Emprego Viveiro

A túa empregabilidade é o noso reto

Arquivo do día “Marzo 17, 2014”

NOVAS DE INTERESE NO DOG DO 17 DE MARZO DO 14

Advertisements

CONVOCATORIA COMPETENCIAS CLAVE 2014

Traballo reforza a súa aposta pola empregabilidade a través do apoio á formación, á mocidade e ao emprendemento

 

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe nun almorzo informativo organizado pola Asociación da prensa da Coruña, onde explicou as principais políticas en materia laboral do departamento que dirixe

Destacou que Galicia está á cabeza das comunidades autónomas en materia de formación certificable, con 36.000 acreditacións expedidas ata o momento

Lembrou que o Plan de emprego xuvenil centrarase na mellora da cualificación dos mozos e mozas, en incentivar a súa contratación e en fomentar o emprendemento

Con todo, precisou que estes apoios non se limitan só aos menores de 30 anos, senón que a Xunta seguirá apoiando aos autónomos e cooperativistas, “calquera que sexa a súa idade”
 

  • A conselleira no almorzo da Asociación da prensa da Coruña
  • A conselleira no almorzo da Asociación da prensa da Coruña

A Coruña, 14 de marzo de 2014.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, apostou hoxe por seguir mellorando a empregabilidade dos galegos e galegas a través do reforzo de tres eixos “fundamentais”: a formación, o Plan de Emprego xuvenil, e o emprendemento.

Así o destacou hoxe durante a súa participación nun almorzo informativo organizado pola Asociación da prensa da Coruña, onde deu conta das principais políticas en materia laboral do departamento que dirixe.

No que se refire ao eido da formación, fixo fincapé en que Galicia está a cabeza das comunidades autónomas en materia de formación certificable, con 36.000 acreditacións expedidas ata o momento. Trátase de documentos de validez nacional, que certifican a preparación e supoñen un “aumento real” da empregabilidade das persoas que os conseguen.

Neste sentido, sinalou que a partida orzamentaria destinada á formación blíndase este ano con 63 millóns de euros, un esforzo que permite financiar actividades de “alta calidade”.

Mellorar a cualificación é tamén, segundo Mato, o eixo fundamental do Plan de Emprego Xuvenil, aprobado recentemente, e que ten como obxectivo loitar contra as “altas taxas” de desemprego entre a mocidade. De feito, lembrou que o 60 por cento dos mozos e mozas sen traballo na actualidade teñen unha nula ou escasa cualificación.

A estratexia está composta por 19 medidas, dotadas cun orzamento de 100 millóns de euros para o ano 2014 e 2015. Entre as actuacións salientables, Mato subliñou o reforzo da aposta polos contratos de formación dual ou os incentivos á contratación de mozos e mozas que nin estudan nin traballan, que consistirán nunha axuda de 200 euros ao mes durante doce mensualidades.

Ademais, dentro deste Plan, referiuse tamén á futura publicación dunha orde específica para autónomos menores de 30 anos, que estará dotada con 9 millóns de euros nestes dous anos. As axudas oscilarán entre os 6.000 e os 10.000 euros, o que supón un 10 por cento máis que as axudas ordinarias para autónomos.

Con todo, o máis novidoso desta convocatoria será que aqueles menores de 30 que se dean de alta como autónomos recibirán unha axuda de 1.200 euros sen necesidade de xustificar ningún tipo de investimento en activo fixo. Grazas á tarifa plana estatal, esta medida suporá que todos os novos autónomos galegos menores de 30 anos recibirán, como mínimo, unha subvención equivalente á cotización íntegra á Seguridade Social do primeiro ano.

O Plan de emprego xuvenil inclúe tamén a promoción do cooperativismo. A semana pasada publicáronse no Diario Oficial de Galicia (DOG) os programas de axudas para as empresas de economía social, entre as que se inclúen por primeira vez unha subvención específica para cooperativas xuvenís (aquelas que estean constituídas maioritariamente por persoas de entre 16 e 29 anos). A orde recolle axudas de ata 15.000 euros para este tipo de empresas, que contarán ademais cun 25 por cento de incremento nas contías contempladas no resto de programas da orde.

Con todo, Mato precisou que “o apoio a autónomos e cooperativistas non se restrinxe a menores de 30 anos. Temos un firme compromiso cos traballadores por conta propia, os emprendedores, e os que aposten pola economía social, calquera que sexa a súa idade”.

A este respecto, recordou que o Goberno galego ten impulsado a primeira Lei de emprendemento e economía competitiva de Galicia; que se modificou en 2011 a Lei do cooperativismo; e que este “marco normativo” vaise completar co desenvolvemento dunha Lei de economía social, que converterá a Galicia na primeira comunidade autónoma cunha norma destas características.

“Galicia ten sido pioneira, ademais, na aplicación doutro tipo de medidas, como o financiamento da contratación de traballadores por parte de autónomos, non só do primeiro, senón tamén do segundo e do terceiro”, engadiu.

Para rematar, a conselleira concluíu que a Xunta “seguirá esforzándose, avanzando e loitando polo emprego, o benestar e a calidade de vida dos galegos e galegas”.

Innovación: Estrategia de Especialización Inteligente RIS3 Galicia

El próximo día 25 de marzo de 2014, martes, se presenta en Santiago de Compostela, en el Auditorio de Novagalicia Banco (Rúa Preguntoiro, 23), la Estrategia de Especialización Inteligente RIS3 Galicia, que guiará la política de I+D+i gallega en el periodo 2014-2020, que contará con un presupuesto total de 1.600 millones de euros.

En este acto, abierto a todos los empresarios interesados, participarán el Comisario Europeo de Política Territorial, Johannes Hahn; el Ministro de Economía y Competitividad, Luis de Guindos Jurado; el Presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, o el Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde López.

Es necesario tramitar inscripción para reservar plaza:

TRAMITAR INSCRIPCIÓN

VER PROGRAMA

NOVAS DE INTERESE NO BOE DO 17 DE MARZO DO 14

ADMINISTRACIÓN LOCAL
Personal funcionario y laboral

Navegación de artigos