Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do día “Xuño 19, 2015”

OFERTAS DE EMPREGO DO S.P.E.G. PUBLICADAS HOXE 19 DE XUÑO

1
2
3
4
5
6
19/06/2015
XINZO DE LIMIA (OURENSE)
7
19/06/2015
MUXIA (A CORUÑA)

OFERTA DE BOLSEIRO PARA SAN CIBRAO

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de bolseiro de enxeñeiro electrónico para ALCOA San Cibrao.

OFERTA PARA A MARIÑA

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de traballo para unha area de contabilidade financeira na Mariña de Lugo.

Deputación e EOI organizan preto de 20 xornadas gratuítas para o tecido empresarial da provincia

– Trátase dunhas conferencias de asesoramento en implantación de novas tecnoloxías e xestión comercial cuxo obxectivo é mellorar a competitividade das micropemes e dos autónomos lugueses interesados
– As xornadas, abertas ao público, arrancarán o vindeiro luns, 22 de xuño e estenderanse ata o 18 de setembro. Monforte, Lugo, Ribadeo, Sarria, Vilalba Chantada e Viveiro acollerán estas charlas impartidas por profesionais do sector

A Deputación de Lugo, en colaboración coa Escola de Organización Industrial –EOI-, organiza preto de 20 xornadas gratuítas e abertas ao público, dirixida ao tecido empresarial da provincia luguesa. Trátase dunhas conferencias de asesoramento en implantación de novas tecnoloxías e xestión comercial cuxo obxectivo é mellorar a competitividade das micropemes e dos autónomos lugueses interesados.

As xornadas, que o organismo provincial levará por toda a provincia, arrancarán o vindeiro luns, 22 de xuño e estenderanse ata o vindeiro 18 de setembro. Monforte, Lugo, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Chantada e Viveiro acollerán estas charlas impartidas por consultores e profesionais do sector, tales como Tania Abalde, Ángel Colsa, Fátima Cachafeiro, Juan López, Rodrigo Gómez ou Silvia Berrio. Os 300 autónomos e micropemes lucenses anotados no Proxecto de Dinamización de Tecido Empresarial participarán tamén nalgúnha destas charlas.

Monforte e Lugo, primeiras paradas
O vindeiro luns, 22 de xuño, arrancarán as xornadas con dúas sesións: unha no Salón de Actos do Centro Cívico do Malecón, de 15:00 a 17:00 horas, e outro no Salón de Actos da Deputación, de 20:00 a 22:00 horas. Seguridade alimentaria e xestión ambiental na empresa e eficiencia enerxética serán os temas sobre o que versen as charlas desta primeira xornada.

Máis información na páxina web da Deputación www.deputacionlugo.gal

– See more at: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fnot_d4_v1.jsp&contenido=27823&tipo=8&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&codResi=1&language=gl&level=1#sthash.O2LYg5QB.dpuf

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES NO DOG DO 19 DE XUÑO DO 15

Axencia Galega das Industrias Culturais

24621

Descargar PDF

Instituto Galego de Promoción Económica

24641

Descargar PDF

A Xunta de Galicia dedicará máis de catro millóns de euros a formar a 1.260 traballadores desempregados na provincia de Lugo

A delegada territorial, Raquel Arias, salienta que os cursos perseguen cubrir as cualificacións máis demandadas polas propias empresas, de tal xeito que a formación ofertada se axuste o máis posible a demanda real do mercado

Á oferta formativa que a Consellería de Traballo e Benestar pon en marcha en colaboración con empresas, entidades sen ánimo de lucro ou concellos, hai que sumar os que desenvolve nos tres centros de formación ocupacional propios cos que conta na provincia

Lugo, 18 de xuño de 2015.- A Consellería de Traballo e Benestar investirá algo máis de catro millóns de euros en accións formativas dirixidas a desempregados na provincia de Lugo, correspondentes ao investimento descentralizado que xestiona directamente a Delegación Territorial de Lugo. Serán un total de 84 cursos distribuídos nas tres liñas existentes segundo as entidades promotoras sexan os concellos, as entidades sen ánimo de lucro ou as empresas.

Segundo explicou a delegada territorial, Raquel Arias, “o obxectivo destas accións formativas é reorientar a traxectoria profesional das persoas en situación de desemprego, posto que entendemos que é imprescindible reciclarse e formarse en novas materias para poder competir axeitadamente e coas maiores garantías posibles no mercado de traballo actual”.

Neste senso, a delegada territorial reiterou que “a formación é básica para o acceso ao mundo laboral pero tamén é un aspecto clave para a competitividade das propias empresas”. “Consciente diso, a Xunta de Galicia fai un gran esforzo inversor en formar as persoas en situación de desemprego que queiran reciclarse ou ampliar as súas competencias”.

En total, serán 1.260 o número de persoas desempregadas que poderán beneficiarse destas accións formativas no conxunto da provincia.

Ampla oferta de cursos
Sete concellos e a Deputación provincial organizan 14 cursos, aos que se destinan preto de 600.000 euros. Destes 14, cinco centraranse na atención sociaosanitaria a persoas dependentes, ben sexa en institucións sociais ou no domicilio. A oferta tamén inclúe dous cursos de dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil; así como de operador de maquinaria de escavación, operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais, promoción turística local e información ao visitante; socorrismo en espazos acuáticos naturais; dinamización comunitaria e xestión de repoboacións forestais e de tratamentos silvícolas.

