Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

A Deputación aproba a contratación de 35 desempregados lucenses do Ben Empregado II

– A Xunta de Goberno aproboudevolver o proxecto de iluminación do Rato á Axencia da Enerxía para completalopois “Elena Candia anunciou o inicio da contratación das obras, tecnicamenteinviables pola situación na que se atopaba o expediente”

 – Santos destacou que se levou á Xunta, dexeito urxente, a aprobación de solicitude á asesoría xurídica de informes enrelación ao procedemento de alleación do Audi A8 da Deputación “por posiblesirregularidades na tramitación do proxecto”

– Álvaro Santos informou que se aprobou a comparecencia da Deputación deLugo como administración implicada no contencioso Dereitos Fundamentais núm. 314/2015-B, presentado por Elena Candia,en relación á moción de censura

A Xunta de Goberno aprobou aasignación de 34 desempregados lucenses ás empresas beneficiarias do Ben Empregado II. Son 34 desempregadosque agora obterán traballo en profesións como soldador; albanel; monitoreducativo; camareiro; deseñador gráfico ou peón agrícola e gandeiro entreoutros. Logo da aprobación deste bloque, correspondente á fase II do Ben Empregado II, xa son 82 osdesempregados da provincia que teñen traballo grazas á Deputación.

A vindeira semana, a Xunta deGoberno da Deputación, aprobará ao redor de 150 perfís para que as empresasbeneficiarias deste macroproxecto de fomento do emprego, poidan comezar coproceso de contratación canto antes. Cómpre destacar que o  organismo provincial aprobou tamén a semanapasada abrir o prazo de solicitude para cubrir 70 postos de traballo do Ben Empregado I que quedaron vacantes.Os interesados deberán presentar as solicitudes dende o 9 ata o 19 de novembro.

Iluminación do Río Rato

A Xunta de Goberno aproboudevolver o proxecto de iluminación do Río Rato á Axencia da Enerxía, posto que“se atopaba incompleto”, tal e como informou o voceiro do goberno provincial,Álvaro Santos. Nesta liña, Santos explicou que “cando era Presidenta ElenaCandia anunciou en Xunta de Goberno, o inicio de contratación do proxecto deiluminación do Río Rato, mais ao analizalo observamos que aínda non se atopabacompleto como para proceder á contratación das obras, ao non contar nin cospermisos medioambientais pertinentes; nin cos da Confederación Hidrográfica”.

Santos valorou que “Candia nonfixo nada, simplemente anunciar unha contratación que tecnicamente era inviableporque non se podía comezar co expediente tal e como se atopaba”. Deste xeito,o voceiro do Goberno Provincial informou que “nós agora o que fixemos foidevolver o expediente á unidade competente para que o complete e poder asíproceder á contratación”

Comparecencia de Deputación

Santos Ramos explicou tamén que aXunta de Goberno viña de aprobar a comparecencia da Deputación de Lugo noContencioso Administrativo relativo ao procedemento: Dereitos Fundamentais núm.314/2015-B, interposto por Elena Candia contra o acordo do 8 de outubro de 2015pola Mesa de Idade. O Voceiro Socialista destacou que “esta é unha aprobaciónde trámite para que a Deputación de Lugo como administración implicadacompareza no recurso á moción de censura”. Santos criticou a actitude“xudicializadora de Elena Candia que o único que busca é entorpecer ao GobernoProvincial, cousa que non vai suceder baixo ningún concepto”, sentenciou.

Moción de urxencia

Álvaro Santos Ramos informou que,como asunto de urxencia, se levou á Xunta a aprobación de solicitude deinformes á asesoría xurídica en relación ao procedemento de alleación do AudiA8 da Deputación. “Cando chegamos ao goberno da Deputación, este procedementoxa estaba iniciado. Unha vez analizado, atopámonos con que é outra chapuza máisda Elena Candia” sentenciou Santos. Nesta liña, valorou que “poden haber irregularidadesna tramitación do proxecto, en aspectos como a aprobación da ampliación doprazo de presentación de ofertas, adoptada pola Presidenta e non pola Xunta deGoberno, que é o órgano ao que lle corresponde a ampliación”.

Santos explicou que “observamostamén que as avaliacións e valoración do procedemento de alleamento do Audi,non estaban feitas polos servizos técnicos da Deputación, e a documentacióndeste expediente en relación á furgoneta pola que sería cambiada, conta cunhavaloración do propio licitador, non da Deputación. Como este non é nosoproceder, solicitamos á asesoría xurídica un informe sobre todos estes aspectospara determinar a continuidade ou non deste procedemento, en base aosresultados deste informes elaborados polos servizos xurídicos”.

– See more at: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fnot_d4_v1.jsp&contenido=28601&tipo=8&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&codResi=1&language=gl&level=1#sthash.6tFIOkET.dpuf

Single Post Navigation

Os comentarios están pechados.

%d bloggers like this: