Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do mes “Marzo, 2014”

NOVAS NO DOG DE HOXE DÍA 27 DE MARZO DO 14

Consellería de Traballo e Benestar

12953

Descargar PDF

Escola Galega de Administración Pública

13077

Descargar PDF

Advertisements

O ISSGA investigou máis de 800 sinistros laborais en Galicia ao longo do ano 2013

A Comisión de Goberno do ISSGA, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, mantivo hoxe unha reunión para analizar os seus resultados do ano 2013 e do primeiro trimestre de 2014

No encontro estiveron presentes o director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, e a directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja

En 2013 leváronse a cabo preto de 800 asistencias técnicas solicitadas por organismos, empresas e representantes dos traballadores, tanto a nivel galego como estatal

En canto á eliminación do amianto, un total de 377 empresas presentaron plans de traballo e iniciáronse 834 obras ao abeiro de plans aprobados en Galicia neste eido

No ámbito da formación, formuláronse máis de 3.500 consultas técnicas ao Instituto e leváronse a cabo 23 xornadas técnicas con preto de 2.000 asistentes

  • Comisión de Goberno do ISSGA
    Autor: Xoán Crespo

Santiago, 26 de marzo de 2014.- O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) realizou máis de 800 investigacións de accidentes e enfermidades profesionais ao longo do ano 2013 en Galicia, co obxectivo de coñecer os seus motivos e reducir o número total dos ocorridos. En concreto, analizáronse 419 accidentes e 391 enfermidades.

A Comisión de Goberno do ISSGA, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, mantivo hoxe unha reunión para analizar os seus resultados do ano 2013 e do primeiro trimestre de 2014, en materia de sinistralidade laboral e tamén a súa oferta formativa. No encontro estiveron presentes o director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, e a directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja.

No encontro expúxose que estas análises completáronse con diferentes actuacións dos técnicos habilitados nas áreas de construción, industria, servizos, agricultura e pesca. Así mesmo, leváronse a cabo preto de 800 asistencias técnicas solicitadas por organismos, empresas e representantes dos traballadores, tanto a nivel galego como estatal.

O pasado ano colaborouse co Colexio de Psicoloxía de Galicia, a cooperativa de armadores de pesca do porto de Vigo, a Sociedade Cooperativa Galega ou o Consello Galego de Colexios Veterinarios, para a promoción e execución de actuacións de seguridade e saúde no traballo, así como para a prevención de riscos laborais.

No ámbito do amianto, en 2013 inscribíronse 55 novas empresas no Rexistro de Empresas con Risco de Amianto (RERA), ata as 298 actuais. Un total de 377 empresas presentaron plans de traballo e iniciáronse 834 obras ao abeiro de plans aprobados en Galicia neste eido.

Por último, o ISSGA actuou en preto de 700 grandes obras para prestar asistencia técnica mediante visitas coordinadas nas catro provincias.

En canto á formación, formuláronse máis de 3.500 consultas técnicas ao Instituto e leváronse a cabo 23 xornadas técnicas con preto de 2.000 asistentes.

 

NOVAS DO BOE DO DÍA 27 DE MARZO DO 14

MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES Y DE COOPERACIÓN
Unión Europea. Cursos

BOLSA DE EMPREGO TÉCNICO DE PROXECTOS EUROPEOS DE INNOVACIÓN CONCELLO DE SANTANDER

Técnico de Proyectos Europeos de Innovación (Bolsa de Trabajo)

 

NOVO PORTAL DE EMPREGO

A partir de hoxe poderás ver no noso blogue unha nova ligazón dun portal de emprego relacionado con sector do e-commerce. Chámase :

Ecom&Jobs

 

OFERTA PARA VILALBA

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de Técnico de Desenvolvemento de Produto para unha queixería de Vilalba.

OFERTA PARA VIVEIRO

Picando nesta ligazón podes ver unha oferta de Supervisor de Obra para Viveiro.

