguez; Enxeñeiro de Montes e Catedrático do Departamento de Produción Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela.

Martes, 17 de novembro
Sector da Biomasa como oportunidade económica e medioambiental: A estratexia de impulso 2014-2020, a cargo do Enxeñeiro Técnico Industrial e Licenciado en Máquinas Navais e Máster en Enxeñería Mecánica; D. Emérito Freire Sambade

Mércores, 18 de novembro
Uso Enerxético da Biomasa: Exemplos en Galicia, a cargo do Enxeñeiro de Montes e Director da Asociación Forestal de Galicia, D. Francisco Dans del Valle.

Xoves,19 de novembro
Biocombustibles Sólidos, a cargo do Catedrático da área de Enxeñaría Agroforestal do Departamento de Enxeñería dos Recursos  Naturais e Medio Ambiente da Uvigo; D. Luís Ortiz Torres.

Luns, 23 de novembro
Instalacións de Uso Térmico doméstico e en Edificios Públicos, a cargo do Enxeñeiro Técnico Industrial e Presidente de ISEMPA e BIOPALAS, D. José Otero Gavieiro.

Martes, 24 de novembro
Xestión forestal e produción de biomasa, a cargo do Enxeñeiro de Montes, e Caterético do Departamento de Produción Vexetal da USC, D. Roque Julio Rodríguez Soalleiro.

Mércores, 25 de novembro
Biocombustibles líquidos e gasosos a partir de biomasa, o Dr. En Ciencias Químicas e Profesor Ad-Honorem do Departamento de Enerxía Química da USC.

– See more at: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fnot_d4_v1.jsp&contenido=28607&tipo=8&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&codResi=1&language=gl&level=1#sthash.ti0h8aVy.dpuf

SELECCIÓN DE NOVA RELEVANTE NO DOG DE HOXE DÍA 10 DE NOVEMBRO DO 15

Universidade de Vigo

42704

Descargar PDF

SELECCIÓN DE NOVA PUBLICADA HOXE NO BOE DO 10 DE NOVEMBRO DO 15

MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA Y DEPORTE

Profesores en el extranjero
  • Resolución de 3 de noviembre de 2015, de la Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, por la que se convocan plazas para profesores visitantes en centros educativos de Estados Unidos de América y Canadá para el curso académico 2016-2017.

Navegación de artigos