É salientable a implicación dos axentes sociais, tanto das organizacións empresarias como dos sindicatos a través das súas áreas de formación. É o caso da Confederación de empresarios de Lugo; a Asociación provincial de reparación e venta de automóbiles e recambios, a Fundación laboral da construción, a Asociación de empresarios de calefactores e fontanería ou o IFES Lugo-Castelao. Tamén colaboran entidades sociais como Cogami ou Cruz Vermella.

Na modalidade de entidades sen ánimo de lucro a oferta formativa inclúe 30 cursos, aos que se dedica unha partida orzamentaria de algo máis de 1,4 millóns de euros, de contido moi variado, dende tratamentos de datos e documentos; a operación auxiliares de servizos administrativos e xerais; a asistencia documental e de xestión en despachos e oficinas pasando por mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos; creación e xestión de microempresa; dinamización de actividades de tempo libro; operacións básicas de restaurante e bar; ou operacións de fontanería e calefacción-climatización doméstica, entre outros.

Neste caso, segundo indicou Raquel Arias, “os cursos perseguen cubrir as cualificacións máis demandadas polas propias empresas, de tal xeito que a formación ofertada se axuste o máis posible a demanda real do mercado”.

Aos cursos incluídos na liña referida a empresas dedícanse algo máis de dous millóns de euros e realizaranse un total de 40 cursos. E tamén neste caso a oferta é moi variada: instalación de mobles; marketing e compravenda internacional; instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes; servizos auxiliares de perruquería; actividades de venda; xestión de marketing e comunicación; representación de proxectos de obra civil; servizo para o control de pragas; actividades auxiliares en agricultura; transporte sanitario; organización e proxectos de instalacións solares térmicas, entre outros.

Os interesados en beneficiarse destas accións formativas poden recabar máis información nas 11 oficinas da emprego da provincia, na xefatura territorial de Traballo e Benestar ou no portal web de Traballo.

Oferta en centros propios
A Xunta de Galicia conta con tres centros de formación ocupacional propios, ubicados en Lugo, Viveiro e Monforte, que organizan 15 cursos na que participan 225 traballadores en situación de desemprego, a maior parte deles xa iniciados, e que supoñen unha investimento de 930.000 euros.

No centro de formación ocupacional da capital ofértanse oito cursos. O vindeiro luns principiará o de mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos; mentres que os sete restantes xa se están a desenvolver: mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares; montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas e outro de instalacións solares térmicas; levantamentos e replanteos; soldadura con electrodo revestido; montaxe e reparación de sistemas microinformáticos; xestión contable e xestión administrativa para auditoría e mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos.

En Viveiro estanse a impartir catro cursos: montaxe e reparación de sistemas microinformáticos; operacións de fontanería e calefacción-climatización doméstica; mecanizado por arranque de labra e creación e xestión de microempresas.

Pola súa banda na Unidade de Accións Formativas de Monforte de Lemos estanse a impartir tres cursos máis: horticultura e floricultura; traballos de carpintaría e moble e actividades de floristería.

Jornada Informativa WeKAb: para formadores y entidades de formación

WeKAb.com: Soy Formador, Busco Formación” es una jornada informativa organizada por la plataforma WeKab que tendrá lugar el próximo miércoles 24 de junio de 2015, en horario de 11:00 a 13:00 horas, en la sede central de la CEL, dirigida a profesionales y empresas dedicadas a formación (programa descargable en pdf al final de esta entrada).

En el marco de esta jornada se presentará WeKAb.com, una plataforma online especializada en el ámbito de formación que tiene por objetivo “conectar conocimiento”, poner en contacto a empresas e instituciones que imparten actividades formativas con posibles docentes y viceversa.

La presentación correrá a cargo de Juan Diego Pereiro Areán, fundador y CEO de esta plataforma, que nace ante la constatación de que ” en la práctica, las entidades formadoras tienen grandes dificultades para encontrar el formador adecuado”: WeKAb facilita esta búsqueda, así como que los posibles formadores “encuentren empleo”.

¿Para quién?

Es por ello que esta jornada está especialmente pensada, por una parte, para formadores de formación continua y ocupacional y profesionales sénior por cuenta propia o ajena que quieran dedicarse a la formación como actividad complementaria y, por otra, para entidades formadoras (consultoras de formación, asociaciones sindicales y empresariales u otro tipo de empresas) que necesiten formadores para atender sus necesidades de negocio.

Más sobre WeKAb

WeKAb es la primera plataforma online especializada en formadores y expertos del ámbito de formación para el emprego o lifelong learning, en la que éstos pueden darse a conocer, generar reputación, formarse y ser accesibles para las empresas formadoras.

Se trata de un proyecto de origen lucense (la sede se ubica en Monterroso), cualificado como IEBT (Iniciativa de Empleo de Base Tecnológica) por la Xunta de Galicia. Recientemente participó en el programa Galicia Open Future de Telefónica y GAIN y en la actualidad es candidato al programa de aceleración de proyectos VíaLugo, en el que colabora la Fundación CEL.

Inscripción

El acceso a la jornada es libre, si bien las plazas son limitadas y se cubrirán por riguroso orden de inscripción, que habrán de efectuarse a través de este enlace:

INSCRIBIRME EN JORNADA WEKAB.COM

SELECCIÓN DE NOVA RELEVANTE NO BOP-LUGO DO 19 DE XUÑO DO 15

SELECCIÓN DE NOVAS RELEVANTES NO BOE DO 19 DE XUÑO DO 15

UNIVERSIDADES

Cuerpos docentes universitarios

Navegación de artigos