NOVAS DE INTERESE NO DOG DO 26 DE MARZO DO14

Consellería de Traballo e Benestar

12702

Descargar PDF

12712

Descargar PDF

12741

Descargar PDF

Consello Consultivo de Galicia

12808

Descargar PDF

Escola Galega de Administración Pública

12809

Descargar PDF

Concello de Antas de Ulla

12911

Descargar PDF

A sinistralidade laboral reduciuse en Galicia nun 3,59% nos dous primeiros meses de 2014

O maior descenso no número de accidentes dáse na industria cun 17,62% menos

Os accidentes mortais diminúen nun 50%

Santiago, 23 de marzo de 2014.- A sinistralidade laboral diminuíu un 3,59% nos dous primeiros meses do ano, cun total de 3.702 accidentes laborais fronte aos 3.840 no mesmo período do ano 2013.

Este descenso dos accidentes laborais non se produciu en todas as provincias, aumentou: en Ourense nunha porcentaxe do 3,04% e na Coruña nun 2,97%; diminuíu: en Lugo nun 1,46% e en Pontevedra nun 14,81%.

Con respecto a só no mes de febreiro, o total dos accidentes laborais en xornada laboral rexistrados en Galicia aumentou un 1,52%. Neste mes rexistráronse 1.867 accidentes fronte aos 1.839 accidentes contabilizados no mesmo mes do ano anterior. Do total dos sinistros, 1.820 foron leves, 41 graves e 6 mortais.

Por sectores, descenderon os accidentes: na pesca nun 20,00%, na agricultura nun 13,19% e na industria nun 12,54%; e aumentaron na construción nun 9,22% e nos servizos nun 13,31%.

Para ter unha visión precisa da evolución da sinistralidade laboral, utilízase o índice de incidencia, que compara o número de accidentes co número de traballadores coas continxencias profesionais cubertas.

O índice de incidencia do total dos accidentes en xornada laboral en Galicia, aumentou un 2,42% en febreiro deste ano, respecto ao mesmo mes do ano anterior. Por sectores, o maior descenso foi na pesca co 18,16%, na industria foi do 9,98% e na agricultura do 9,54%; houbo un aumento nos servizos do 12,94% e na construción do 16,16%.

Los peluqueros de Lugo piden volver al tipo reducido de IVA

La Asociación Provincial de Empresarios de Peluquería, Estética y Afines de Lugo (Pelirroja), que preside Eduardo Souto, presentó hoy ante la Delegación de la Agencia Tributaria en Lugo una carta dirigida al titular del Ministerio de Hacienda en la que se solicita que se estudie volver a aplicar un tipo reducido de IVA (del 10%) a los servicios de peluquería, a los que en la actualidad se está aplicando un 21%.

La Asociación señala que según diferentes estudios y datos de la Asociación Nacional de Empresas de Imagen Personal, en 2013 han cerrado más de 8.000 salones y podrían cerrar otros 5.600 para 2014 si continúa la tendencia actual. Igualmente, se ha producido en los últimos años una preocupante pérdida de empleo, que podría cifrarse en unos 20.000 puestos de trabajo directos desde la subida del IVA, a los que podrían sumarse unos 14.000 más en 2014.

Desde la asociación empresarial lucense manifiestan también preocupación por la nueva reforma fiscal que se está estudiando a nivel nacional, y que puede implicar no sólo que no se vuelva al tipo reducido, sino incluso nuevas subidas del IVA aplicado a determinados servicios que podrían alcanzar el 23%. Señalan que el sector no podría soportar nuevos incrementos: la dramática situación que viven algunos salones se intensificaría, y su ya comprometida rentabilidad desparecería definitivamente.

La Asociación Provincial de Empresarios de Peluquería señala su acuerdo con las reivindicaciones efectuadas por los colectivos empresariales del sector en otros puntos del país. Destaca que por el momento en Lugo no se efectuarán manifestaciones, si  bien se estudian acciones alternativas de cara para el futuro en caso de que no se pongan en marcha medidas paliativas para la difícil situación que atraviesa el sector.

Navegación de artigos